Como subir nota na ABAU

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da Parte Obrigatoria da proba.

Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

 

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria.

Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias obxecto de exame na Parte Voluntaria establecido.

Nas sucesivas convocatorias a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade realizarase na universidade pública á que estea adscrito, ós indicados efectos, o centro de educación secundaria no que superasen o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

Calendario das probas ABAU No curso 2018/2019

 

No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):

CONVOCATORIA ORDINARIA: XUÑO mércores xoves venres 12 13 14

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: XULLO mércores xoves venres 10 11 12

 

A superación da Parte Obrigatoria da proba ABAU terá validez indefinida. Os estudantes poderán presentarse a Parte Obrigatoria da proba ABAU en sucesivas convocatorias para mellorar a súa cualificación; neste caso deberán examinarse da totalidade das materias que configuran a Parte Obrigatoria da ABAU. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que sexa superior á anterior.

Aos efectos da súa ponderación, as cualificacións das materias troncales de opción obxecto de exame na Parte Voluntaria da ABAU e a da materia troncal de modalidade obxecto de exame na Parte Obrigatoria da ABAU Terán validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas; exemplo, para aqueles que as superen na convocatoria Ordinaria e Extraordinaria de 2019, a nota das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade nos cursos 2019-2020 e 2020-2021. Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. Nas sucesivas convocatorias a proba realizarase na universidade pública á que estea adscrito, aos indicados efectos, o centro de educación secuandaria no que se superase o segundo curso de bacharelato ou no universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

Táboa de ponderacións acceso 2019-2020

 

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS TRONCAIS DE MODALIDADE E MATERIAS DE OPCIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

- CURSO: 2019 – 2020 -

PINCHA AQUÍ

Notas de corte e prazas ofertadas curso 2018-2019

 

 

En este enlace encontrareis las notas de corte y las plazas ofertadas de las titulaciones de Galicia en el presente curso 2018-2019.

PINCHA AQUÍ

Ponderacións de todas as Universidades Españolas

 

Como xa sabedes cada Comunidade Autónoma ten o seu propio proceso de admisión nas Universidades, desde este enlace podedes consultas as táboas de ponderacións de cada unad delas.

 

Pincha AQUI

 

Ou copia este enlace:

http://yaq.es/reportajes/parametros-ponderacion-selectividad-asignaturas-fase-especifica

 

Guía de Orientación Profesional Bacharelato 2018

 

Reforma de titulos universitarios en Galicia

El pasado 31 de octubre de 2017 se publicó en la prensa el mapa de titulaciones del Sistema Universitario de Galicia (SUG) para los años 2017-2021, que prevé la creación de 14 nuevos grados.

 


El próximo curso ya entrarán en funcionamiento un total de cinco nuevos grados: Ingeniería Biomédica, en la Universidad de Vigo (Uvigo); Gestión Industrial de la Moda, en la Universidad de A Coruña (UDC); Biotecnología y Criminología, en la Universidad de Santiago de Compostela (USC); y el grado en Paisaje, impartido de manera conjunta por la UDC y la USC.

El ejercicio 2019-2020 se crearán ocho grados: Diseño y Creación, en la Uvigo; Ingeniería Eléctrica, Creación Digital y Animación, Gestión de la Información y de la Documentación Digital y Ciencia e Ingeniería de Datos, en la UDC; y Gestión del Patrimonio e Industrias Culturales, Emprendimiento y Robótica Agroforestal en la USC.

Por último, en el curso 2020-2021 entrará en vigor el grado de Bioquímica agroforestal en la USC, en el Campus de Lugo.

Así pues, también se retirarán de forma progresiva ocho grados, solo de la USC y la UDC, por presentar una muy baja demanda y que, en la mayoría de casos, se sustituyen por titulaciones similares pero renovadas.

Para el período 2017-2021 también se prevé seguir impulsando la aparición de grados simultáneo, de los que ofrece 20 actualmente, dadas las posibilidades de empleabilidad que ofrece a sus estudiantes.

Táboa de ponderacións para alumnado de ABAU 2018-2019

Acaban de publicarse as táboas de ponderacións para alumnado de ABAU 2018-2019.

Accede aquí

Notas de corte curso 17-18

 

Accede a esta páxina para ver as notas de corte do alumnado que entrou neste curso 2017/2018 nas titulacións universitarias de Galicia.

Actualizado en Outubro 2017

A proba final de Bacharelato

Neste mes de novembro as Consellerías de Educación de España están a debater o borrador da proba final de bacharelato que máis adiante concretará e publicará cada Comunidade Autónoma.

A proba comezará a aplicarse este mesmo curso, pero só terá validez académica a partir do 2017-2018, isto é, será necesario superala no 2018 para obter o título de bacharelato. Pero contará xa desde este curso (2016-2017) para os alumnos que queiran acceder á universidade, pois desapareceu a Selectividade.

O alumno que finalice Bacharelato este curso deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos na avaliación final para que conte nos procedementos de acceso á universidade. 

A cualificación para o acceso a estudos universitarios calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación final e un 60% a nota do Bacharelato. Entenderase que se reúnen os requisitos de acceso á universidade cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a 5 puntos e  terán unha duración dun máximo de cinco días nas comunidades con lingua cooficial como é o caso de Galicia

Cada unha das probas da avaliación final de Bacharelato durará 90 minutos.

Coa información completa informarase ao alumnado nas aulas dende a acción titorial.

As probas de Bacharelato correspondentes á convocatoria ordinaria deste mesmo curso, realizarase antes do 10 de xuño, e as extraordinarias, antes do 8 de xullo ou do 9 de setembro segundo a Comunidade de que se trate.

ADSCRIPCIÓN AO IES AS LAGOAS

 

O noso centro, Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas Ourense, está adscrito ao IES As Lagoas.

 

Esta semana abre o plazo para  que o alumnado de 4º da ESO que desexe cambiar e estudar Bacharelato no IES As Lagoas poida exercer o seu dereito preferente de adscrición. Para elo deberá cubrir o Anexo I por duplicado e entregalo na secretaría do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do 1 ao 15 de febreiro.

 

ANEXO I (preme nel para acceder ao enlace)

Calendario das PAU do 2016

Nesta entrada amósase o Calendario cas diferentes datas de importancia relativas ás PAU 2016, segundo a CIUG.

 

 

 

PONDERACIÓNS MATERIAS FASE ESPECÍFICA PAU 2016

Nesta entrada amósanse as ponderacións das diferentes materias que se poden escoller para realizar na Fase Específica das PAU 2016.

 

 

NOTAS DE CORTE DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA (CURSO 2015/2016)

Nesta entrada amósanse as Notas de Corte e o Número de Prazas correspondentes ás diferentes carreiras que ofertan as Universidades de Galicia (curso 2015/2016).

 

 

 

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DAS MATERIAS DA FASE ESPECÍFICA DA PAU (2015)

 

Á hora de seleccionar as materias das que te vas a examinar no selectivo  é importante que teñas claro as súas ponderacións na fase específica, para escoller aquelas que máis puntúan (0.2 = 2 puntos) e poder optar a unha nota máis alta, o cal, facilitarache o aceso á universidade. A continuación ofrecémosvos un docmuento no que se reflexan as puntuacións na fase específica das materias cursudas en Bacharelato en relación a cada Grao Universitario.

Pulse aquí para acceder aos parámetros de ponderación.

 



NOTAS DE CORTE 2014/2015

 

No seguinte documento expóñense as notas de corte para o acceso ás diferentes carreiras universitarias que ofertan as universidades de Galicia no ano 2014/2015.

Pulsa aquí para acceder ás notas de corte.

 

GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 4º ESO

 

Unha vez rematado o curso de 4º da ESO chega o momento de tomar decisións acerca da dirección académica que queremos seguir: Bacharelato, Formación Profesional… Aquí ofrécesevos unha Guía de Orientación Académica e Profesional na que se explican as características das diferentes opcións a escoller.

Pulsa aquí para acceder á Guía.

 

 

 

back to top