WEBS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

 

Todo FP.es é un portal apoiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España o cal ofrecenos información variada sobre Formación Porfesional e orientación para o mundo laboral. Entre esta información podemos atopar recomendacións para a realización do currículo, a carta de presentación, localizar ofertas de traballo, entrenamentos para as entrevistas laborais, como montar a túa propia empresa, test para o coñecemento das túas habilidades ou o teu nivel  de idiomas, así coma información sobre becas de movilidade tanto a nivel académico coma laboral. 

logo-todo-fp.png

Para máis información  clica na imaxe.

 

Educastur é unha web do Ministerio de Educación Cultura e Deporte do Principado de Asturias que ten gran cantidade de información sobre a orientación laboral que pode ser de moita axuda á hora de adrentarnos no mundo gremial. Por exemplo, expón explicacións sobre conceptos de vital importancia na esfera das profesións coma contratos, nóminas, recursos humanos, comunicacións na empresa… transmitindo, en xeral, unha cultura laboral. Ademais, axuda aos usuarios a buscar emprego ofrecendo consellos sobre como realizar un autoanálise, como realizar un currículum, unha carta de presentación, como afrontar unha entrevista… así como ofrece tamén recomendacións sobre como convertirse nun bo emprendedor.

logo_educastur.png

Para máis información clica na imaxe

 

Madridmasd é unha páxina que, ao igual que as dúas anteriores, encárgase de ofrecer información sobre a orientación profesional. Bríndanos a oportunidade de buscar emprego e de pedir asesoramento sobre as dudas que poidamos ter do mundo profesional, tanto, a través de consultas peroais ou mediante consultas frecuentes realizadas por outros usuarios. Ademais, a modo esquemático, ofértanos un manual de Estrategia Profesional no que se pon a vosa disposición a metodoloxía que hay que seguir á hora de buscar traballo. 

logo_madrimasd.gif

Para máis información clica na imaxe.

 

back to top