CPI AS REVOLTAS

Departamento de Orientación

CPI As Revoltas

 

 

 

 

 

2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

O 18 de decembro de 2007 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas(ONU) designou a celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo para o día 2 de abril. Con este día preténdese resaltar a necesidade de axudar e mellorar as condicións de vida das persoas con este trastorno.

Por iso, cada ano, o movemento asociativo do autismo en España promove unha campaña de concienciación, en coordinación con Autismo Europa, para visibilizar a realidade do colectivo.

Baixo o lema “Puedo aprender. Puedo trabajar”, este ano a campaña centra a atención en torno a dous eixes fundamentais: o acceso a unha educación e a un emprego de calidade.

Se queredes apoiar a campaña “Puedo aprender. Puedo trabajar” e amosar así o compromiso e solidaridade coas persoas con TEA e as súas familias: tan so tedes que compartir nas vosas redes sociais unha foto, un vídeo ou un gif facendo o xesto da campaña, xunto ó hashtag #DiaMundialAutismo.

Tedes toda a información no seguinte enlace:https://diamundialautismo.com/puedo-aprender-puedo-trabajar/

Dende o Departamento de Orientación queremos aproveitar este día para facer unha serie de recomendacións de contos, libros e películas para compartir en familia.

                          Libros e Contos

- El cazo de Lorenzo de Isabelle Carrier.

- Ramón, paleontólogo de profesión, da Fundación ONCE.

-Bambú el koala, de Almudena Taboada.

- El curioso incidente del perro a medianoche ,de Mark Haddon.

- María y yo , de Miguel Gallard.

- Albert es mi amigo ,de JanLuck y Linda Barboa.

- Nacido en un día azul, de Daniel Timmet.

- La chispa ,de Kristine Barnett.

- Memorias de un amigo imaginario,de  Matthew Dicks

- Todos los azules, de Santi Maldonado

                             Series, cortos e películas

- Atípico (2017)(+13 anos)

- Mi hermanito de la luna

-Rain Man (1988)

-Mi nombre es Khan (2010)(+7 anos)

-El faro de las orcas (2016)(+13 anos)

 

INFORMACIÓN SOBRE PRAZOS E PROCESOS DURANTE O CONFINAMENTO

Acutalizamos esta entrada no blog para ofrecer a información máis relevante do publicado polo consenso xeralizado entre o Ministerio de Educación e  CCAA.

Avaliación do 2º trimestre : avaliarase co traballo realizado ata a interrupción das clases.

3º trimestre: está previsto modificar os contidos e competencias previstas para este último trimestre. Para organizarlo, haberá instruccións específicas. Está prevista unha reunión no mes de abril entre Ministerio e as Comunidades  para abordar e clarificar  o tema .

Avaliacións diagnósticas:  suspéndense as avaliacións de 3º , e 6º de Primaria, así como a de 4º da ESO.

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior: pospoñeranse  o que sexa necesario.

ABAU: a Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7 , 8 e 9 de xullo.

 

Publicaranse no blog todas as noticias oficiais que se vaian coñecendo. 

Moito ánimo e forza!

 

ORIENTACIÓNS E AXUDA PARA O CONFINAMENTO

Aquí vos deixamos o seguinte documento que foi elaborado polo Departamento de Orientación ,coa intención de ofrecer orientacións que nos axuden a levar mellor esta situación excepcional que nos toca vivir.

https://elorienta.com/revoltas/data/uploads/cpiasrevoltasquedanacasa.pdf

Tamén queremos compartir estas guías que poden ser de axuda :

- Recomendacións elaboradas pola sección de Psicoloxía educativa do COPG para a comunidade educativa :https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/comunicado_centros_educativos.pdf

-Recomendacións para a convivencia de Aulas Galegashttp://aulasgalegas.org/recomendacions-para-a-convivencia/

-Consellos e recursos do Servizo de Psicoloxía Aplicada (SPA) da Facultade de Psicoloxía da UNED.:http://blogs.uned.es/spa/emergencia-sanitaria-covid19/

Published on  2022