Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes desde o 2 de setembro ata o día 10 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime e modalidade, para grao medio; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas a finais de agosto e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.

Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte “Oferta de FP“ no menú lateral), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.

AtenciónNon son listaxes de ciclos e módulos con matrícula liberada. Para acceder é necesario participar no proceso de solicitudes de setembro.

 

Réxime ordinario

 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

Modalidade distancia