REMATA O CURSO... INFÓRMATE! 

Consultar a nota de Selectividade.

Estamos a piques a rematar o curso e moitos tendes que tomar unha decisión importante cara o voso futuro. Non deixedes de preguntar todo aquelo que pensedes que vos pode axudar para tomar esa decisión. O Departamento de Orientación, por medio do Orientador vaivos informar de xeito xeral, pero logo cada un de vós se tendes algunha dúbida debedes achegarvos ó Departamento de Orientación. Alí vanvos axudar. Tamén tes algúns sitios en INTERNET onde podes conseguir informacións.
- Toda información sobre estudios superiores (becas, ...)
- Buscar carreiras (por universidade, notas de corte,...)
KEKIERO e outro. Entra e verás.
- Poderás encontrar información sobre as probas de acceso a FP.
- Tamén sobre a nova SELECTIVIDADE.
- Se estás en 4º sobre a toma de decisións.
- Se estás en 3º debes coñecer as opcións de 4º.


[ añadir comentario ] ( 430 visualizaciones )
INFORMACIÓN RELEVANTE SOBRE O BACHARELATO 
Os Bacharelatos.
Facer un test para comprobar os meus intereses de estudios universitarios.
Decide o teu futuro. (Estudios, saídas, dificultade...).
Consultar titulacións nas Universidades galegas.
Todo sobre o acceso á universidade.
Todas as titulacións en España.

[ añadir comentario ] ( 192 visualizaciones )
OS BACHARELATOS 

As modalidades do bacharelato serán as seguintes:
Ciencias e Tecnoloxía
Humanidades e Ciencias Sociais .
Artes

O bacharelato organizarase en:
- materias comúns ,
- materias de modalidade e
- materias optativas .

Materias comúns :
- Ciencias para o mundo contemporáneo
- Educación física
- Filosofía e cidadanía
- Historia da filosofía
- Historia de España
- Lingua castelá e literatura
- Lingua Galega e literatura
- Lingua estranxeira.

Materias de modalidade :

1. As materias da modalidade de Artes son as seguintes:
a) Artes plásticas, imaxe e deseño
- Cultura audiovisual
- Debuxo artístico I e II
- Debuxo técnico I e II
- Deseño
- Historia da arte
- Técnicas de expresión grafico-plástica
- Volume

b) Artes escénicas, música e danza
- Análise musical I e II
- Anatomía aplicada
- Artes escénicas
- Cultura audiovisual
- Historia da música e de dánzaa
- Linguaxe e práctica musical
- Literatura universal

2. As materias da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía son as seguintes:
- Bioloxía
- Bioloxía e xeoloxía
- Ciencias da Terra e ambientais
- Debuxo técnico I e II
- Electrotecnia
- Física
- Física e química
- Matemáticas I e II
- Química
- Tecnoloxía industrial I e II

3. As materias da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais son as seguintes:
- Economía
- Economía da empresa
- Xeografía
- Grego I e II
- Historia da arte
- Historia do mundo contemporáneo
- Latín I e II
- Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I e II
- Literatura universal

Os alumnos/as cursarán un mínimo de seis materias de modalidade, das cales polo menos cinco deberán ser da modalidade elixida.

Materias optativas :
- Francés (2ª lingua)
- Tecnoloxías da Información e Comunicación.
- Música
- Métodos Estatísticos.
- Electrotecnia.
- Mecánica.

Promoción
Promocionarán ao segundo curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo.

Quen non promocionen deberán permanecer un ano máis no primeiro curso, pero os que aproben máis da metade das materias cursadas só terían que repetir as suspensas e, ao mesmo tempo, poderían estudar algunhas de segundo.

E os que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias, poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas.

No noso Instituto poderás cursar os dous primeiros coas súas diferentes modalidades.

[ añadir comentario ] ( 569 visualizaciones )

| 1 | 2 |