Bienvenido/a al blog


BENVID@S AO BLOG DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación do IES Leixa pon a disposición da comunidade educativa o BLOG DE ORIENTACIÓN.

Na marxe dereita podes atopar información relacionada coas etapas educativas no IES LEIXA: Bacharelato e Formación Profesional.

Recorda que podes descargar o programa informático ORIENTA ou probar o OrientaLine.

E tamén tes enlaces e recursos que poden ser de utilidade.

 

lineagraz.gif


ORIENTA

Se descargas o programa informático ORIENTA podes instalalo no teu ordenador e terás acceso a cuestionarios de orientación académica e profesional, información sobre estudos de Formación Profesional (Básica, de Grao Medio e de Grao Superior) e sobre Graos Universitarios.

Se accedes a OrientaLine terás a versión online e reducida do programa ORIENTA.

 

 

lineagraz.gif


FORMACIÓN PROFESIONAL

Toda a información sobre ciclos formativos de Formación Profesional podes consultala en www.edu.xunta.es/fp

Na marxe dereita no apartado "FORMACIÓN PROFESIONAL" tes enlaces con información máis detallada sobre ciclos formativos básicos, de grao medio e de grao superior, así como os requisitos de acceso,as probas e o procedemento de admisión a ciclos formativos de formación profesional.

 

 

lineagraz.gif


BACHARELATO

 Na marxe dereita no apartado "BACHARELATO" tes enlaces con información máis detallada sobre o bacharelato e o acceso á universidade (que iremos actualizando).

 

lineagraz.gif


FP BÁSICA

Que título se obtén?

Superando un ciclo de FP Básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

Cal é a validez dos títulos?

O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.

Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio 

A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.

Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

No IES LEIXA impártese a Formación Profesional Básica de Artes Gráficas.

lineagraz.gif

2024