O Departamento de Orientación do IES Leixa pon a disposición da comunidade educativa o BLOG DE ORIENTACIÓN.
Na marxe dereita podes atopar información relacionada coas etapas educativas no IES LEIXA: Bacharelato e Formación Profesional.
Recorda que podes descargar o programa informático ORIENTA ou probar o OrientaLine.
E tamén tes enlaces e recursos que poden ser de utilidade.
Se descargas o programa informático ORIENTA podes instalalo no teu ordenador e terás acceso a cuestionarios de orientación académica e profesional, información sobre estudos de Formación Profesional (Básica, de Grao Medio e de Grao Superior) e sobre Graos Universitarios.
Se accedes a OrientaLine terás a versión online e reducida do programa ORIENTA.
Toda a información sobre ciclos formativos de Formación Profesional podes consultala en www.edu.xunta.es/fp
Na marxe dereita no apartado “FORMACIÓN PROFESIONAL” tes enlaces con información máis detallada sobre ciclos formativos básicos, de grao medio e de grao superior, así como os requisitos de acceso,as probas e o procedemento de admisión a ciclos formativos de formación profesional.
Na marxe dereita no apartado “BACHARELATO” tes enlaces con información máis detallada sobre o bacharelato e o acceso á universidade (que iremos actualizando).
Que título se obtén?
Superando un ciclo de FP Básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Cal é a validez dos títulos?
O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.
Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio
A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
No IES LEIXA impártese a Formación Profesional Básica de Artes Gráficas.