Aclaradas as condicións para titular na ESO.

7-6-2017. No BOE do 3 de xuño de 2017 publícanse as condicións para poder obter a titulación de Graduado.

En ningún caso se poderá titular con máis de dúas materias suspensas en setembro. Se o alumno suspendese dúas, estas non poden ser, ao mesmo tempo, algunha das linguas cooficiais e as matemáticas. Ademais diso, é necesario que a Xunta de Avaliación considere cumpridos os obxectivos xerais da etapa.

Debemos recordar que, no noso Colexio, para que a Xunta de Avaliación considere en setembro que o alumno acada os obxectivos xerais de etapa teñen que cumprirse unhas condicións que están anunciadas publicamente. 

Publicado o procedemento para reclamar cualificacións de 2º de Bacharelato.

26-4-2017. Publicouse a Circular nº 2/2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2016/2017.

Para ler a circular prema aquí.

O día 31 de marzo remata o prazo de matriculación para as probas do INEF da Coruña (probas en abril ou xuño)

O seguinte prazo de matriculación (só para as probas do 20 de xuño) será do 9 de maio ao 2 de xuño. Enlace ao INEF da Coruña, onde se explica todo o relacionado coas probas: INEF da Coruña.

PUBLICADAS AS INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA ABAU.

Non se corrixen os cambios que prexudican aos alumnos que cursaron o primeiro curso de bacharelato no estranxeiro.

Para ver o texto publicado no DOG, prema aquí.

NOVOS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN

28-3-2017. Despois da reunión do día 27 de marzo, a CIUG fixo públicos novos parámetros de ponderación para a ABAU. Nesta publicación soluciónanse varios dos problemas que eran visibles nas táboas anteriores.

Prema aquí para chegar aos novos parámetros de ponderación

Búsquedas de estudos

 

Admin area