Calendario das probas ABAU No curso 2018/2019

 

No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):

CONVOCATORIA ORDINARIA: XUÑO mércores xoves venres 12 13 14

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: XULLO mércores xoves venres 10 11 12

 

A superación da Parte Obrigatoria da proba ABAU terá validez indefinida. Os estudantes poderán presentarse a Parte Obrigatoria da proba ABAU en sucesivas convocatorias para mellorar a súa cualificación; neste caso deberán examinarse da totalidade das materias que configuran a Parte Obrigatoria da ABAU. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que sexa superior á anterior.

Aos efectos da súa ponderación, as cualificacións das materias troncales de opción obxecto de exame na Parte Voluntaria da ABAU e a da materia troncal de modalidade obxecto de exame na Parte Obrigatoria da ABAU Terán validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas; exemplo, para aqueles que as superen na convocatoria Ordinaria e Extraordinaria de 2019, a nota das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade nos cursos 2019-2020 e 2020-2021. Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. Nas sucesivas convocatorias a proba realizarase na universidade pública á que estea adscrito, aos indicados efectos, o centro de educación secuandaria no que se superase o segundo curso de bacharelato ou no universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

Táboa de ponderacións acceso 2019-2020

 

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS TRONCAIS DE MODALIDADE E MATERIAS DE OPCIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

- CURSO: 2019 – 2020 -

PINCHA AQUÍ

Notas de corte e prazas ofertadas curso 2018-2019

 

 

En este enlace encontrareis las notas de corte y las plazas ofertadas de las titulaciones de Galicia en el presente curso 2018-2019.

PINCHA AQUÍ

Guía de Orientación 4º ESO 2018

 

A proba final da ESO

Neste mes de novembro as Consellerías de Educación de España están a debater o borrador da proba final da ESO e de bacharelato que máis adiante concretará e publicará cada Comunidade Autónoma.

A proba de final da ESO comezará a aplicarse este mesmo curso, pero só terá validez académica a partir do 2017-2018, isto é, será necesario superala no 2018 para obter o título de Graduado en ESO. Neste curso só será informativa. 

As avaliacións finais de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato terán unha duración dun máximo de catro días, que poden ser cinco nas comunidades con lingua cooficial.

Cada unha das probas da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria durará 60 minutos, con descansos entre elas e aplicarase un cuestionario anónimo de contexto dirixido ao alumnado que realice as avaliacións.

As probas da avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria do curso 2016-2017 faranse nunha soa convocatoria, antes do 24 de xuño.

ADSCRIPCIÓN AO IES AS LAGOAS

 

O noso centro, Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas Ourense, está adscrito ao IES As Lagoas.

 

Esta semana abre o plazo para  que o alumnado de 4º da ESO que desexe cambiar e estudar Bacharelato no IES As Lagoas poida exercer o seu dereito preferente de adscrición. Para elo deberá cubrir o Anexo I por duplicado e entregalo na secretaría do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do 1 ao 15 de febreiro.

 

ANEXO I (preme nel para acceder ao enlace)

GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 4º ESO

 

Unha vez rematado o curso de 4º da ESO chega o momento de tomar decisións acerca da dirección académica que queremos seguir: Bacharelato, Formación Profesional… Aquí ofrécesevos unha Guía de Orientación Académica e Profesional na que se explican as características das diferentes opcións a escoller.

Pulsa aquí para acceder á Guía.

 

 

 

back to top