Benvido/a ao Blog

 

8/05/2020. Aprazadas as probas de entrada á Formación Profesional. Publicarase un novo calendario de acceso mediante proba.

7/05/2020. Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021. Ligazón

28/04/2020. Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021. Ligazón

28/04/2020. Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón

26/2/2020. Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Accede á páxina da solicitude

31/1/2020. Borrador da convocatoria das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio e Grao Superior. Accede ao calendario

 

20/11/2019 A CIUG fixo públicas varias modificacións na ABAU. Os cambios son especialmente relevantes no que ten que ver cos procedementos de reclamación e cos chamamentos á matriculación. Descarga as novidades