Como subir nota na ABAU

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da Parte Obrigatoria da proba.

Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

 

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria.

Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias obxecto de exame na Parte Voluntaria establecido.

Nas sucesivas convocatorias a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade realizarase na universidade pública á que estea adscrito, ós indicados efectos, o centro de educación secundaria no que superasen o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

 

back to top