INFORMACIÓN DE INTERESE

O Departamento de Orientación, co obxecto de axudar nesta sitaución que estamos a vivir, pon a disposición do alumnado e familias do centro o enderezo electrónico da orientadora do mesmo: opfrade@edu.xunta.es

ENLACES DE INTERESE

Estimados alumnos/as, familias e compañeiros/as, achegamos unhas recomendacións e recursos para afrontar o período de confinamento:

 

DATAS E INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS ABAU 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia. Os resultados publicaranse antes do 17 de xullo. No caso da proba extraordinaria, as partes acordaron agardar para a súa fixación, tendo en conta que debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade. Neste sentido, trasladou aos representantes da CIUG que na conferencia sectorial o Ministerio propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Tanto a Consellería como a CIUG coincidiron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade ás familias e, sobre todo, ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

 

APRAZAMENTO DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.
Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso. Deixamos o enlace de interese.

 

ENCONTROS VIRTUAIS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais"  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

 Os "Encontros Virtuais" da USC, terán lugar a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección ttps://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

  •  Presentacións das titulacións
  •  Obradoiros, Retos, etc.
  •  Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  •  Pílulas relacionadas coa titulación
  •  Concursos
  •  Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

Moi ánimo a todas/os!