Os membros do Departamento de Orientación desexámosvos un feliz curso 20/21  a toda Comunidade Educativa do IES Alfoz-Valadouro (alumnado, profesorado, nais/pais/titor@s legais e persoal non docente).

E lembrámosvos, especialmente para as familias, o correo corporativo da orientadora educativa basanta@edu.xunta.es e tamén o teléfono do centro 982870051. Neste curso imos empregar estes medios máis ca antes da “nova normalidade” cando a maioría das reunións eran presenciais.

Moita forza!!


  • Bookmark and Share

As consultas de orientación durante a suspensión de clases, tando d@s alumn@s como das familias, -relativas a orientación académica profesional (materias optativas, estudos despois da ESO -bacharelato, ciclos…-), atención á diversidade (alumnado con necesidades específica de apoio educativo), técnicas de estudo…- podedes facelas ao correo da orientadora educativa basanta@edu.xunta.es

Ademais, no Blog do Departamento de Orientación www.elorienta.com/alfoz , na columna dereita, tedes o orientaline con información sobre estudos e cuestionarios de orientación. Tamén ten enlaces con blogs e páxinas como o portal de FP, a CIUG…para que poiadades autoorientarvos.

Espero vervos pronto. Unha aperta a tod@s.


  • Bookmark and Share

Neste enlace podedes consultar a convocatoria das probas para obter o título de graduado en ESO para maiores de 18 anos que se realizarán no ano 2020.


  • Bookmark and Share

 Neste enlace podedes consultar a convocatoria de proba para obter o título de bacharel para maiores de 20 anos que se realizarán no ano 2020.


  • Bookmark and Share

 

NESTE ENLACE tedes información sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2020

O prazo para inscribirse ás probas de grao medio vai do 2 ao 13 de marzo de 2020; para inscribirse ás probas de grao superior, do 10 ao 19 de febreiro de 2020.

 


  • Bookmark and Share