Calendario das probas ABAU No curso 2018/2019

 

No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):

CONVOCATORIA ORDINARIA: XUÑO mércores xoves venres 12 13 14

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: XULLO mércores xoves venres 10 11 12

 

A superación da Parte Obrigatoria da proba ABAU terá validez indefinida. Os estudantes poderán presentarse a Parte Obrigatoria da proba ABAU en sucesivas convocatorias para mellorar a súa cualificación; neste caso deberán examinarse da totalidade das materias que configuran a Parte Obrigatoria da ABAU. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que sexa superior á anterior.

Aos efectos da súa ponderación, as cualificacións das materias troncales de opción obxecto de exame na Parte Voluntaria da ABAU e a da materia troncal de modalidade obxecto de exame na Parte Obrigatoria da ABAU Terán validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas; exemplo, para aqueles que as superen na convocatoria Ordinaria e Extraordinaria de 2019, a nota das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade nos cursos 2019-2020 e 2020-2021. Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. Nas sucesivas convocatorias a proba realizarase na universidade pública á que estea adscrito, aos indicados efectos, o centro de educación secuandaria no que se superase o segundo curso de bacharelato ou no universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

 

back to top