A proba final da ESO

Neste mes de novembro as Consellerías de Educación de España están a debater o borrador da proba final da ESO e de bacharelato que máis adiante concretará e publicará cada Comunidade Autónoma.

A proba de final da ESO comezará a aplicarse este mesmo curso, pero só terá validez académica a partir do 2017-2018, isto é, será necesario superala no 2018 para obter o título de Graduado en ESO. Neste curso só será informativa. 

As avaliacións finais de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato terán unha duración dun máximo de catro días, que poden ser cinco nas comunidades con lingua cooficial.

Cada unha das probas da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria durará 60 minutos, con descansos entre elas e aplicarase un cuestionario anónimo de contexto dirixido ao alumnado que realice as avaliacións.

As probas da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria do curso 2016-2017 faranse nunha soa convocatoria, antes do 24 de xuño.

 

back to top