Bienvenido/a al Blog

ANO ESCOLAR 2025-2026

enderezo electrónico de orientación: orientacion.cpi.toural@edu.xunta.gal 

teléfono: 886151764

Orientadora do ano escolar 2025-2026: María José Seco López.

EDUGAL

Edugal | Salón da oferta de educación e formación de Galicia. A 14ª edición desta feira terá lugar durante os días 8, 9 e 10 de outubro de 2025 no Recinto Feiral de Pontevedra. Pontevedra - 8, 9 e 10 de outubro de 2025. O alumnado de 4º ESO asistirán o venres día 10 de outubro acompañados pola titora de 4º ESO B e a orientadora do CPI.

EDUGAL pretende:

Dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional.

A procura dunha maior calidade na formación.

Un salón que axuda aos estudantes para decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional. Presenta unha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades que dan resposta ás necesidades de formación do estudante que necesita elexir o centro no que formarse para acceder ao mercado laboral. EDUGAL é unha aposta polo futuro inmediato da formación en Pontevedra e Galicia .

 

ANO ESCOLAR 2024-2025

enderezo electrónico de orientación: orientacion.cpi.toural@edu.xunta.gal

teléfono: 886151764

Orientadora do ano escolar 2024-2025: María José Seco López

EDUGAL

punto9.gif O venres día 11 de outubro de 2024 o alumnado de 4º de ESO aisistiu ao recinto Feiral de Pontevedra .ao salón da oferta de educación e formación de Galicia , EDUGAL.

EDUGAL pretende dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional do alumnado. Un salón que axuda aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional. O noso alumnado poido atopar unha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades para  intentar dar resposta ás necesidades da súa formación.

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA PROA +

O CPI do Toural  fomos seleccionados e participamos durante o ano escolar 2024-2025  no Programa PROA +.

Dotáronnos dun profesor designado para desempeñar as funcións de reforzo educativo especialista en pedagoxía terapéutica cumpliendo o calendario previsto no marco do Plan MEGA.

PROGRAMA EDUCATIVO “Que non te líen, ti elixes” 

punto9.gif O programa educativo “Que non te líen, ti elixes” impulsado polas Consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de Emprego, Comercio e Emigración, pretende o desenvolvemento de actuacións que favorezan unha conciencia libre de estereotipos de xénero e de prexuízos respecto das profesións con pouca representación feminina entre o alumnado da etapa educativa da ESO. 

O alumnado de 3º e 4º de ESO o martes día 19 de novembro de 2024 participaron neste programa. Nesta ocasión a Asociación Fundamar para a Pesca e marisqueo coa colaboración de Iris Cid García e a capitán de barco Arantxa Toriza Pérez, destacaron a importancia  de escoller o rumbo profesional en funcións das motivacións, das habilidades, das capacidades e actitude de cada persoa, refugando a crenza de que  non poida haber mulleres en sectores tradicionalmente ocupados por homes como o da Pesca.

TOURAL DIVERSO, COEDUCACIÓN NAS DIVERSIDADES

punto9.gif A  Asociación de Nais, Pais e Familias do CPI do Toural, ao gallo da convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para asociación de Nais e Pais do alumnado de centros educativos de Galicia, concorre á devandita subvención con este programa coeducativo “TOURAL DIVERSO, coeducación nas diversidades”. Un programa que se estructura a partir dunha serie de medidas concretas, resultado da colaboración entre o centro educativo, a súa ANPA e diferentes entidades da contorna local e autonómica, ocupadas e preocupadas polo traballo en prol da igualdade.

O Programa “TOURAL DIVERSO, Coeducación nas diversidades”, presenta un carácter extremadamente colaborativo polas Entidades participantes no desenvolvemento do mesmo: entidades e asociacións do propio Concello de Vilaboa, entidades dos concellos limítrofes, entidades provinciales e autonómicas. Isto fai de “TOURAL DIVERSO, Coeducación nas diversidades”, unha iniciativa cun carácter innovador polo cambio na perspectiva xa que será o alumnado o suxeito de cambio, polas propias características que presentan as accións e a interconnexión co contexto, así como o seu carácter interdisciplinar e interxeneracional. Estes proxectos lúdicos son presentados dun xeito lúdico e didáctico sempre dende a perspectiva de xénero, para desmontar estereotipos, atendendo ás diversidades sexuais, en prol da igualdade de todas as persoas por cuestións de identidades de xénero e sexualidades.

O venres día 22 de novembro o noso alumnado de Educación Infantil e o alumnado dos cursos de 1º, 2º , 3º e 4º de Educación Primaria participaron na acción educativa Imaxina , Contos de Igualdade con temáticas relacionadas coa igualdade e dinámicas sobre a temática seleccionada e contaconto. Colabora Imaxina.

O día 26 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todos os grupos da ESO participaron nunhas charlas de distintos temas dentro da igualdade e a prevención da violencia de xénero  acompañadas de dinámicas. Colabora Imaxina.

Ademais o alumnado de Educación Primaria participou na acción educativa "A igualdade non ten truco". A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Colabora Magia na manga.

Agradecemos a iniciativa da ANPA do Toural e seu apoio para axudar a dar resposta ás necesidades do alumnado do noso centro educativo.

EXPOSICIÓN E VISIONADO  DO DOCUMENTAL “Chicas novas 24 h” /taller interactivo

punto9.gif O concello de Vilaboa , a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero Consellería de Política Social e Igualdade organizou unha exposicón e visionado "Chicas novas 24" baixo a dirección de Mabel Lozano. O alumnado do 2º curso da ESO , e alumnado de 3º ESO participaron desta actividade os días 17 e 18 de decembro de 2024.

O documental realiza unha investigación en cinco países (Arxentina, Colombia, Paraguai, Perú e España) sobre o negocio da escravitude sexual, a través do testemuño de mulleres e nenas. Reconstrúe así un negocio que move 32 mil millóns de dólares ao ano. A ONU calcula en 2,4 millóns as vítimas de trata de seres humanos, das cuales o 79% son mulleres e nenas que foron introducidas en Europa para ser explotadas sexualmente.

Enganadas coa promesa de conseguir unha vida mellor, son explotadas sexualmente contra a súa vontade.

O obxectivo é concienciar a Gobernos, medios de comunicación e cidadanía pode axudar a erradicar a escravitude sexual.3

Premios:
2015: Premios Goya: Nominada a mellor documental.
2016: Premios Platino: Nominado a mellor documental.

PROGRAMA DE TOMA DE DECISIÓNS. BLOQUE I: O BACHARELATO

punto9.gif O noso alumnado de 4º ESO  no mes de xaneiro recibiu información sobre o Bacharelato.  Déixovos a presentación para que teñades dispoñible  a información traballada .

O meu agradecemento ás familias que o luns día 27 de xaneiro participaron nunha sesión informativa sobre esta etapa educativa.

Presentación sobre o Bacharelato

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DE ESO AO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER

punto9.gif O mércores día 29 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO visitou o IES Gonzalo Torrente Ballester para coñecer a súa oferta educativa e coñecer as súas instalacións. No enlace  podedes atopar a Guia de itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2025 elaborada desde este centro educativo. O noso agradecemento á directora do IES Gonzalo Torrente Ballester e ao profesorado  polo seu tempo e dedicación para mostrarnos a súa proposta educativa. Doulle as grazas ao noso compañeiro Pedro por acompañar aos alumnos na visita ao IES Gonzalo Torrente Ballester.

PROGRAMA GALEGO DE ACOLLIDA E APOIO EDUCATIVO AO ALUMNADO ESTRANXEIRO 

punto9.gif Este programa incorpora un conxunto de medidas que facilitan este labor de acollida e benestar emocional, que deberán ser tidas en conta polos centros educativos nas súas diversas actuacións e que se reflectirán nos seus protocolos internos.

Programa

InnovAr

punto9.gif InnovArt ten como obxectivo fomentar entre o alumnado os ensinos artísticos, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia con mostras de material orixinal a través de actividades expositivas, conferencias e talleres nos que o alumnado terá unha participación máis interactiva. Así mesmo, celebraranse concertos de música e actuacións da danza e teatro nos dous escenarios especialmente preparados para a ocasión.

No ámbito dos ensinos artísticos representarán parte da súa actividade a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo, as catro escolas de arte e superiores de deseño (Pablo Picasso da Coruña, Ramón Falcón de Lugo, Antonio Faílde de Ourense e Mestre Mateo de Santiago de Compostela), a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia de Pontevedra e o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Preto de 1.000 persoas, entre alumnos e docentes, procedentes de 25 centros de ensino mostrarán o potencial académico dos ensinos artísticos, de idiomas e deportivas que oferta a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP na terceira edición da feira InnovArt, que abre o vindeiro xoves as súas portas no Gaiás.

Trátase do maior evento en Galicia de promoción e difusión destes ensinos e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos familiarícense e tomen contacto cos ámbitos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, os ensinos deportivos, os idiomas e a música.

A feira, cuxo programa pode consultarse no Portal Educativo, ofrecerá máis de 300 actividades entre talleres interactivos, exposicións, actuacións de danza e teatro, concertos e actividades deportivas, que se desenvolverán na vintena de espazos dispostos na feira. Ademais, os estudantes e docentes dos ensinos artísticos, de idiomas e deportivas ofrecerán asesoramento sobre elas aos alumnos que se acheguen desde centros educativos de toda Galicia para visitar a feira.

Ademais de para os centros escolares galegos, o evento estará aberto con entrada gratuíta para o público en xeral. A feira celebrarase no Museo da Cidade da Cultura de Galicia o xoves 6 de febreiro (de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e o venres 7 (de 10 a 14 horas) e contará zona de 4.100 m², distribuída nos pisos -1 e 0.

Enlace

PASANDO A BOLA, XOGANDO PARA CAMBIAR

punto9.gif A Xunta pon en marcha o programa teatral 'Pasando a bóla, xogando para cambiar' co fin de previr o acoso escolar  no marco Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar. Esta nova iniciativa permitirá abordar estes temas entre o alumnado de 3º a 6º de Primaria. O noso centro solicitou participar neste programa, que se vale do xogo teatral, as máscaras e as figuras animadas como ferramenta educativa e social. Esta iniciativa avanza no compromiso  coa tolerancia cero diante das situacións de acoso escolar e fai fincapé na prevención destes comportamentos.

O día 4 de febreiro de 2025 visitounos da man do grupo A Xanela do Maxín,José Manuel Breijo Vidal, nado en Lalín en 1968, director de escena, intérprete, músico e investigador escénico galego, máis coñecido como Topo Vidal ou Xosé Vidal, a súa traxectoria artística vencéllase a compañías como A Xanela do Maxín e a formacións musicais como Pandeiromus.Utilizando a maxia do teatro e do xogo dramático  axudounos a reflexionar e mellorar sobre o respecto, a comprensión e a empatía.

PROXECTOS DE INCLUSIÓN EDUCATIVA (PIE) 2024-2025

punto9.gif A iniciativa de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) constitúe un instrumento de apoio aos centros educativos para que dentro da súa autonomía desenvolvan proxectos educativos que os convertan en centros de referencia no ámbito da igualdade, convivencia, inclusión e benestar emocional. 

Do mesmo xeito, o Programa para o Impulso de Centros Referentes está en consonancia co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incorpora espazos accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativa, para o uso equitativo e igualitario, desde a visión da accesibilidade e do deseño universal e derrubando barreiras. De igual maneira está en liña coa Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 que recolle actuacións específicas cara ao desenvolvemento de plans que promovan a inclusión, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a competencia emocional e a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

O CPI do Toural sumámonos este curso ao programa nas modalidades:

3:- Mellora da convivencia e

4. Promoción do benestar emocional.

Iniciamos no mes de febreiro obradoiros co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e os cursos de 1º e 2º de ESO  con temáticas de Convivencia e conflito e Xestión emocional da ira. Estes contidos son abordados da man de Jeniffer Herbón Otero, creadora de ConVive+ que xa colaborou co noso centro no ano escolar 2023-2024.

PLAN DIRECTOR 2024-2025

punto9.gif O CPI do Toural solicitou e participa durante o mes de febreiro en charlas informativas/formativas sobre temáticas relacionadas coa ciberseguridade, o acoso escolar, as drogas e o alcol, as novas adiccións,  a prevención dos delitos sexuais..., charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Estas charlas forman parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade. 

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP 2025

punto9.gif Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Orde do 4 de febreiro de 2025.

Prazo de presentación de solicitudes:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025.

Máis información no enlace

Poden contactar  coa orientadora a través do teléfono de orientación ou desde o seu enderezo electrónico para obter máis información.
calendario

BOLSAS MECD  2025-2026

punto9.gif BOLSAS E AXUDAS A ALUMNADO DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS 

Curso 2025/2026

Estudos universitarios e Ensinanzas Artísticas Superiores (Grao e Máster)

Estudos non universitarios (FP, Ciclos Básicos de FP, Bacharelato e outros)

Prazo de solicitude do día 24 de marzo ás 8,00 ao día  14 de maio ás 15,00 horas.

Solicita a túa bolsa na sede electrónica  enlace

Se nunca solicitaches a bolsa, tes que Rexistrarte  no  enlace  como persoa Física . Vas a precisar os datos do teu DNI/NIE (validez, IDESP...) crear unha contrasinal e dispoñer dunha conta de correo electrónico.

No paso 1 do Rexistro, non te olvides de sinalar o cadro no último apartado DECLARACIÓNS e dar a Aceptar

Logo te enviarán un enlace ao correo electrónico que sinalaches cando fixeches o Rexistro. Unha vez que recibes no teu correo electrónico un correo da sede electrónica, nese correo recibirás un vinculo Tes que clicar no enlace dese vinculo que  levarate a páxina da sede electrónica para que poidas  cubrir o resto de apartados da túa bolsa.

Para coñecer o tipo de becas entra no seguinte enlace 

Podedes contactar  coa orientadora a través do teléfono de orientación ou desde o seu enderezo electrónico para obter máis información.

AMPLIADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE BOLSAS DO MECD PARA CURSAR ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NO ANO ESCOLAR 2025-2026

punto9.gif Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO desde o 24 de marzo de 2025 ás 08:00 ata o 30 de maio de 2025 ás 15:00 horas.

 

PROGRAMA DE TOMA DE DECISIÓNS. BLOQUE II: OS CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (FP) 

O luns día 16 de xuño, a orientadora do CPI impartirá unha charla informativa para o alumnado de 4º de ESO sobre a Formación Profesional.

No seguinte enlace podedes atopar unha presentación.

COÑECE A FP. VISITA DO ALUMNADO DE 4º ESO A VISITAR O CIFP A XUNQUEIRA

punto9.gif O venres día 11 de abril, parte do alumnado de 4º de ESO participou na saída a visitar as instalacións e a oferta educativa do CIFP A Xunqueira. Para os noso alumno foi unha oportunidade de coñecer as familias profesionais de  Electricidade e Electrónica, Madeira, Moble  e Cortiza, Transporte e  Mantemento de Vehículos e Servizos Socioculturais e á Comunidade. 

PUBLICADAS AS SEDES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO 2025

punto9.gif As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior, convocadas mediante a Orde do 4 de febreiro de 2025 (DOG 13 de febreiro de 2025), terán lugar o día 15 de maio de 2025.

As solicitudes entregadas no IES Gonzalo Torrente Ballester e no CIFP A Xunqueira , lle corresponde realizar as probas no CIFP A Xunqueira. Para ver outras sedes de solicitudes entregadas noutros centros , está dispoñible no enlace 

Documentación que se precisa :

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición. Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos.

Horario das probas

 Presentación: – Ás 9:00 horas.

 Parte matemática e parte sociolingüística da proba: – Das 09:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).

 Parte científico-técnica da proba: – Das 16:00 ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía). En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros.

Advertencias

 Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún aparello que permita transmitir e/ou almacenar información, móbiles nin calquera dispositivo electrónico, agás as calculadoras permitidas só para a realización da parte científico-técnica (Ciencias da natureza e Tecnoloxía). Na parte matemática non se permite o emprego da calculadora.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas

 Bolígrafos de tinta negra ou azul.

 Na proba de Tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos.

Exame e folla de respostas

 As persoas solicitantes deben comprobar que o exame e a folla de respostas sexan da mesma cor e que correspondan ás mesmas materias.

 Cumprimento do campo do documento de identificación (DNI/NIE/Pasaporte)

 As instrucións para a realización do exame indicarán como teñen que proceder para que os datos persoais sexan correctamente cubertos nos recadros correspondentes. Porase especial atención ao cubrir o número de documento de identidade.

 Criterio:

– Prescindir das letras iniciais, finais e intermedias. Escribir o número do documento sen letras nin espazos intermedios.

– Empezar a cubrir os díxitos do número de documento pola primeira columna da esquerda. – En cada columna non poderá haber máis dunha marca.

– Para os números con 8 díxitos todos os espazos do recadro deben quedar cubertos.

– Para os números de menos de 8 díxitos os espazos finais quedarán en branco, non se marca nada.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO. CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS

Publicadas hoxe día 26.05.2025 as cualificacións provisionais das probas de acceso a grao medio. Para ver as cualificacións hai que entrar  no enlace de ciclosprobas, co DNI do solicitante e o  código da solicitude.

Consultar resolucións e cualificacións

BOLSAS DO MECD PARA O ANO ESCOLAR 2025-2026 PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICO DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou o Venres 25 de abril de 2025 no BOE o Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, de data 23 de abril de 2025, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2025-2026, incluíndo axudas directas para os alumnos con TDAH. O prazo de solicitude das bolsas NEE (Necesidades Educativas Especiais) comeza o 30 de abril e termina o 11 de setembro de 2025, ambos inclusive.

Convocatoria, enlace 

a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.  Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. O importe das axudas e subsidios que se convocan farase efectivo con cargo ao crédito 18.08.323M 482.00 dos orzamentos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes dos exercicios de 2025 e 2026.

Beneficiarios

A) Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais poderán obter as axudas ou subsidios a que se refiren os apartados a), b) e d) do artigo 1, para o que deberán reunir os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos dous anos de idade ao 31 de decembro de 2024. Excepcionalmente, poderán concederse axudas a alumnos menores de dous anos sempre que os equipos correspondentes certifiquen a necesidade de escolarización máis temperá por razón das características da discapacidade.

2. Estar escolarizados nun centro específico, nunha unidade de educación especial dun centro ordinario ou nun centro ordinario que fose autorizado de forma definitiva para escolarizar alumnado con necesidade específica de apoio educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.

3. Estar a cursar algún dos seguintes niveis educativos:

a) Educación Infantil.
b) Educación Primaria.
c) Educación Secundaria Obrigatoria.

d) Bacharelato.

e) Ciclos formativos de grao medio e superior.
f) Ensinos artísticos profesionais.
g) Ciclos Formativos de Grao Básico.
h) Programas de formación para a transición á vida adulta.

i) Outros programas formativos de formación profesional aos que se refire a sección 3.ª do capítulo IV do título I do Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional, se se cumpren os requisitos dos artigos 33.2 e, no caso dos ciclos formativos de Grao Básico, do artigo 89.2.c) do mesmo.

Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante:

Certificado de discapacidade de, polo menos, o 25 por cento e certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente, acreditativo da devandita necesidade específica, no caso de alumnos con discapacidade.

Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro basee do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma ou certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente, no caso de alumnos con trastornos graves de conduta ou trastornos graves a comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

5. Ademais, para obter os subsidios a que se refire o artigo 1 b) requirirase ser membro de familia numerosa de calquera categoría, de acordo con a normativa vixente a data 31 de decembro de 2024.

Os alumnos con TEA non incluídos na letra A) anterior poderán obter as axudas ou subsidios a que se refiren os apartados a), b) e d) do artigo 1 desta convocatoria, para o que deberán reunir os requisitos esixidos nos apartados 1, 2 e 3 anteriores, achegar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos e acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente.

Alumnos de altas capacidades Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada altas capacidades intelectuais poderán obter a axuda a que se refire o apartado c) do artigo 1 e o subsidio ao que se refire o apartado d) dese artigo cando reúnan os seguintes requisitos:

1. Presentar necesidade específica de apoio educativo asociada a alta capacidade intelectual sempre que dita necesidade fose acreditada mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

Ter cumpridos seis anos de idade ao 31 de decembro de 2025. 3. Estar a cursar algún dos seguintes niveis educativos:

a) Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.

d) Ciclos formativos de grao medio e superior.

e) Ensinos artísticos profesionais.

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE ALTA CAPACIDADE

punto9.gif Desde a Asociación Rede CRIA  organizan unhas Xornadas Formativas sobre Alta Capacidade co obxectivo de contribuir á visibilización do colectivo de crianzas con Altas Capacidades e axudar a toda a comunidade educativa, en especial ás familias, a acompañar a estes nenos e nenas para mellorar  a convivencia no día a día, tanto na casa coma na escola. Esta formación pódese ver como un xeito perfecto de achegarse a coñecer as características deste colectivo, que supón nada menos que un 10-15% da poboación, e acadar as ferramentas precisas para unha mellor crianza e convivencia.

As Xornadas Formativas deste ano irán a cargo de Alejandro Busto, de Psicoloxía Ceibe, e impartiranse en formato de obradoiro teórico-práctico e vivencial. A estructura será de 15 horas de formación intensiva que terá lugar o  21 e o 22 de Xuño de 2025, en horario de 09:00h a 17:00 h o sábado 21, e de 10:00 a 19:00 h o domingo 22 (sempre cunha parada dunha hora para xantar). A formación terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra, onde se van tratar os seguintes contidos: 

 - Sábado 21  – XORNADA NIVEL I (7 horas de formación):               

 > Entender que son as Altas Capacidades. 

> Mitos e crenzas a desterrar. 

> Comprender o comportamento ducha crianza con AACC . 

> Aprender a aceptar de xeito real ó neno/a. 

> Necesidades emocionais das crianzas con AACC. 

Nesta primeira xornada comezarase cun repaso e aclaración de conceptos xerais, faran unha

introducción sobre aspectos neurolóxicos e de conduta, revisarán o modelo de educación emocional e positiva baseada nos valores e no respecto, e recibiredes ferramentas concretas para a xestión dos motivos principais de conflito. 

- Domingo 22 – XORNADA NIVEL II (8 h de formación): 

> Comunicar ós nenos/nenas as súas altas capacidades: Como facelo? Ideas principais que debemos transmitir. 

> Como traballar a autoaceptación. 

> Comprensión e xestión de sobreexcitabilidades: estratexias para o seu manexo. 

> Estimulando a desmotivación: eloxiar non é o mesmo que motivar. 

> Autoestima e autoconcepto: o que nunca debemos dicirlle a un cativo/a. 

> Abordaxe das principais dificultades na educación dunha crianza con AACC: 

. Educando no respecto mutuo 

. Querer VS precisar 

. Firmeza e amabilidade 

. Auto-coidado emocional 

. Entrenando o autocontrol 

> Xestión de pantallas. 

> Xestión da conducta desafiante. 

Aínda que a formación está dividida en dúas xornadas, ambalasdúas son complementarias e están concebidas coma un todo. Sen embargo existe a posibilidade de asistir únicamente a unha das sesións, puidendo escoller a que vos interese  máis. 

Se precisades dalgunha aclaración a maiores, non dubidedes en preguntar na Asociación Rede CRIA.

SESIÓN DE ORIENTACIÓN DESTINADA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO

punto9.gif O día 19 de maio (luns) ás 20:00 horas, a orientadora do CPI desenvolverá unha sesión orientativa  destinada ás familias do alumnado de 3º ESO para informar sobre os itinerarios a elixir no 4º curso da ESO. 

Enlace

XORNADAS DE ACOLLIDA PARA FAMILIAS E ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS

O alumnado do CRA  Plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez visitounos o mércores día 4 de xuño para participar nunha xuntanza co alumnado de 6º de Educación Infantil cos que compartirán grupo e aula o vindeiro ano escolar 2025-2026. Agradecemos a participación e colaboración da orientadora e mestras do CRA e o entusiasmo aportado desde a xefatura de estudos de Educación Infantil e Primaria e o das nosas profesoras compañeiras . Destacar  a preparación de xogos por parte do profesor de Educación Física,  Ferreira  e a boa actitude do alumnado axudante irmáns ou familiares do alumnado acollido que xa son  alumnos  do noso centro que recepcionaron ao alumnado , ademáis de colaborar no desenvolvemento dos xogos. 

O martes día 10 de xuño recibimos ao alumnado do 6 º curso de Educación Primaria do CEP Plurilingüe Riomaior que viñeron acompañados pola orientadora e titora para participar nunha sesión conxunta co noso alumnado do 6º  curso de Educación Primaria do CPI do Toural. Colaboraron na recepción e visita ás nosas instalacións varios alumnos do sexto curso. Para a sesión informativa sobre a nova etapa que pronto empezarán colaboraron dous alumnos de 1º ESO, un procedente do CEP Plurilingüe de Riomaior e outro do CPI do Toural, ademais da participación  da xefa de estudos de Secundaria , a orientadora do CPI e  a colaboración dos nosos compañeiros e compañeiras profesores das dúas etapas educativas.

O luns día 9 de xuño  ás 16:30 horas o CPI do Toural abriu as súas portas para recibir ás familias interesadas nesta xornada.

ADMISIÓN FP 2025-2026

punto9.gif O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en oferta ordinaria para o curso 2025-2026 será desde o 16 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 2 de xullo. Quen obteña o requisito de acceso por obter un título de FP ou da ESO no curso 2024-2025 presentará a solicitude a partir do 23 de xuño.

Para presentar a solicitude de admisión a ciclos formativos de formación profesional hai que ter en conta o seguinte:

 Unicamente poderá presentar a solicitude quen cumpra os requisitos de acceso no momento da presentación da solicitude de admisión.

 Deberase cubrir unha única solicitude por cada grao, medio ou superior, no que se desexe participar. En cada solicitude poderá optarse a catro opcións de centro, ciclo e quenda.

A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible no enlace   www.edu.xunta.gal/fp.

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada. No caso de se detectar erros na instancia validada, e só durante o prazo de presentación de solicitudes, poderán xerarse e validarse outra/s solicitude/s de admisión. Só se considerarán os datos da derradeira solicitude validada.

Para a adxudicación de prazas no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior pola oferta ordinaria establécense tres cotas de reserva:

 Cota xeral: 90 %

 Cota discapacidade: 10 %, para persoas con discapacidade legalmente recoñecida maior ou igual ao 33 %, respectando a distribución de prazas realizada a partir das porcentaxes fixadas para os grupos 1, 2 e 3.

Cando non sexa posible establecer números enteiros de prazas para estas porcentaxes e o número de postos por esta reserva sexa inferior a tres, a orde de adxudicación será: primeiro para demandantes do grupo 1, logo do grupo 2 e, finalmente, do grupo 3. As prazas reservadas ás persoas con discapacidade que non resulten cubertas acumularanse aos grupos 1, 2 ou 3 que corresponda da cota xeral. A adxudicación de prazas vacantes poderase realizar desde a primeira adxudicación de prazas.

 Cota adicional do 5 % para para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel, segundo o establecido no Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, os/as deportistas nacionais de alto nivel recibirán o mesmo tratamento, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 971/2007, do 13 de xullo.

Para cada cota establécense tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:

 Grupo 1 (entre 75 % e 85 %). Para persoas con título de graduado en ESO ou técnico básico de formación profesional.

 Grupo 2 (entre 10 % e 20 %). Persoas que superasen un curso de formación especí¥ico ou unha proba de acceso.

 Grupo 3 (ata 10 %). Persoas con título de técnico ou de técnico superior (ou outros academicamente superiores) e persoas con titulacións obtidas fóra do estado español que estean tramitando a homologación dos seus estudos pero aínda non obtivesen a credencial de homologación.

 Persoas que teñan un grao C (certi¥icado de profesionalidade) integrado no ciclo formativo e sen ningún dos anteriores requisitos; accederán no caso de prazas liberadas. De quedaren prazas sen adxudicar nalgún grupo, adxudicaranse primeiro ás persoas solicitantes do grupo 1, logo ás do grupo 2 e, finalmente, ás do grupo 3, ata a adxudicación total das prazas. Se tras o proceso aínda quedaren prazas dispoñibles, ofreceranse como prazas liberadas. A adxudicación de prazas vacantes poderase realizar desde a primeira adxudicación de prazas. 

Criterios de prioridade:

No caso de haber máis solicitudes que postos escolares de nova oferta dispoñibles, aplicaranse as prioridades establecidas nas seguintes táboas.

Prioridades de acceso a ciclos medios  de oferta ordinaria

Grupo 1

1  Graduado en ESO ou técnico básico de formación profesional obtidos nos tres últimos anos naturais.

 Graduado en ESO ou técnico básico de formación profesional obtidos antes dos tres últimos anos naturais.

2  Técnico auxiliar.

 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes.

 Ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o 3º curso do plan do 1963 ou 2º de comúns experimentais e bacharelato superior.

Grupo 2

1  Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP ou curso de acceso a ciclos medios.

2  Proba de acceso a ciclos formativos superiores de FP.

3  Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

 Proba de acceso a ciclos formativos medios e superiores de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño .

Grupo 3

1  Título de técnico.

2  Titulo de bacharelato.  BUP.

3  Título de técnico superior.  Título de técnico especialista.

4  Título universitario.

5  Calquera titulación de acceso en trámite de homologación (volantes de inscrición condicional). 

A relación de ciclos formativos co sexo preferente que corresponde asignar nos casos de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar está dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp. De persistir o empate, este resolverase empregando como criterio de ordenación os derradeiros cinco díxitos numéricos do documento oficial de identidade (DOI)

Toda a información do proceso de admisión centralizada estará dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.gal/ fp. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.

Resolución provisional de solicitudes e reclamacións

O día 8 de xullo poderase consultar de xeito individualizado a información da resolución provisional de solicitudes da persoa solicitantes para cada grao (medio ou superior) no que participe. No caso de solicitudes excluídas aparecerá consignada a causa de exclusión. Establécese un prazo de reclamacións desde o día 8 ás 9:00 horas ao 10 de xullo ás 13:00 horas.

Resolución definitiva de solicitudes

O día 15 de xullo poderase consultar de xeito individualizado a información da resolución definitiva de solicitudes das persoas solicitantes para cada grao (medio ou superior) no que participe. No caso de solicitudes excluídas aparecerá consignada a causa de exclusión. 

Primeira adxudicación ordinaria e matrícula

O día 15 de xullo publicarase a primeira relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio e de grao superior. As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 15 ás 9:00 horas ao día 18 de xullo ás 13:00 horas. De non facelo, perderán o dereito de matrícula nas prazas adxudicadas. No caso da oferta ordinaria, non matricularse nin renunciar significará quedar excluído/a do proceso de admisión. 

Segunda adxudicación ordinaria e matrícula

O día 22 de xullo poderase consultar de xeito individualizado a segunda relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio e de grao superior. As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 22 ás 9:00 horas ata o día 24 de xullo ás 13:00 horas. De non facelo, perderán o dereito de matrícula nas prazas adxudicadas. No caso da oferta ordinaria, non matricularse nin renunciar significará quedar excluído/a do proceso de admisión. 

Terceira adxudicación ordinaria e matrícula

O día 29 de xullo poderase consultar de xeito individualizado a terceira relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio e de grao superior. As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 29 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. De non facelo, perderán o dereito de matrícula nas prazas adxudicadas. No caso da oferta ordinaria.

Liberación de prazas

A Dirección Xeral de Formación Profesional poderá liberar as prazas vacantes dos ciclos formativos ata o 26 de setembro ás 13:00 horas para alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de presentación das solicitudes de matrícula. A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.

Adxudicación continuada

No caso dos ciclos con listaxe de espera, abrirase un proceso de adxudicación de prazas vacantes residuais entre o 1 de setembro ás 9:00 horas e o 26 de setembro ás 13:00 horas. Os centros con prazas nesta situación, efectuarán chamamentos telefónicos ás persoas que corresponda segundo a listaxe de espera para cubrir as prazas vacantes. As chamadas efectuaranse aos números de teléfono consignados na solicitude de admisión. Procederase á matriculación das persoas que acepten a praza. Para cada persoa realizarase un mínimo de tres intentos de chamada separados por media hora. Se houber dous teléfonos intentarase en ambos. Se finalmente non se localiza a persoa, pasarase á seguinte da listaxe. No caso de contactar coa persoa, explicaráselle que ten a posibilidade de matricularse na praza vacante (pódeselle dar media hora para o pensar). A persoa ten dúas opcións logo de recibida a información:

Renunciar: a renuncia é exclusivamente a esa praza. No resto das listaxes de espera nas que estivese, non será modificada a súa posición, incluídas as de menor prioridade, xa que este é un procedemento deseñado para cubrir as vacantes residuais do proceso de admisión.

Aceptar: a persoa terá 24 horas para entregar toda a documentación para formalizar a matrícula e iniciar a actividade lectiva. Non presentarse no prazo implicará a perda do dereito sobre esa praza. A aceptación da praza significará a renuncia a continuar no proceso de admisión. Nesta fase do proceso, cada centro chama ao alumnado das súas listaxes de espera de xeito independente, polo que non é posible ter en conta a orde de prioridade que cada persoa establecera na súa solicitude de admisión. Deste xeito, pode ocorrer que unha mesma persoa poida ser chamada desde varios centros diferentes, mesmo unha persoa xa chamada neste proceso e pendente de matrícula, pode ser chamada por outro centro. 

Grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas

A admisión ao ciclo formativo de grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas requirirá ter dezaoito anos feitos no momento de presentación da solicitude, así como superar unha serie de probas físicas en instalacións en terra e en piscina, un exame médico específico, unha avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional e unha proba de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico, de acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 15 de xuño de 2016 e co artigo 31 da Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Para poder realizar as probas físicas en terra e piscina é necesario presentar un certificado médico ordinario en impreso oficial que os cualifique "coa aptitude física necesaria para a realización das probas físicas tanto en terra como en piscina" esixidas para o acceso ao primeiro curso do ciclo de grao medio de mergullo (anexo IV da Orde 23 abril de 1999 da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura DOG nº 90 do 12/05/1999) O exame médico específico e a avaliación psicolóxica realízanos facultativos homologados para o efecto, e é requisito previo para poder realizar a proba de cámara hiperbárica. Por razóns de seguridade non é posible incrementar o número de prazas ofrecidas do ciclo, polo que, de ser necesario, a reserva de prazas para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento se realizará descontando a praza reservada por esta cota do total do número de prazas ofrecidas. Debido ás características especiais do ciclo de grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas e á necesidade dunha convocatoria para a realización de probas específicas, só se terán en conta as solicitudes que teñan como primeira opción este ciclo. Non será posible solicitar este ciclo en opcións de preferencia posteriores á primeira. A información sobre todo o relativo a requisitos e probas específicos para o ciclo de grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas estará dispoñible no centro onde se ofrece e na súa páxina web www.igafa.es, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA). Lugar Niño do Corvo s/n, CP 36626, Ila de Arousa (Pontevedra). Teléfono: 886 159 303/886 159 304. 

Vídeo de axuda do asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos enlace

Alta de solicitude de admisión a ciclos formativos sen certificado dixital nin usuario

Consultar premer  enlace

Alta solicitudes

Datos de acceso

DNI/NIE *

Enderezo electrónico *

Enviar

Deberá indicar o seu DNI/DOI e unha conta de correo electrónico a vincular coa solicitude.

Se na base de datos da consellería vostede consta con outro correo electrónico, sairalle un aviso indicando que debería utilizar esa conta de correo electrónico, para iso indicaráselle o dominio do mesmo. Recoméndase utilizar ese, xa que así poderá pedir a través do CAU un novo contrasinal.

Se aínda así quere vincular os seus datos ao novo correo, pode continuar coa solicitude premendo na ligazón que se indica arriba (Alta solicitude web).

 

CICLOS BÁSICOS DE FP 2025-2026

punto9.gif Prazos do proceso de admisión - FP Básica 

Presentación de solicitudes 16 xuño ás 9:00 ao 2 xullo ás 13:00 horas*

*Quen estea cursando 2º, 3º ou 4º de ESO presentará a solicitude a partir do 23 de xuño, unha vez que teña o requisito de acceso 

Resolución provisional de solicitudes: 8 xullo

Reclamación contra a resolución provisional:8 xullo ás 9:00 ao 10 xullo ás 13:00 horas

 Resolución definitiva de solicitudes:  15 xullo

 1ª adxudicación e adxudicación continuada (chamamento): 15 xullo

Matriculación 1ª adxudicación Adxudicación continuada (chamamento): 15 xullo ás 9:00 ao 31 de xullo ás 13:00 horas 1 setembro ás 9:00 horas ao 26 ás 13:00 horas

Máis información sobre as instrucións xerais , neste enlace 

Máis información sobre a oferta clasificada por familia profesional e ciclo formativo , neste enlace 

Máis información sobre a oferta clasificada por por provincia e concello , neste enlace 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

A Consellería de Educación publicou a Orde do 3 de xuño de 2025 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024 - 2025.

DOTACIÓN: Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO.

Os REQUISITOS para optar a estes premios son:

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas:

Na primeira fase, o alumnado formalizará no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico (proba PEE), sen requisito de nota media. O único requisito é estar cursando ou ter cursado 4º de ESO no curso 2024/2025.

Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico. Para optar á subvención débense cumprir os seguintes requisitos:

Ter rematado e superado os estudos de educación secundaria obrigatoria no curso 2024/25 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela, e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.

Ter acadado nas cualificacións do conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9. Esta nota calcularase de acordo ao establecido na disposición adicional segunda do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, sen computar as cualificacións das ensinanzas de relixión e do proxecto competencial.

Terse presentado á proba PEE na convocatoria de 2025 e ter acadada unha cualificación total mínima de 30 puntos.

Ter acadada, como mínimo, unha cualificación de 5 puntos en cada un dos exercicios da proba PEE.

O PRAZO de presentación de solicitudes:

Para presentarse á PEE: Do 12 de xuño ó 18 de xuño de 2025.

Para optar á subvención: Un (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEE

A MATRÍCULA NA PROBA:

Presentarase a solicitude de matrícula na Secretaría do centro en que superase ou estea cursando 4º curso de ESO, empregando o Anexo I, onde se indicará:

Os datos persoais.

Os datos do centro educativo.

A lingua estranxeira cursada como primeira lingua.

A opción de matemáticas cursada: Matemáticas A ou Matemáticas B.

O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no 4º curso de ESO poderá solicitar a través do anexo I a valoración de medidas de adaptación de tempos e/ou medios para a realización da proba. Xuntará unha petición concreta de adaptación e o informe psicopedagóxico emitido polo Departamento de Orientación do centro educativo onde cursase 4º curso de ESO que acredite a condición de necesidades específicas de apoio educativo nese curso.

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DA SUBVENCIÓN: 

Unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.

As solicitudes (anexo IV) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O alumnado con Necesidades Educativas Especiais poderá solicitar adaptación da proba achegando a documentación que acredite tal condición.

PROBAS:

A realización da proba terá lugar o 26 de xuño de 2025.

No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a.

A proba está estruturada en dúas partes.

 a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso, a realizar nun máximo de 2 horas:

Lingua Galega e Literatura

Lingua Castelá e Literatura

Primeira lingua estranxeira

O alumnado con exención en lingua galega e literatura, quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.

 b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de dúas materias do currículo de cuarto curso, nun máximo de 90 minutos:

Xeografía e Historia.

Matemáticas A ou Matemáticas B (segundo o cursado polo alumnado).

PROCEDEMENTO DOS CENTROS EDUCATIVOS:

Os centros educativos de educación secundaria tramitarán as solicitudes do seu alumnado que se presenten no tempo e na forma para participar na proba PEE. Así mesmo, entregarán ao alumnado unha copia desta solicitude cunha dilixencia, asinada polo/a secretario/a do centro, onde conste a data de presentación, a modo de xustificante de presentación da dita solicitude.

INFORMACIÓN ÓS INTERESADOS/AS:

A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/premiosedu

Para dúbidas relacionadas coa convocatoria poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: premios@edu.xunta.es

 

punto9.gif  En el menú encontrarás una herramienta muy útil: el OrientaLine

  • ¿Qué estudiar?
  • ¿Dónde estudiar?
  • Toda la oferta educativa: desde la FP Básica a la Universidad.
  • Actualizada cada curso escolar.
  • Cuestionarios que te ayudarán.

punto9.gif  Así como información sobre...

  • La Universidad: la Preinscripción, la Selectividad.
  • ESO, Bachillerato, FP … según la nueva ley LomLoe.
  • Y si buscas una Beca
  • Y también técnicas de estudio: hacer esquemas, resúmenes, memorizar...