Programas Cualificación Profesional

PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL (PCPI)
Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) terán como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.

Dirixiranse ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos.

Terán tres tipos de módulos:

- Específicos, que desenvolverán as competencias do perfil profesional.

- Formativos de carácter xeral, que posibilitarán o desenvolvemento das competencias básicas e favorecerán a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.

- Voluntarios, que conducirán á obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL (Información da Consellería de Educación)

FOLLETO INFORMATIVO DOS PCPIs

NORMATIVA DOS PCPI
(ORDE do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia - DOG do 21 de xullo de 2011)

OFERTA DE PCPIs CURSO 2013/14

PRAZO DE ADMISIÓN EN PCPIs CURSO 2013/14
O prazo de solicitude de praza en centros que ofertan PCPIs e presentación de documentación é: Do 2 ao 11 de setembro de 2013 ás 13:00h.

Para recibir máis información sobre estes programas, ás condicións de acceso, que tipo de módulos hai e onde se imparten en Vigo, diríxete ao Departamento de Orientación do instituto.