NOVO BLOG

Aínda que este BLOG “Elorienta” seguirá operativo e intentarei mantelo actualizado, desde setembro de 2013 temos como referencia para a orientación no instituto un novo BLOG no que se publican xa, e se publicarán, as novas entradas.

Ademais contará con máis contidos e temáticas, e non exclusivamente de orientación académica e e vocacional como ocurría neste blog.

O enlace ao novo blog o encontraredes entrando na WEB do IES do Castro. A continuación tedes o enlace directo:

BLOG ORIENTACIÓN NO CASTRO
EnlaceBlognaWEBInsti.jpg

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS (GRAOS) CON LÍMITE DE PRAZAS CURSO 2013/14 EN GALICIA

Na páxina WEB da CiUG acaban de publicarse as titulacións de grao universitario co número de prazas que ofertarán nas universidades galegas no próximo curso 2013/14.

No seguinte enlace podedes consultar ou descargar o documento informativo: TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EN GALICIA E NÚMERO DE PRAZAS 2013/14

Neste ano, tamén, todas as titulacións teñen límite de prazas polo que será necesario realizar o proceso de admisión.

OFERTA CICLOS FP CURSO 2013/14 EN GALICIA

OFERTA DE CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR PARA O CURSO 2013/14

No enlace seguinte do outro blog tes a información sobre a oferta dos ciclos formativos de grao medio e superior de fp para o curso 2013/14: OFERTA CICLOS FP 2013/14

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL CURSO 2013/14

ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO PARA ALUMNADO DE ENSINO OBRIGATORIO EN GALICIA PARA O CURSO 2013/14

No seguinte enlace están recollidos os aspectos fundamentais das axudas e o acceso a WEB da Consellería con toda a información e documentación das mesmas: AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2013/14

GRAOS E TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EN GALICIA

No seguinte enlace, podes buscar información concreta, e unificada, das titulacións e graos universitarios que actualmente se imparten en Galicia.
GRAOS E TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS DO S.U.G.