TITULACIÓNS PROPIAS GALICIA

TITULACIÓNS PROPIAS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

A Lei orgánica de universidades, no seu artigo 34.3, outórgalles ás universidades, no uso da súa autonomía, a posibilidade de ofrecer ensinanzas conducentes á obtención de diplomas ou títulos propios, así como ensinanzas de formación ao longo de toda a vida.

Estes títulos carecen dos efectos que as disposicións legais lles outorgan aos títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, pero tratan de responder a necesidade do mercado laboral de contar con profesionais máis específicos en determinadas ramas de coñecemento. Nalgúns casos estás titulacións propias están pendentes de seren autorizadas con carácter oficial en cursos posteriores.

As universidades galegas, ademais das titulacións oficiais, ofertaron para o curso 2011/12 catro títulacións propias:

UNIVERSIDADE DE VIGO:

.- Titulado Superior en Deseño Textil e Moda.
Estudos superiores en deseño textil e moda de Galiza

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

.- Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Saúde Pública.
Instituto de criminoloxía

.- Título Universitario de Xestión Hostaleira.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

.- Título Universitario en Arquitectura de Interiores.