FORMACIÓN PROFESIONAL

A Formación Profesional organízanse en ciclos formativos de Grao Medio e Superior de duración variable, en función da natureza da competencia profesional buscada en cada caso e da formación precisa para adquirila.

FORMACIÓN PROFESIONAL
Características xerais da formación profesional

COÑECE A FORMACIÓN PROFESIONAL
Neste enlace tes o acceso a nova páxina da FP da Consellería de Educación, na que atoparás información actualizada e resposta a diversas preguntas e dúbidas sobre esta modalidade de ensinanza.

DOCUMENTO INFORMATIVO FORMACIÓN PROFESIONAL
Aquí tes un tríptico en pdf da Consellería de Educaicón coa información esencial e resumida sobre os ciclos de FP.

OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR NO CURSO 2013/14

FOLLETOS INFORMATIVOS DOS CICLOS
Neste enlace da Consellería tedes a descripción da cada Familia Profesional con folletos informativos individualizados de todos os Ciclos Formativos de grao medio e superior explicando: o que se aprende a facer, onde se realiza o traballo, en que posto de traballo, os módulos (materias) que compoñen o ciclo e as horas que teñen, o título que se obtén unha vez superado o ciclo e a que estudos se pode acceder.

PLAN DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Este programa da DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN pretende e informar e axudar a elixir ao alumnado.

ACCESO A UNIVERSIDADE DESDE OS CICLOS
Desde os Ciclos Formativos de Grao Superior podes acceder directamente ás titulacións universitarias de GRAO sen necesidade de realizar a FASE XERAL da selectividade. Para determinados GRAOS nos que se requira unha nota de admisión máis alta será necesario que realices a FASE ESPECÍFICA das probas. Neste enlace terás a información específica sobre o acceso á universidade desde a FP de Grao Superior con explicacións sobre:
.- Nota de admisión.
.- Cálculo da nota media do ciclo formativo.
.- Procedemento para mellorar a nota de admisión.
.- Cálculo da nota de admisión.
.- Inscrición no procedemento.
.- Adxudicación de prazas.
.- Orde de prelación na adxudicación das prazas das ensinanzas universitarias de grao

CATÁLOGO DE VALIDACIÓNS DE CRÉDITOS E MATERIAS para os técnicos superiores de FP que accedan ás novas titulacións universitarias oficiais de grao (Actualizado o 09/09/13)