RESUMO DATAS, INSTRUCCIÓNS E CONSELLOS SELECTIVIDADE 2013

No seguinte enlace do outro blog de orientación podedes consultar ou descargar un documento co resumo das datas máis importantes da selectividade (PAU) de xuño 2013 e da solicitude de admisión e matrícula nos graos das universidades galegas. Tamén están recollidas as instrucións sobre a realización das probas e unha serie de consellos e recomendacións para a preparación e realización dos exames.

DOCUMENTO RESUMO DAS DATAS, INSTRUCIÓNS E CONSELLOS SELECTIVIDADE 2013

ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES – ADMISIÓN E PROBAS DE ACCESO CURSO 2013/14

No Diario Oficial de Galicia do 14 de maio de 2013 publicáronse as resolucións nas que se ditan as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás diversas ensinazas superiores artísticas no curso 2013/14 que podedes consultar de forma detallada no seguinte enlace:

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES - ACCESO E ADMISIÓN CURSO 2013/14

Na columna da esquerda deste blog tedes máis información sobre as diversas ensinanzas artísticas que se poden estudar en Galicia: ENSINANZAS ARTÍSTICAS.

MATRÍCULA PROBA ACCESO Á UNIVERSIDADE XUÑO 2013

MATRÍCULA ANTICIPADA E ORDINARIA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE – CONVOCATORIA XUÑO 2013

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Matrícula Anticipada e Ordinaria para a realización dos exercicios corespondentes á Proba de Acceso á Universidade, na convocatoria ordinaria de xuño 2013.

No seguinte enlace do outro blog tedes toda a información organizada: MATRICULA SELECTIVIDADE XUÑO 2013

CONVOCATORIA PRAZAS NAS RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS DA UNIVERSIDADE DE SANTIGO PARA O CURSO 2013/14

No seguinte enlace tedes o accesso Á información sobre a convocatoria para solicitar praza nas residencias universitarias de Santiago no curso 2013/14: RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS SANTIAGO 2013/14

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2012/13

A consellería de Educación convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato 2012/13.

No seguinte enlace tedes toda a información: requisitos, características, datas, realización da proba e xestión da solicitude: PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2012/13