Documento de axuda para as validacións de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e e as ensinanzas de réxime xeral e as ensinanzas profesionais de música e de danza durante o curso académico 2022/23.
Táboa de validacións
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/validacions_actualizacion_taboa_20220914_1.pdf
Publicada no Portal FP a oferta de formación profesional sostida con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros de Galicia, así como a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.
Están tamén dispoñibles os calendarios de admisión para réxime ordinario e réxime das persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.
Máis información:
Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23 (código de procedemento ED306A). (DOG núm. 107, do 6 de xuño).
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2022 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2022 (este incluído).
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Que título se obtén?
Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Adicionalmente, segundo o Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, os alumnos que obteñan un título de formación profesional básica poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da educación secundaria obrigatoria e adquiriron as competencias correspondentes.
Cal é a validez dos títulos?
O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. En caso de concorrencia competitiva, que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, cada título profesional básico permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio.
Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
O título profesional básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
Cales son as vías de obtención do título profesional básico?
- Certificados de profesionalidade de nivel 1
- Procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais
Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
Que hai que facer para matricularse?
Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.
Documentación a presentar:
Cal é o período de admisión na FP básica?
Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) para o curso 2021-2022:
Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2022, así como as instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba.
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:
DOG - RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.
3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe e en calquera dos lugares e rexistros es- tablecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2022
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0598-070222-0001_gl.html
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:
La Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) ha aprobado ya las fechas para los exámenes de selectividad de este 2022, que se celebrarán en junio. Las fechas escogidas son los días 7, 8 y 9, de martes a jueves; la tarde este último día se reserva para posibles incidencias.
Los resultados de estas pruebas de acceso a la universidad se darán a conocer entre los días 14 y 15 de junio, y la entrega efectiva de los exámenes se efectuará entre el 15 y el 16.
Para aquellos alumnos que tengan que ir a la recuperación, la CIUG ha reservado ya fechas en el mes de julio para esas pruebas. Serán entre el 12 y el 14, también de martes a jueves.
(
Las fechas de estas pruebas figuran en una comunicación oficial de este organismo que se ha remitido a los centros para activar, a la vez, la conformación de las diferentes comisiones que regularán la selectividad, con los profesores correspondientes. Estos pueden ser de bachillerato o de la universidad, y desde el covid hay un número mucho mayor de docentes implicados, algo que seguramente se mantendrá en el tiempo (comisiones-sedes más pequeñas) por el buen resultado que ha dado. Esas comisiones se constituirán entre el 6 y el 11 de junio. Los integrantes cobrarán entre 435 y 335 euros.
http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2022
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato.html
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula será desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 30 de xullo ás 13:00 horas.
Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do luns 12 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 14 de xullo de 2021.
A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.
Publicada a Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 18 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro de 2021. Poderán participar nestas probas as persoas maiores de idade e que non estean en posesión do título correspondente nin matriculadas no actual curso 2020/21 en ensinanzas conducentes a obtelo.
O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 18 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 21 de maio e 10 de setembro de 2021 para as respectivas convocatorias.
O contido do exame estruturarase en tres ámbitos: ámbito científico-tecnolóxico, ámbito social e ámbito de comunicación. No primeiro deles incluiranse os exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. A proba do ámbito social inclúe os contidos relacionados coas materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual e Música. Finalmente, o ámbito de comunicación comprende os exercicios de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
O obxectivo destas probas é facilitar a obtención dun título oficial ás persoas que non seguiron ensinanzas reguladas ou non o obtiveron no seu momento. Neste sentido, ademais a Xunta oferta, no réxime de educación para adultos, ensinanzas equivalentes ao título de graduado en ESO e ten á disposición da cidadanía no Portal Educativo para a súa descarga gratuíta as unidades didácticas precisas para o seu estudo.
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 18 de febreiro a 3 de marzo de 2021, ambos incluídos.
Pode consultar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información: