A proba final de Bacharelato

Neste mes de novembro as Consellerías de Educación de España están a debater o borrador da proba final de bacharelato que máis adiante concretará e publicará cada Comunidade Autónoma.

A proba comezará a aplicarse este mesmo curso, pero só terá validez académica a partir do 2017-2018, isto é, será necesario superala no 2018 para obter o título de bacharelato. Pero contará xa desde este curso (2016-2017) para os alumnos que queiran acceder á universidade, pois desapareceu a Selectividade.

O alumno que finalice Bacharelato este curso deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos na avaliación final para que conte nos procedementos de acceso á universidade. 

A cualificación para o acceso a estudos universitarios calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación final e un 60% a nota do Bacharelato. Entenderase que se reúnen os requisitos de acceso á universidade cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a 5 puntos e  terán unha duración dun máximo de cinco días nas comunidades con lingua cooficial como é o caso de Galicia

Cada unha das probas da avaliación final de Bacharelato durará 90 minutos.

Coa información completa informarase ao alumnado nas aulas dende a acción titorial.

As probas de Bacharelato correspondentes á convocatoria ordinaria deste mesmo curso, realizarase antes do 10 de xuño, e as extraordinarias, antes do 8 de xullo ou do 9 de setembro segundo a Comunidade de que se trate.

 

back to top