IES CABO ORTEGAL - CARIÑO

Departamento de Orientación

Notas CIUG 2021-2022

Notas de Corte




Becas MEC para Bacharelato

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato.html




Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula será desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 30 de xullo ás 13:00 horas.

Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.

 
 




Proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2021-2022

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do luns 12 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 14 de xullo de 2021.

A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.




Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización no ano 2021

Publicada a Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

  • O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
  • Máis información




A Xunta de Galicia convoca probas para a obtención do graduado en secundaria dirixidas a maiores de 18 anos

O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 18 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro de 2021. Poderán participar nestas probas as persoas maiores de idade e que non estean en posesión do título correspondente nin matriculadas no actual curso 2020/21 en ensinanzas conducentes a obtelo.

O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 18 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 21 de maio e 10 de setembro de 2021 para as respectivas convocatorias.

O contido do exame estruturarase en tres ámbitos: ámbito científico-tecnolóxico, ámbito social e ámbito de comunicación. No primeiro deles incluiranse os exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. A proba do ámbito social inclúe os contidos relacionados coas materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual e Música. Finalmente, o ámbito de comunicación comprende os exercicios de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

O obxectivo destas probas é facilitar a obtención dun título oficial ás persoas que non seguiron ensinanzas reguladas ou non o obtiveron no seu momento. Neste sentido, ademais a Xunta oferta, no réxime de educación para adultos, ensinanzas equivalentes ao título de graduado en ESO e ten á disposición da cidadanía no Portal Educativo para a súa descarga gratuíta as unidades didácticas precisas para o seu estudo.

 




Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Comezo do período de inscrición da convocatoria 2021

Xov, 18/02/2021 - 09:48

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 18 de febreiro a 3 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:




Protocolo probas de acceso á Universidade 2021

Organización das probas




Calendario ABAU 2021

Calendario previsto para as probas de acceso á Universidade.

 




Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021

Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
 

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Orde do 21 de xaneiro de 2021 (DOG)