ATENCIÓN A DIVERSIDADE
112/05/2011062/05/201110112/05/2011062/05/201110
-Para alumnos de 6º de Primaria. E.S.O., Bacharelato e de CF.
-Prazo para solicitar: Do 6 de marzo ata primeiros de abril.
-A solicitude faise mediante unha aplicación informática directamente coa Consellería.
-Os cursos en Galicia ou no estranxeiro terán lugar nos meses de verán.
( Para máis información ver DOGA do 5-2-2012 ou
http:/www.edu.xunta.es/axudasle e o apartado BECAS do menú).
Son as diferentes medidas educativas contempladas na LOE e noutras disposicións específicas na procura da adecuación educativa as características individuais do alumnado e conducentes a unha mesma finalidade: a consecución das competencias mínimas e dos obxetivos de etapa.
Baséase nos principios recollidos na LOE de inclusión,( "se me obrigas, axúdame"), equidade, (no senso de “suum cuique”, o contrario de uniformidade metodolóxica),diferencias psicoevolutivas ou socioculturais.
As diferencias individuais no proceso de aprendizaxe constituen un aspecto máis da condición humana. A diversidade é unha característica de todos os alumnos, non sólo de unhos poucos.
Todos os alumnos necesitan axuda psicopedagóxica o longo da súa escolarización, ben sexa de tipo personal, material ou técnico, co fin de conseguir os obxetivos educativos.. O factor que marca as diferencias refírese o tipo e grado das axudas precisas.
As necesidades educativas dos alumnos preséntanse sempre asociadas as condicións personáis, resultado de unha interacción do individuo e o seu contorno físico, e socio-cultural.
ALGUNHAS MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE.
Clasifícanse segundo os criterios en: ordinarias, específicas e extraordinarias; organizativas e curriculares.
REFORZO EDUCATIVO.
É unha medida ordinaria de atención a diversidade que afecta a aspectos non prescritivos do currículum, (a secuencia dos contidos, as formas e instrumentos de avaluación, a organización da aula, os agrupamientos de alumnos e todo aquilo que teña que ver coa metodoloxía).
AGRUPAMENTOS EN ÁREAS TRONCAIS.
Para aqueles alumnos, que por distintas causas, non poden seguir o rítmo do grupo ordinario, debido a carencias básicas que lles impiden proseguir uhna aprendizaxe significativa. Agrúpanse materias en ámbitos para un grupo reducido de alumnos, en 1º e 2º de E.S.O., sen pasar en total do 40% do horario semanal, para, se se produce unha recuperación, o alumno pasar o grupo ordinario. O currículum, tratamento e avaliación de cada materia serán os mesmos cos do grupo ordinario.
ADAPTACIÓN CURRICULAR. (Orde de 6 de outubro de 1995)
Son modificacións de un ou de máis elementos prescritivos do currículo, (obxetivos, contidos e criterios de avaliación), para atender as necesidades educativas de un alumno ou alumna motivadas, tanto por unha determinada dificultade personal, como polas súas capacidades excepcionais.
PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR. ( Regulados na Orde do 30 de xullo de 2007).
E unha medida pensada para o segundo ciclo da E.S.O., consistente en adaptar o currículo básico da etapa para aqueles alumnos que, ainda tendo dificultades de aprendizaxe, teñen interese e posibilidades de acadar os obxetivos mínimos da E.S.O. A súa duración é de 2 anos e de 1 ano para alumnos que cursaran 4º ou 3º sen promocionar.
Os alumnos forman un grupo de cinco a dez, como máximo, con unha persoa titora, para cursar o PDC. e estarán no grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias do currícuo común. (Música, Edu. Plástica e Visual; Edu. Física, Optativa, Relixión)
Os PDC estructúranse nos seguintes ámbitos e materias: a) ámbito específico lingüístico-social; b) ámbito científico-técnico; c) materias de 3º curso: lingua estranxeira, educ.plástica e visual, edu. Física; d) materias de 4º curso: lingua estranxeira, música, edu. Física; e) tecnoloxía; f) unha materia optativa ofrecida polo centro; g) relixión, nas condicións ofrecidas para todo o alumnado. Os criterios de avaliación serán os específicos establecidos no PDC, para acadar as competencias básicas e os obxetivos xerais da E.S.O.
PRFIL DO ALUMNO PARA UN PDC:
-Dificultades xeneralizadas de aprendizaxe.
-Ter cursado segundo de E.S.O. , ter repetido, o menos unha vez e ter recibido outras medidas educativas sen que éstas resultasen suficientes.
-Ter cursado 3º e non promocionar.
-Ter cursado 4º e non superalo.
-Que existan expectativas razonables de que, seguindo un PDC, poida acadar os obxetivos de etapa e o título de graduado en E.S.O




( 2.9 / 11 )
ENLACES DE INTERÉS
142/05/2011032/05/201110142/05/2011032/05/201110
F.PROFESIONAL
122/05/2011032/05/201110122/05/2011032/05/201110
-CGS: inscrición, do 23 de xaneiro ó 3 de febreiro.
Data de exáme: 30 de Marzo.
-CGM: inscrición: do 27 de Febreiro ó 9 de Marzo.
Data de exáme: 25 de Maio.
-A superación de estas probas permite o acceso directo ós respectivos ciclos. A superación sólo de algunha das partes terá validez por dous anos.
BAIXAR O ORIENTA
222/05/2011012/05/201110222/05/2011012/05/201110 - Xeral e Principal
Páxina inicial
242/05/2011112/05/201109242/05/2011112/05/201109
BENVIDOS o Blog do Departamento de Orientación. Dirixido,como axuda, a alumnos, profesores e familias. Iráse renovando en algunhas das súas partes, segundo os cambios e as necesidades. Importante, como en Internet, seleccionar, para asimilar ben, aquilo que nos interesa. Pulsando no menú ou nos correspondentes enlaces alcóntrase información moi útil e pertinente sobre a actividade escolar en xeral. 


