Este é un dos Blogs do Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Divina Pastora- Franciscanas Ourense que trata temas relativos á Área de Orientación Profesional: Estudos, optativas, profesións en xeral, bolsas, saídas profesionais, inserción laboral...
11/22/11, - Bacharelato
Xa podedes recoller en portería ou ben descargar directamente desde este blog a nova GUÍA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL DE BACHARELATO 2011.2012 na súa versión 1.
Durente algunhas sesións concertadas cos vosos titores/as traballaremos diferentes aspectos da orientación profesional a través desta guía.
Tamén vos quero recordar que se non están as autorizacións asinadas polos vosos titores legais non se vos aplicará o Test de Intereses e Preferencias Profesionais.
ORIENTACIÓN BACH 2011.2012.v1
[ 0 trackbacks ] {




( 3.1 / 29 ) } 11/22/11, - ESO
Xa está a túa disposición a nova GUÍA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL DE 4º ESO 2011-2012 na súa versión1. Podes recollela na portería ou descargala directamente desde este blog.A partir deste mes traballaremos con ela nalgunhas titorías.
ORIENTACION 4 ESO 2011.2012V1
[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 143 ) } 11/2/11,
Xa podes descargar o orienta deste curso:Nas sesións de titoría de Orientación Profesional traballaremos na aula de informática e realizaremos os cuestionarios. Non vos olvidades de enviarmos ao meu correo!!
[ 0 trackbacks ] {




( 2.8 / 175 ) } 11/2/11, - Selectividade
Unha vez máis temos cambios no selectivo.
Os alumnos que realicen as probas de acceso á universidade no 2012 terán novos parámetros de ponderación na fase específica (só se cambian algúnhas titulacións).
Podes PINCHAR AQUÍ para obter as novas táboas.
[ 0 trackbacks ] {




( 2.9 / 59 ) } 7/19/11, - Universidades
Coa presente convocatoria DE XUÑO DE 2011 quedan esgotadas as prazas correspondentes das seguintes titulacións:1003 Grao en Ciencias Ambientais Ourense
1006 Grao en Educación Infantil Ourense
1007 Grao en Primaria Ourense
2002 Grao en Ciencias da Act. Física e do Deporte Pontevedra
2005 Grao en Educación Infantil Pontevedra
2006 Grao en Educación Primaria Pontevedra
3007 Grao en Economía Vigo
3012 Grao en Enx. da Enerxía Vigo
3022 Grao en Linguas Estranxeiras Vigo
3025 Grao en Traducción e Interpretación (Español-Inglés) Vigo
3027 Grao en Traducción Interpretación (Galego-Inglés) Vigo
4001 Grao en Admon. e Dirección de Empresas Santiago
4004 Grao en Comunicación Audiovisual SantiagO
4005 Grao en Dereito Santiago
4009 Grao en Enx.Informática Santiago
4010 Grao en Enx. Química Santiago
4022 Grao en Medicina Santiago
4023 Grao en Mestre Educación Infantil Santiago
4024 Grao en Educación Primaria Santiago
4033 Grao en Xornalismo Santiago
5012 Grao en Mestre en Educación Primaria Lugo
5015 Grao en Veterinaria Lugo
6002 Grao en Arquitectura A Coruña
6004 Grao en Ciencias da Activ. Física e do Deporte A Coruña
6009 Grao en Eduación Infantil A Coruña
6010 Grao en Educación Primaria A Coruña
6026 Grao en Tecnoloxías da Enx. Civil A Coruña
6029 Simultaneidade de ADE e Dereito A Coruña
7005 Grao en Enx. en Deseño Industrial Ferrol
[ 0 trackbacks ] {




( 3.1 / 156 ) } 7/19/11, - Formación Profesional
Dende hoxe xa podes consultar as listaxes da 1ª adxudicación ordinaria para ciclos formativos dende a web da consellería.
[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 7 ) } 7/15/11, - Universidades
Hoxe día 15 publicáronse as cualificacións da proba específica de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior para o curso 2011/2012.Podedes ver toda a información dende a páxina da consellería.
Noraboa Cris.
[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 36 ) } 7/14/11, - Universidades
O pasado 14 de xullo de 2011 a Consellería de Educación publicou a última actualización da "GUÍA DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA" coas novidades máis recentes.Podes descargar o documento dende AQUÏ

[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 108 ) } 5/15/11, - ESO
O pasado 11 de maio saiu publicado no DOG a resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.Os prazos de matrícula serán:
–Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos.
–Proba de setembro: o 1 e o 2 de setembro, ambos os dous incluídos
[ 0 trackbacks ] {




( 2.9 / 37 ) } 5/12/11, - Selectividade
Este martes 10 de maio publicouse a ORDE do 25 de marzo de 2011 , pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012Publícanse no anexo desta orde os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade para os estudantes que se atopen en posesión do título de bacharel ou equivalentes e, da fase específica da proba de acceso á universidade para os estudantes que se atopen en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior e equivalentes, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-12.
[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 65 ) } 4/15/11, - Bacharelato
Unha páxina interesante é a da Universidade de A Coruña:
na que presenta a oferta de bolsas, premios e axudas destinadas ao estudantado universitario, clasificadas en función do organismo ou entidade que as impulsa.
Con este criterio aparecen as bolsas propias da Universidade da Coruña, as da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as do Ministerio de Educación
É interesante que tamén consultedes as bolsas propias de cada Universidade.
[ 0 trackbacks ] {




( 2.9 / 23 ) } 4/14/11, - Bacharelato
Todo o que queiras preguntar sobre as Universidades galegas podes atopalo na nova
- Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
- Sistema Universitario de Galicia (SUG)
- Estudos universitarios no SUG
- Estudos de grao no SUG
- Universidades españolas
- Acceso á universidade (SELECTIVIDADE)
- Ingreso nos centros universitarios do SUG.
- Bolsas, axudas e premios.
- Residencias universitarias
- Enderezos de interese
[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 77 ) } 4/12/11, - Bacharelato
Os próximos días xoves 14 e venres 15 de abril celebraranse no Colexio Divina Pastora-Franciscanas de Ourense a "VII XORNADAS DOS ESTUDOS SUPERIORES".
As xornadas organizadas polo Departamento de Orientación consisten nunha serie de actividades formativas e informativas para o alumnado de 2º de bacharelato sobre os Estudos Superiores: interpretación dos resultados dos test de Interese e Preferencias Profesionais, charlas, conferencias e coloquios.
Nesta 7ª edición participaron a Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña, Universidade Europea de Madrid, Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce (Allariz), CESPU Campus Internacionales de Salud (Portugal) entre outras.
Os alumnos e alumnas teñen a oportunidade de preguntarlle aos profesores e profesionais do asesoramento académico das diferentes Universidades e Centros Superiores sobre as distintas alternativas.
A esta actividade están convidadas as familias do alumnado que desexen asistir, tanto para escoitar as ponencias como para concertar unha entrevista persoal cos distintos profesionais, de este modo os familiares poderán preguntar información sobre os estudos, becas, residencias universitarias e sobre outras dúbidas que teñan...
Para asistir a calquera dos eventos póñanse en contacto co Departamento de Orientación por motivos organizativos.
As ponencias para os días 14 e 15 de abril son:
DIA XOVES 14 DE ABRIL 2011
11:30 UNIVERSIDAD EUROPEA DE MADRID
12:20 UNIVERSIDAD DE NAVARRA
12:45 ENTREGA DE TEST IPP-R. INTERESSE E PREFERENCIAS PROFESIONAIS
13:20 OPOSICIÓNS E CFGS. GAP.
DIA VENRES 26 DE MARZO 2010
11:30 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
12:20 CESPI(PORTUGAL). CAMPUS INTERNACIONAIS DE SALUD
12:45 ESCOLA SUPERIOR DE DISEÑO E MODA FELICIDAD DUCA (ALLARIZ)
13:10 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE A CORUÑA
[ 0 trackbacks ] {




( 2.9 / 168 ) } 4/5/11, - Selectividade
SELECTIVIDADE O DOG de onte, 4 de abril de 2011, publicou a Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia.IV. ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS UNIVERISTARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
a.- Estudantes que superen a proba de acceso á universidade para os estudantes que estean en posesión do título de bacharel regulada polo Real decreto 1892/2008, Fórmula para o cálculo da nota de admisión:
Nota de admisión= 0,6 * NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2
NMB= nota media do bacharelato ou do certificado.
CFX= cualificación da fase xeral.
M1, M2= as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.
a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba a que se refire o artigo 5º desta orde, seguir con éxito as ditas ensinanzas universitarias oficiais de grao
A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde
b.- Estudantes que teñan superada a proba de acceso á universidade segundo normativas anteriores á establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A nota de admisión será a cualificación definitiva da proba de acceso que obtiveron no seu momento.Non obstante o anterior, poderanse presentar á fase específica. Neste caso a nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:
Nota de admisión= CDA + a*M1 + b*M2
CDA= cualificación definitiva da proba de acceso anterior á establecida nesta orde.
M1, M2= as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.
a, b= parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba a que se refire o artigo 5º desta orde, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao
A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde.
c.- Estudantes que acrediten estar en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior, a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación ou títulos equivalentes.
A nota media do expediente académico calcularase mediante a suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido entre o número total destes. Para os efectos do cálculo da nota media, non será computado o módulo de formación en centros de traballo, nin aqueloutros módulos que fosen obxecto de validación. A nota media do expediente expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
A nota media do expediente académico dos estudantes que posúan un título equivalente calcularase de acordo co disposto na orde EDU/1719/2010, do 21 de xuño, pola que se establece a adscrición dos títulos declarados equivalentes aos títulos de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior ás ramas de coñecemento e se adapta para eles a fórmula para o cálculo da nota de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.
A nota media do expediente académico dos estudantes que validasen os seus estudos estranxeiros polos de formación profesional do sistema educativo español, calcularase de acordo co disposto na Resolución do 7 de maio de 1996 da Dirección Xeral de Investigación Científica e Ensino Superior.
A nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula
Nota de admisión= NMC + a*M1 + b*M2
NMC= nota media do ciclo formativo ou título equivalente
M1, M2= as cualificacións dun máximo de dous exercicios superados da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.
a,b= parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da fase específica a que se refire o artigo 22º desta orde, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao
A nota de admisión incorporará as cualificacións dos exercicios da fase específica, no caso de que os temas sobre os cales versan estean adscritos á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo desta orde
V. ANEXOS DA ORDE.
Anexo I. Páxina 5955.
Adscrición das materias de modalidade ás ramas de coñecemento.
Anexo II. Páxina 5956.
Adscrición das opcións ou vías de acceso ás ramas de coñecemento
Anexo III. Páxina 5956.
Adscrición dos títulos de técnico superior de FP ás ramas de coñecemento
Anexo IV. Páxina 5958.
Adscrición das opcións da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ás ramas de coñecemento.
[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 155 ) } 1/12/11, - Formación Profesional
O alumnado interesado en preparar a proba de acceso a CFGM ou CFGS que se poña en contacto canto antes co orientador co fin de facer a inncrición e entrega de material para a súa preparación.
Publicouse o Calendario de probas de acceso a ciclos de grao medio e de grao superior.
Convocatoria ordinaria:
Prazo de inscrición a CFGS: do 24 de xaneiro ao 4 de febreiro.
Prazo de inscrición a CFGM: do 28 de febreiro ao 11 de marzo.
Para máis información PREME AQUÍ
[ 0 trackbacks ] {




( 3 / 9 ) } 
