PROBAS DE ACCESO Á FORMACIÓN PROFESIONAL 2012
23/1/12, 18:26 - FORMACIÓN PROFESIONAL
CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FP:- Publicación provisoria de persoas admitidas e excluidas: 20 de marzo.
- Reclamacións contra a listaxe: 21 ó 23 de marzo.
- Publicación definitiva de persoas admitidas e excluidas: 28 de marzo.
- Realización da proba (exames): 25 de maio.
- Publicación das cualificación provisorias: 7 de xuño.
- Publicación das cualificacións definitivas: 20 de xuño.
- Entrega de certifacións nos centros: a partir do 21 de xuño.
- Publicación provisoria de persoas admitidas e excluidas: 7 de febreiro.
- Reclamacións contra a listaxe: 8 ó 10 de febreiro.
- Publicación definitiva de persoas admitidas e excluidas: 15 de febreiro.
- Realización da proba (exames): 30 de marzo.
- Publicación das cualificación provisorias: 25 de abril.
- Publicación das cualificacións definitivas: 14 de maio .
- Entrega de certificados nos centros: a partir do 15 de maio.
Toda a información e documentación referente ás probas de acceso ós ciclos formativos poderá consultarse dentro da opción “probas” do menú da páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp ou informarte no Departamento de Orientación do centro
25 N
24/11/11, 23:08
REFLEXIONA CO SEGUINTE ACERTIXO Un pai e un fillo viaxan en coche cando, de repente, o pai perde o control do vehículo e baten contra un poste telefónico. O pai morre no acto e o fillo está moi ferido; trasládano ó hospital, onde aprecian lesións importantes que requiren unha intervención de urxencia. Chámase a un dos máis prestixiosos membros do equipo de ciruxáns de garda pero cando chega á sala de operacións ó examinar ó rapaz di: "Non podo operar a este neno, é o meu fillo!

Para lograr que a IGUALDADE sexa REAL necesitamos desaprender formas que pertencen ó pasado e aprender a relacionarnos dende o RESPECTO, a LIBERDADE e a RESPONSABILIDADE.
Formades parte do século XXI, con todas as súas ventaxas para COMPARTIR A VIDA EN IGUALDADE .
OFERTA EDUCATIVA DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2010/2011
6/6/11, 22:10 - FORMACIÓN PROFESIONAL
Acaba de sair publicada a oferta de ciclos formativos en Galicia para o vindeiro curso 2011-2012. Podes botarlle unha ollada no seguinte enlace OFERTA FP GALICIA 2011-2012 Así mesmo, tamén podes consultar o procedemento de admisión na Resolución do 11 de xuño de 2010 . Nesta normativa figuran as datas máis importantes para solicitar praza nos ciclos formativos e a documentación necesaria .
PREINSCRIPCIÓN E MATRICULA NA UNIVERSIDADE
10/5/11, 20:45 - UNIVERSIDADE
Poderán acceder ás ensinanzas universitarias de grao os alumnos/as que:
- obtiveran o título de bacharelato e teñan superada a PAU.
- posúan o titulo de técnico de grao superior
- posúan un título universitario
- teñan superada a proba para maiores de 25 ou 45 anos.
SOLICITUDE DE PRAZA: Para solicitar praza tendes que realizar a "preinscrición a través da APLICACIÓN NERTA".
https://www.edu.xunta.es/nerta/alumnado/[/url]
Na solicitude de acceso tendes a opción de indicar ata 5 titulacións diferentes, cun máximo de 10 peticións no caso de ensinanzas universitarias autorizadas en máis dun centro.
Unha vez cuberta a solicitude na aplicación NERTA, tendes que xerar o impreso de preinscripción e imprimilo ou ben gardalo.
MATRICULA:
Os estudantes admitidos nos estudos solicitados formalizarán a súa matricula nos sitios web das universidades ou nos lugares que se designen.
Universidade da Coruña: [url=http://www.udc.es/matricula]http://www.udc.es/matricula[/url]
Universidade de Santiago: [url=http://matricula.usc.es]http://matricula.usc.es[/url]
Universidade de Vigo: [url=https://matricula.uvigo.es]https://matricula.uvigo.es[/url]
BECAS PARA PERFECCIONAR IDIOMAS - VERÁN 2011
14/3/11, 16:52
BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN O Ministerio de Educación acaba de publicar a oferta de axudas para cursos dirixidos a perfeccionar idiomas (inglés, francés e alemán) no estranxeiro.A cuantía de cada axuda será dun mínimo de 1200 euros e o prazo de solicitude estará aberto ata do 30 de marzo.
Becas e axudas para aprender idiomas
Cursos becas MEPSYD
BECAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Axudas para a promoción e desenvolvemento de estadías noutros países durante o verán 2010, destinadas ó alumnado de 6º de Ed. Primaria, ESO e Bacharelato.
Os alumnos que desexen optar á beca deberán
completar a documentación «en liña», a través da aplicación inmersión lingüística verán 2011 .
Requisitos:
- ter superadas todas as áreas do curso 2009-2010
- ter acadado unha cualificación mínima de 6 na lingua estranxeira que se pretende perfeccionar (inglés ou francés)
- non ter concedida outra axuda coa mesma finalidade.
- estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
O prazo para solicitar estas axudas remata o 12 de abril (non incluido)



