Blog de Orientación
IES Agra do Orzán
|
OS PROGRMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA
sábado, luns23 18mayo, maio20092009, 07:00 PM
CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIALlunes, luns18 18mayo, maio20092009, 01:10 PM PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL OBXECTIVOS: Os obxectivos dos programas de cualificación profesional inicial son os seguintes para que o alumnado: a) Consiga competencias profesionais propias dunha cualificación profesional de nivel 1 da estrutura do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, creado por medio da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional. b) Teña a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria. c) Amplíe as súas competencias básicas para proseguir estudos nas diferentes ensinanzas por medioda superación da proba de acceso a ciclos de grao medio, ou coa obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, para o alumnado que curse os módulos conducentes á súa obtención. DESTINATARIOS 1. Poderá acceder a programas de cualificación profesional inicial: a) Alumnado escolarizado con dificultades de aprendizaxe que acepte o marco escolar e valore continuar a súa formación nun ámbito profesionalizador, ou ben que se atope en grave risco de abandono escolar. b) Alumnado desescolarizado por abandono do sistema educativo ou por proceder doutros países, que desexe acceder ao mercado laboral coa acreditación dunha cualificación profesional básica. c) Alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade ou trastornos graves de conduta que teñan cursada a escolarización básica en centros ordinarios ou en centros de educación especial, co fin de facilitar a súa inserción laboral. Os departamentos de orientación de cada centro informarán as persoas interesadas en cursar un programa de cualificación profesional inicial sobre a conveniencia da súa incorporación a estes. REQUISITOS DE ACCESO: 1. Poderá cursar programas de cualificación profesional inicial o alumnado que teña entre dezaseis dezanove anos cumpridos dentro do ano de inicio do programa, que non obtivera o título graduado en educación secundaria obrigatoria e non tivera cursado con anterioridade outro programa de cualificación profesional inicial. 2. Excepcionalmente, o límite inferior de idade poderá reducirse a quince anos para o alumnado tivera cursado segundo curso de ensinanza secundaria obrigatoria, que non estea en condicións pasar a terceiro e que xa repetira unha vez na etapa. 3. Non será de aplicación o límite superior de idade nin o requisito de non terse matriculado anterioridade noutro programa de cualificación profesional inicial nos seguintes casos: a) Ofertas específicas de programas de cualificación profesional inicial para o alumnado con necesidades educativas especiais destinadas a facilitar a integración social e laboral deste alumnado Procedemento de incorporación para o alumnado en idade de escolarización obrigatoria. 1. Para determinar a incorporación dun alumno ou dunha alumna a un programa de cualificación profesional inicial en idade de escolarización obrigatoria seguirase o proceso seguinte: a) Elaboración polo titor ou a titora dun informe individualizado que conteña a proposta razoada do equipo do profesorado do grupo ao que pertence o alumno ou a alumna, que será remitido ao departamento de orientación. Nel farase constar: - A competencia curricular do alumno ou da alumna en cada materia. - As dificultades de aprendizaxe presentadas. - As medidas de atención á diversidade aplicadas. - Os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou a alumna se integren nun programa de cualificación profesional inicial. b) Realización por parte da xefatura do departamento de orientación dun informe no que se inclúan as conclusións da avaliación psicopedagóxica. Para a incorporación ao programa, será imprescindible a conformidade por escrito do alumno ou da alumna, a do seu pai e a da súa nai, ou a de quen teña asignada a súa representación legal, así como o compromiso, tamén por escrito, de cursar os módulos conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para os alumnos que se incorporen con 15 anos Cumprirá incorporar ao informe o referido documento de conformidade e de compromiso. c) Realización da proposta de incorporación ao programa por parte da dirección do centro á vista dos informes anteriores, que será remitida ao servizo provincial de inspección educativa. d) Corresponderalle ao servizo provincial de inspección educativa, unha vez valorada a documentación anterior, a resolución sobre a autorización da proposta de incorporación ao programa, que se deberá remitir ao centro educativo antes do 12 de setembro. e) O centro remitiralles unha comunicación aos pais, ou a quen teña asignada a representación legal do alumno ou da alumna, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, na que se indicará a concesión ou denegación da autorización. 2. A autorización para permitir a matrícula nun programa de cualificación profesional inicial, que quedará condicionada á existencia de prazas vacantes e, de ser o caso, ao establecido na disposición adicional segunda da presente orde. Tipos de módulos. 1. Os programas de cualificación profesional inicial terán unha estrutura modular e incluirán os seguintes tipos de módulos: a) Específicos. b) Formativos de carácter xeral. c) Conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Os módulos específicos e os de carácter xeral constitúen os módulos obrigatorios, que deberá cursar a totalidade do alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial Os módulos conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria teñen o carácter de voluntarios, e serán cursados polo alumnado que desexe obter este título. O alumnado incorporado a un programa de cualificación profesional inicial en idade de escolarización obrigatoria deberá comprometerse a cursalos. Módulos específicos. Os módulos específicos desenvolverán as competencias do perfil profesional e incluirán, como mínimo, unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Todos os programas de cualificación profesional inicial han contar cunha fase de prácticas en centros de traballo, respectando as esixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais e Formación Profesional. Con tal fin, incluirán un módulo específico de formación en centros de traballo que, con carácter xeral, se desenvolverá durante o terceiro trimestre do curso académico e ao que só poderá acceder o alumnado que teña superados os restantes módulos obrigatorios. 3. Os currículos dos módulos específicos dos respectivos perfís profesionais que se establezan desenvolveranse por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e deberán indicar: a) Identificación do perfil profesional. b) Competencia xeral. c) Competencias profesionais, persoais e sociais. d) Cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións profesionais incluídas. e) Contorno profesional. f) Resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación, contidos, orientacións pedagóxicas e carga horaria para cada un dos módulos específicos. g) Espazos e equipamento. h) Atribución docente e perfil das persoas formadoras. A carga horaria prevista para a totalidade dos módulos específicos, incluído o de formación en centros de traballo, será de 580 horas, cunha distribución semanal de dezaoito sesións lectivas durante o período de formación no centro educativo. Módulos formativos de carácter xeral. Os módulos formativos de carácter xeral teñen por obxecto contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas e favorecer a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral. Son os seguintes: a) Módulo de competencia comunicativa e dixital: contribúe a desenvolver o hábito de lectura e a comprensión e expresión oral e escrita nas linguas galega e castelá, así como as capacidades de procura e tratamento da información, mediante o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Este módulo terá unha carga lectiva de catro sesións semanais. b) Módulo de sociedade e cidadanía: contribúe ao coñecemento do mundo actual, da sociedade e da súa organización, así como dos dereitos e dos deberes da cidadanía. A carga lectiva para este módulo será de tres sesións semanais. c) Módulo científico-matemático: contribúe á interpretación da realidade mediante a identificación e a resolución de problemas habituais na interacción co contorno. Este módulo terá unha carga lectiva de catro sesións semanais. d) Módulo de iniciativa persoal e relacións laborais: contribúe ao desenvolvemento da autonomía persoal, o coñecemento dos dereitos e as obrigas das relacións laborais, a hixiene e a prevención de riscos, así como ao fomento do espírito emprendedor e da necesidade de aprender ao longo da vida. A carga lectiva para este módulo será de dúas sesións semanais. Módulos formativos conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. 1. Os módulos conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria organizaranse en tres ámbitos de coñecemento: de comunicación, social e científico-tecnolóxico. O ámbito de comunicación incluirá os aspectos básicos do currículo das materias de lingua galega e literatura, de lingua castelá e literatura, e de primeira lingua estranxeira. O ámbito social incluirá os referidos ás materias de ciencias sociais, xeografía e historia, e de educación para a cidadanía, así como os aspectos de percepción recollidos no currículo de educación plástica e visual, e no de música. O ámbito científico-tecnolóxico incluirá aqueles referidos ás materias de ciencias da natureza, de matemáticas, e de tecnoloxía, así como aos aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de educación física. 2. O currículo destes módulos será o establecido para o nivel II da educación secundaria para persoas adultas, desenvolvido en aplicación do establecido na disposición adicional primeira do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 3. Estes módulos deberanse cursar nos centros que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determine, que deberán ter autorizada a impartición das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria en réxime ordinario ou de persoas adultas. Modalidades de impartición. Os programas de cualificación profesional inicial poderán cursarse a través dalgunha das seguintes modalidades: a) Modalidade A, en que todos os módulos obrigatorios se imparten nun mesmo centro educativo, agás o de formación en centros de traballo. b) Modalidade B, en que os módulos específicos se imparten nun centro educativo, agás o de formación en centros de traballo, e os módulos formativos de carácter xeral se imparten noutro. c) Modalidade C, en que poderán participar as corporacións locais, as asociacións profesionais, as asociacións non gobernamentais e outras entidades empresariais e sindicais, baixo a coordinación e previa autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Atendendo ao lugar de impartición dos módulos obrigatorios, a oferta de programas baixo a modalidade C aterase a algunha das seguintes opcións: - Programas mixtos, en que os módulos formativos de carácter xeral se imparten en centros educativos e os módulos específicos fóra deles. - Programas externos, en que todos os módulos obrigatorios se imparten fóra dos centros educativos. Duración e carga horaria Os programas de cualificación profesional inicial terán unha duración de dous cursos académicos. Os módulos obrigatorios serán cursados no primeiro curso do programa, que terá unha duración de 900 horas, das que 160 estarán destinadas á realización do módulo específico de formación en centros de traballo. O horario semanal será de 32 períodos lectivos, quedará exceptuado o período no que se curse o módulo de formación en centros de traballo, no que se aterá ao horario laboral establecido no convenio colectivo ou na normativa laboral aplicable á empresa en que se realice. Reservarase un período lectivo semanal para actividades de titoría e orientación do alumnado. Os módulos voluntarios serán cursados no segundo ano e respectarán a carga horaria prevista para os módulos de nivel II da educación secundaria para persoas adultas +- OS PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR EN GALICIA
sábado, luns23 18mayo, maio20092009, 06:58 PM
DIVERSIFICACIÓN CURRICULAROrde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulanos programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria .-Destinatarios Poderán incorporarse aos programas de diversificación curricular as alumnas e os alumnos que cumpran as condicións indicadas no artigo cuarto desta orde e nos cales concorran as seguintes circunstancias: a)Ter dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, ter sido obxecto doutras medidas de atención á diversidade,sen que estas resultasen insuficientes para a recuperación das dificultades de aprendizaxe detectadas e atoparse nunha situación de risco evidente de non alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa cursando o currículo ordinario. b)Existir expectativas razoables de que coa incorporación ao programa poderán alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa e, en consecuencia,obter o título de graduado en educación secundaria. Condicións de acceso: Poderán incorporarse a estes programas as alumnas e os alumnos que se atopen nalgunha das seguintes situacións: a) Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria, non estar en condicións de promocionar ao curso seguinte e que repetisen xa unha vez na etapa. b) Tras cursar o terceiro curso, non estar en condicións de promocionar. c) Tras repetir o terceiro curso, non superalo. d) Ter cursado o cuarto curso da educación secundaria obrigatoria sen superalo e ter repetido xa unha vez na etapa. Duración dos programas. Con carácter xeral, a duración dos programas de diversificación curricular será de dous anos. Non obstante, poderán establecerse programas dun ano de duración para aquelas alumnas e alumnos que cursasen o cuarto curso de educación secundaria obrigatoria sen acadar o título, ou que, tras repetir terceiro,non acadasen os obxectivos e, en ambos os casos, para os que se considere adecuada a súa incorporación ao programa. -Agrupamentos. 1. Os alumnos e alumnas que sigan un programa de diversificación curricular terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán determinadas materias do currículo común. 2. Para a impartición dos ámbitos e materias específicas destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnas e alumnos e non serán, con carácter xeral, menos de cinco. Estrutura dos programas. 1. O currículo dos programas de diversificación deberá incluír na súa estrutura os seguintes ámbitos e materias: a)Un ámbito específico de carácter lingüístico social,que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, lingua galega e literatura e lingua castelá e literatura. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa. b)Un ámbito científico-técnico, que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de matemáticas, bioloxía e xeoloxía e física e química. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa. c) As materias do terceiro curso: lingua estranxeira, educación plástica e visual e educación física. d) As materias do cuarto curso: lingua estranxeira, música e educación física. e) A materia de tecnoloxías, con carácter eminentemente práctico, que incluirá os contidos básicos correspondentes ás materias de tecnoloxías do terceiro curso e de tecnoloxía do cuarto. f) Unha materia optativa elixida entre aquelas que oferte o centro para os cursos terceiro e cuarto. g) A materia de relixión, nas condicións establecidas para todo o alumnado. 2. As materias de música, educación plástica e visual, educación física e relixión, así como a optativa, serán cursadas co grupo de referencia. Distribución horaria semanal dos programas. O horario lectivo semanal das alumnas e alumnos que seguen un programa de diversificación curricular será de trinta e dúas horas distribuídas segundo o cadro que segue: 3º curso Materia: Sesións. Ámbito lingüístico-social: 9 Ámbito científico-técnico 9 Lingua estranxeira: 3 Educación plástica e visual 2 Tecnoloxías 3 Materia optativa: 2 Educación física 2 Relixión: 1 Titoría: 1 4º Curso Materia: Sesións Ámbito lingüístico-social: 8 Ámbito científico-técnico: 8 Lingua estranxeira: 3 Música: 3 Tecnoloxías: 3 Materia optativa: 3 Educación física: 2 Relixión: 1 Titoría: 1 Procedemento para a proposta de incorporación do alumnado ao programa. 1. Para determinar a incorporación dun alumno ou alumna a un programa de diversificación curricular,seguirase o proceso seguinte: a) Proposta razoada do equipo de profesores do grupo ao que pertence o alumno ou alumna, expresada mediante un informe individualizado, elaborado pola persoa titora, que será remitido ao departamento de orientación e no cal se fará constar: -A competencia curricular do alumno ou alumna en cada materia. -As dificultades de aprendizaxe presentadas. -As medidas de atención á diversidade aplicadas. -Os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno se integre nun programa de diversificación curricular. b) A xefatura do departamento de orientación procederá a realizar un informe en que se incluirán as conclusións da avaliación psicopedagóxica, o resultado da reunión da persoa titora ou orientadora co alumno ou alumna, cos pais e nais ou representantes legais, para formularlles a conveniencia da súa incorporación a un programa de diversificación curricular. Deixarase constancia escrita da opinión dos pais ou representantes legais. c) Posteriormente unha comisión formada polo xefe de estudos, a xefatura do departamento de orientación e a persoa titora da alumna ou alumno valorará os informes emitidos e as opinións da alumna ou alumno e dos seus pais ou representantes legais e tomará a decisión que coide conveniente sobre a incorporación ao programa de diversificación curricular e envialo a Inspección Educativa para a súa autorización. O procedemento deberá estar rematado antes do 5 de setembro. Autorización. O servizo provincial de Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para desenvolver os programas de diversificación curricular que cumpran cos requisitos establecidos e que será comunicada aos centros antes do comezo do curso. Titoría. 1. Cada grupo de diversificación curricular terá unha persoa titora que se coordinará co titor ou titora do grupo de referencia, así como co resto do profesorado que imparta docencia ao alumnado do programa de diversificación curricular. 2. Estará designada pola dirección, preferentemente entre as persoas que impartan algún dos ámbitos específicos dos programas coa finalidade de facilitar un mellor seguimento da dinámica do grupo. 3. A persoa titora de cada grupo de diversificación curricular terá como función a orientación do seu alumnado, a súa atención personalizada e a coordinación do equipo docente en todas as actividades de planificación, desenvolvemento e avaliación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, así como as tarefas de mediación entre alumnado, profesorado e familias. 4. A persoa titora exercerá como tal, preferentemente, durante os dous anos da duración do programa. Profesorado. Cada ámbito específico será impartido por un único profesor ou profesora pertencente a un dos departamentos didácticos a que corresponda a atribución docente das materias que forman parte do ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro. Metodoloxía: Os programas de diversificación curricular, como medida excepcional de atención á diversidade, deben recoller un tratamento distinto dos contidos que integran,de forma xeral, o currículo. Como criterio básico estará a determinación dos contidos nucleares ou fundamentais do currículo, aqueles que resultan imprescindibles para aprendizaxes posteriores e que contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas. Na súa estrutura, que supera a presentación disciplinar, procurarase a integración das distintas materias arredor de unidades ou bloques, cunha dimensión globalizadora ou interdisciplinar. O referente serán os obxectivos xerais da etapa e as competencias básicas. Fomentarase a participación activa do alumnado, tanto de xeito individual como no traballo en grupo. Incidirase na procura de que o alumnado sexa capaz de aprender a aprender e de aumentar o grao de autonomía persoal. Avaliación. 1. Os referentes fundamentais para avaliar as aprendizaxes do alumnado que curse un programa de diversificación curricular serán as competencias básicas e os obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación específicos establecidos para cada ámbito do programa e para as materias que curse cada alumna ou alumno. 2. O alumnado que curse o programa de diversificación curricular acadará o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Non obstante, poderán obter o título aqueles que, tendo superados os ámbitos, teñan avaliación negativa nunha ou dúas materias, e de maneira excepcional en tres, sempre que a xuízo do equipo docente alcanzase ao finalizar o programa as competencias básicas e os obxectivos da etapa. 3. O alumnado que, ao rematar o programa, non estea en condicións de obter o título de graduado en educación secundaria e cumpra os requisitos de idade establecidos, poderá permanecer un ano máis no programa. 4. O alumnado que acceda a un programa de diversificación curricular sen acadar os obxectivos dalgunha materia dos cursos anteriores, realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalos ao longo do desenvolvemento do programa, sendo a avaliación competencia do profesorado que imparte clase nel, coa colaboración dos departamentos implicados. DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR
martes, luns19 18mayo, maio20092009, 10:56 AM - ESO
DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulanos programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria .-Destinatarios Poderán incorporarse aos programas de diversificación curricular as alumnas e os alumnos que cumpran as condicións indicadas no artigo cuarto desta orde e nos cales concorran as seguintes circunstancias: a)Ter dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, ter sido obxecto doutras medidas de atención á diversidade,sen que estas resultasen insuficientes para a recuperación das dificultades de aprendizaxe detectadas e atoparse nunha situación de risco evidente de non alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa cursando o currículo ordinario. b)Existir expectativas razoables de que coa incorporación ao programa poderán alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa e, en consecuencia,obter o título de graduado en educación secundaria. Condicións de acceso: Poderán incorporarse a estes programas as alumnas e os alumnos que se atopen nalgunha das seguintes situacións: a) Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria, non estar en condicións de promocionar ao curso seguinte e que repetisen xa unha vez na etapa. b) Tras cursar o terceiro curso, non estar en condicións de promocionar. c) Tras repetir o terceiro curso, non superalo. d) Ter cursado o cuarto curso da educación secundaria obrigatoria sen superalo e ter repetido xa unha vez na etapa. Duración dos programas. Con carácter xeral, a duración dos programas de diversificación curricular será de dous anos. Non obstante, poderán establecerse programas dun ano de duración para aquelas alumnas e alumnos que cursasen o cuarto curso de educación secundaria obrigatoria sen acadar o título, ou que, tras repetir terceiro,non acadasen os obxectivos e, en ambos os casos, para os que se considere adecuada a súa incorporación ao programa. -Agrupamentos. 1. Os alumnos e alumnas que sigan un programa de diversificación curricular terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán determinadas materias do currículo común. 2. Para a impartición dos ámbitos e materias específicas destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnas e alumnos e non serán, con carácter xeral, menos de cinco. Estrutura dos programas. 1. O currículo dos programas de diversificación deberá incluír na súa estrutura os seguintes ámbitos e materias: a)Un ámbito específico de carácter lingüístico social,que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, lingua galega e literatura e lingua castelá e literatura. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa. b)Un ámbito científico-técnico, que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de matemáticas, bioloxía e xeoloxía e física e química. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa. c) As materias do terceiro curso: lingua estranxeira, educación plástica e visual e educación física. d) As materias do cuarto curso: lingua estranxeira, música e educación física. e) A materia de tecnoloxías, con carácter eminentemente práctico, que incluirá os contidos básicos correspondentes ás materias de tecnoloxías do terceiro curso e de tecnoloxía do cuarto. f) Unha materia optativa elixida entre aquelas que oferte o centro para os cursos terceiro e cuarto. g) A materia de relixión, nas condicións establecidas para todo o alumnado. 2. As materias de música, educación plástica e visual, educación física e relixión, así como a optativa, serán cursadas co grupo de referencia. Distribución horaria semanal dos programas. O horario lectivo semanal das alumnas e alumnos que seguen un programa de diversificación curricular será de trinta e dúas horas distribuídas segundo o cadro que segue: 3º curso Materia: Sesións. Ámbito lingüístico-social: 9 Ámbito científico-técnico 9 Lingua estranxeira: 3 Educación plástica e visual 2 Tecnoloxías 3 Materia optativa: 2 Educación física 2 Relixión: 1 Titoría: 1 4º Curso Materia: Sesións Ámbito lingüístico-social: 8 Ámbito científico-técnico: 8 Lingua estranxeira: 3 Música: 3 Tecnoloxías: 3 Materia optativa: 3 Educación física: 2 Relixión: 1 Titoría: 1 Procedemento para a proposta de incorporación do alumnado ao programa. 1. Para determinar a incorporación dun alumno ou alumna a un programa de diversificación curricular,seguirase o proceso seguinte: a) Proposta razoada do equipo de profesores do grupo ao que pertence o alumno ou alumna, expresada mediante un informe individualizado, elaborado pola persoa titora, que será remitido ao departamento de orientación e no cal se fará constar: -A competencia curricular do alumno ou alumna en cada materia. -As dificultades de aprendizaxe presentadas. -As medidas de atención á diversidade aplicadas. -Os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno se integre nun programa de diversificación curricular. b) A xefatura do departamento de orientación procederá a realizar un informe en que se incluirán as conclusións da avaliación psicopedagóxica, o resultado da reunión da persoa titora ou orientadora co alumno ou alumna, cos pais e nais ou representantes legais, para formularlles a conveniencia da súa incorporación a un programa de diversificación curricular. Deixarase constancia escrita da opinión dos pais ou representantes legais. c) Posteriormente unha comisión formada polo xefe de estudos, a xefatura do departamento de orientación e a persoa titora da alumna ou alumno valorará os informes emitidos e as opinións da alumna ou alumno e dos seus pais ou representantes legais e tomará a decisión que coide conveniente sobre a incorporación ao programa de diversificación curricular e envialo a Inspección Educativa para a súa autorización. O procedemento deberá estar rematado antes do 5 de setembro. Autorización. O servizo provincial de Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para desenvolver os programas de diversificación curricular que cumpran cos requisitos establecidos e que será comunicada aos centros antes do comezo do curso. Titoría. 1. Cada grupo de diversificación curricular terá unha persoa titora que se coordinará co titor ou titora do grupo de referencia, así como co resto do profesorado que imparta docencia ao alumnado do programa de diversificación curricular. 2. Estará designada pola dirección, preferentemente entre as persoas que impartan algún dos ámbitos específicos dos programas coa finalidade de facilitar un mellor seguimento da dinámica do grupo. 3. A persoa titora de cada grupo de diversificación curricular terá como función a orientación do seu alumnado, a súa atención personalizada e a coordinación do equipo docente en todas as actividades de planificación, desenvolvemento e avaliación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, así como as tarefas de mediación entre alumnado, profesorado e familias. 4. A persoa titora exercerá como tal, preferentemente, durante os dous anos da duración do programa. Profesorado. Cada ámbito específico será impartido por un único profesor ou profesora pertencente a un dos departamentos didácticos a que corresponda a atribución docente das materias que forman parte do ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro. Metodoloxía: Os programas de diversificación curricular, como medida excepcional de atención á diversidade, deben recoller un tratamento distinto dos contidos que integran,de forma xeral, o currículo. Como criterio básico estará a determinación dos contidos nucleares ou fundamentais do currículo, aqueles que resultan imprescindibles para aprendizaxes posteriores e que contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas. Na súa estrutura, que supera a presentación disciplinar, procurarase a integración das distintas materias arredor de unidades ou bloques, cunha dimensión globalizadora ou interdisciplinar. O referente serán os obxectivos xerais da etapa e as competencias básicas. Fomentarase a participación activa do alumnado, tanto de xeito individual como no traballo en grupo. Incidirase na procura de que o alumnado sexa capaz de aprender a aprender e de aumentar o grao de autonomía persoal. Avaliación. 1. Os referentes fundamentais para avaliar as aprendizaxes do alumnado que curse un programa de diversificación curricular serán as competencias básicas e os obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación específicos establecidos para cada ámbito do programa e para as materias que curse cada alumna ou alumno. 2. O alumnado que curse o programa de diversificación curricular acadará o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Non obstante, poderán obter o título aqueles que, tendo superados os ámbitos, teñan avaliación negativa nunha ou dúas materias, e de maneira excepcional en tres, sempre que a xuízo do equipo docente alcanzase ao finalizar o programa as competencias básicas e os obxectivos da etapa. 3. O alumnado que, ao rematar o programa, non estea en condicións de obter o título de graduado en educación secundaria e cumpra os requisitos de idade establecidos, poderá permanecer un ano máis no programa. 4. O alumnado que acceda a un programa de diversificación curricular sen acadar os obxectivos dalgunha materia dos cursos anteriores, realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalos ao longo do desenvolvemento do programa, sendo a avaliación competencia do profesorado que imparte clase nel, coa colaboración dos departamentos implicados. CADERNO DE ORIENTACIÓN DE ALUMNOS DE 2º CURSO BACH.
lunes, luns18 18mayo, maio20092009, 01:18 PM
I.E.S” AGRA DO ORZÁN”DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Dende o Departamento de orientación queremos facilitar ao alumnado de 2º curso de bacharelato a información necesaria para que poda levar a cabo un proceso de análise para unha posterior toma de decisións respecto as distintas posibilidades e saídas que o tiítulo de bacharelato facilita, sendo unha delas a de acceder aos estudios universitarios que requiren superar as probas acceso a universidade .. No documento que adxuntamos aparecen recollidas diferentes informacións que están colgadas na páxina web da CIUG-Comisión Inrteruniversitaria de Galicia-. Os alumnos e alumnas que dispoñan de acceso a internet poden tamén consulta-la guía do presente curso 2008, que recolle unha ampla información de todo o proceso .Esta guía entrégase co sobre de matrícula para as probas de acceso a universidade Facemos esta primeira entrega ao alumnado de 2º de bacharelato para que se informen axeitadamente e reflexionen sobre o proceso a seguir para superar as PAAU Calqueira alumno /a que teña dúbidas sobre o proceso de acceso ao sistema universitario pode facer consultas no Departamento de Orientación. Elixir uns estudos, unha profesión, é un proceso de toma de decisións. Ao longo da nosa vida vánsenos presentando diversas opcións entre as que temos que elixir a que é máis idónea para cada un de nós. O camiño que che propomos seguir ata que chegues á elección de carreiras ou profesións, é o seguinte: * Coñécete a ti mesmo * Coñece as alternativas que tes * Toma de decisións I.- CONÉCETE A TI MESMO Xa dicían os gregos ? Coñécete a ti mesmo? como tarefa para toda a vida. Segue tendo vixencia a devandita máxima. Xa que logo, todos os medios que teñas para ter un coñecemento máis axustado de ti mesmo benvido sexa. Suxerímosche unha serie de campos para que profundes no autocoñecemento. Hai unha serie de ASPECTOS PERSOAIS, que dependen dun mesmo. Reflexionando sobre todos eles aprenderás a coñecerte AS TÚAS CAPACIDADES OU APTITUDES - Que sabes facer ben? - Que es capaz de facer? - En que destacas e tes facilidade de facer? - Que materias ou materias che se dan mellor ? A TÚA PERSONALIDADE - Como es? - Como te comportas? - Como te ven os demais? - Que te diferencia dos demais? OS TEUS VALORES - Que é importante para ti? - Que pretendes conseguir? - Que aspectos te moven a actuar? - Cales son as razóns últimas das túas decisións? OS TEUS INTERESES PROFESIONAIS - Que che gusta facer? - En que che gustaría traballar? - Que tipo de profesional che gustaría ser? - Cales son as túas preferencias profesionais? - Que tes ganas de facer no teu tempo libre? II.- COÑECE AS ALTERNATIVAS QUE TES AO TERMINAR BACHARELATO Ao terminar o 2º curso de Bacharelato tes as seguintes posibilidades: A) Estudar unha Carreira Universitaria Os estudos universitarios, actualmente, estrutúranse en tres ciclos aos que corresponden as titulacións seguintes: Primeiro ciclo (Diplomado, Arquitecto técnico ou Enxeñeiro técnico).Teñen unha duración de tres anos. Segundo ciclo (Licenciado, Arquitecto ou Enxeñeiro). Dous anos despois do Primeiro Ciclo. Terceiro ciclo (Doutor) . Pódese cursar en dous anos máis a tese doutoral. A aplicación da LRU (Lei de Reforma Universitaria), introduciu novidades importantes na formación universitaria, por exemplo: - O aumento das titulacións universitarias a fin de adaptarse á realidade social e profesional actual e ás necesidades do mercado de traballo. - Os novos plans de estudo co acortamiento dalgunhas carreiras, para formar profesionais en menos tempo e en campos máis específicos e prácticos. - A incorporación do sistema de créditos, que flexibiliza a selección de materias e facilita ao alumnado o deseño dun itinerario académico propio. - A posibilidade, para cada universidade, de ofrecer títulos propios, aínda que sen a homologación estatal. Estrutura dos ensinos universitarios oficiais na nova ordenación do sistema universitario regulado polo Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro Estrutura xeral Os ensinos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional estruturaranse en tres ciclos, denominados respectivamente Grao, Máster e Doutoramento, de acordo co establecido no artigo 37 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na súa nova redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior e neste real decreto. a) Ensinos de Grao 1. Os ensinos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do estudante dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional. 2. A superación dos ensinos previstos no apartado anterior dará dereito á obtención do título de Graduado ou Graduada, coa denominación específica que, en cada caso, figure no RUCT. 3. A denominación dos títulos de Graduado será: Graduado ou Graduada en T pola Universidade Ou, sendo T o nome do Título e Ou a denominación da Universidade que expide o título. No Suplemento Europeo ao Título, de acordo coas normas que o regulen, farase referencia á rama de coñecemento na que se incardine o título. En todo caso, as Administracións Públicas velarán por que a denominación do título sexa acorde co seu contido, e no seu caso, coa normativa específica de aplicación, coherente coa súa disciplina e non conduza a erro sobre o seu nivel ou efectos académicos nin a confusión sobre o seu contido e, no seu caso, efectos profesionais. Ensinos de Máster b) Os ensinos de Máster Teñen como finalidade a adquisición polo estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, orientada á especialización académica ou profesional, ou ben a promover a iniciación en tarefas investigadoras. 2. A superación dos ensinos previstos no apartado anterior dará dereito á obtención do título de Máster Universitario, coa denominación específica que figure no RUCT. 3. A denominación dos títulos de Máster será: Máster Universitario en T pola Universidade Ou, sendo T o nome do Título e Ou a denominación da Universidade que expide o título. En todo caso, as Administracións Públicas velarán por que a denominación do título sexa acorde co seu contido e no seu caso, coa normativa específica de aplicación, e non conduza a erro sobre o seu nivel ou efectos académicos nin a confusión sobre o seu contido e, no seu caso, efectos profesionais. C ) Ensinos de Doutoramento Os ensinos de Doutoramento teñen como finalidade a formación avanzada do estudante nas técnicas de investigación, poderán incorporar cursos, seminarios ou outras actividades orientadas á formación investigadora e incluirá a elaboración e presentación da correspondente tese doutoral, consistente nun traballo orixinal de investigación. A superación dos ensinos previstos no apartado anterior dará dereito á obtención do título de Doutor ou Doutora, coa denominación que figure no RUCT.( Rexistro de Universidades, Centros e Títulos) A denominación dos títulos de Doutor será: Doutor ou Doutora pola Universidade Ou, sendo Ou a denominación da Universidade que expide o título. Así mesmo, de acordo co que estableza a normativa sobre expedición de títulos, incluirase información que especifique a disciplina na que se elaborou a Tese Doctoral. Disposición adicional primeira. Implantación dos novos ensinos. 1. A implantación polas universidades dos plans de estudos conducentes á obtención dos títulos previstos por este real decreto, poderá realizarse de xeito simultáneo, para un ou varios cursos, ou progresiva, de acordo coa temporalidade prevista no correspondente plan de estudos. 2. No curso académico 2010-2011 non poderán ofertarse prazas de novo ingreso en primeiro curso para as actuais titulacións de Licenciado, Diplomado, Arquitecto, Enxeñeiro, Arquitecto Técnico e Enxeñeiro Técnico. Disposición adicional segunda. Incorporación aos novos ensinos. Os alumnos que comecen estudos conforme a anteriores ordenacións universitarias poderán acceder aos ensinos regulados neste real decreto, previa admisión da Universidade correspondente de acordo co establecido neste real decreto e na normativa da propia universidade. O ACCESO A UNIVERSIDADE A proba de acceso á universidade para o alumnado que siga as ensinanzas de Bacharelato valorará con carácter obxectivo, xunto coas cualificacións obtidas no bacharelato, a madurez académica do alumnado e os coñecementos adquiridos nas ensinanzas desta etapa. Realizarase en chamamento único por convocatoria, calquera que sexa a modalidade cursada, versará sobre os contidos das materias do segundo curso do bacharelato. - Poderá participar na proba de acceso á universidade o alumnado que estea en posesión do título de Bacharelato, establecido na Lei Orgánica 1/1990, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, así como o alumnado que teña superado en anos académicos anteriores o Curso de Orientación Universitaria. As PAAU consta de dúas partes: Primeira parte da proba A primeira parte da proba, de carácter xeral, versa sobre as materias comúns do segundo curso do Bacharelato.O seu obxectivo é apreciar a formación xeral do alumnado e estará concibida para avaliar destrezas académicas básicas, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe e as capacidades para analizar, relacionar e sintetizar, expresar ideas e, así mesmo, o coñecemento dunha lingua estranxeira. Esta primeira parte da proba constará de catro exercicios dunha hora e media de duración: a) Composición dun texto de carácter histórico ou filosófico: Composición dun texto sobre un tema ou cuestión de carácter histórico ou filosófico a partir de diversas fontes documentais incluídas na proposta de exame.A composición deberá integrar os coñecementos do alumnado e a información facilitada. Nesta proposta ofertaránselle ao alumnado dúas probas de entre as cales elixirá unha. A devandita elección farase polo alumnado no impreso de matrícula para as PAAU, que se deberá entregar nos centros de Bacharelato. b) Análise dun texto en idioma estranxeiro, da linguaxe común, non especializada: A partir do texto proposto o estudante realizará un comentario persoal e responderá cuestións relacionadas co texto, que serán formuladas e respondidas por escrito no mesmo idioma, sen axuda de dicionario nin de ningún outro material didáctico. Nesta proposta ofertaránselle ao alumnado dúas probas de entre as cales elixirá unha. A proba constará de dúas partes, unha proba escrita e unha proba de audición.A proba de audición soamente se terá en conta a efectos de mellora da cualificación. c) Análise e comprensión dun texto de lingua castelá e literatura: A proposta, que consistirá en dúas probas das cales o alumnadoelixirá unha, constará de tres partes, nas que se medirá: a capacidade de análise e síntese do contido do texto mediante a elaboración dun resumo e/ou esquema; o comentario crítico sobre o contido do texto e as respostas a un cuestionario de lingua castelá e literatura relacionadas co texto. d) Análise e comprensión dun texto de lingua galega e literatura: A proposta, que consistirá en dúas probas das cales o alumnado elixirá unha, constará de tres partes, nas que se medirá: a capacidade de análise e síntese do contido do texto mediante a elaboración dun resumo e/ou esquema; o comentario crítico sobre o contido do texto e as respostas a un cuestionario de lingua galega e literatura relacionadas co texto. O alumnado que teña exención en lingua galega nalgún dos dous cursos do Bacharelato non terá que facer este exercicio. Tamén terá dereito de exención de Lingua Galega nas PAAU o alumnado que non cursase en Galicia algún dos dous cursos do Bacharelato. Segunda parte da proba A segunda parte da proba, de carácter específico, versa sobre tres materias propias de modalidade do segundo curso. Entre elas, necesariamente incluiranse as dúas materias vinculadas a cada vía de acceso; a terceira elixiraa libremente o estudante entre as materias propias de modalidade cursadas. Esta segunda parte da proba apreciará a formación especializada do alumnado e estará concibida para avaliar destrezas básicas da especialidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe específica e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar. Respecto a estas materias, o alumnado necesariamente se debera examinar das seguintes disciplinas vinculadas ás vías de acceso que se sinalan: Vía Científico - Tecnolóxica: Matemáticas e Física. Vía Ciencias da Saúde: Bioloxía e Química. Vía Humanidades: Latín e Historia da Arte. Vía Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociais e Xeografía. Vía Artes: Debuxo Artístico e Historia da Arte. En cada unha destas materias ofertaránselle ao alumnado dúas opcións de entre as cales elixirá unha ou un único exame con diversas posibilidades de resposta. Estes exames poderán incluír comentarios, cuestións ou repertorios de problemas ou preguntas. A duración dos exercicios destas materias será de hora e media para cada un deles.Para a superación da proba, os estudantes poderán presentarse por unha ou dúas das vías de acceso previstas: Acceso por unha vía: Constará de tres exercicios dunha hora e media de duración cada un deles, sobre unha proposta a escoller entre dúas que se lle entregarán ao alumnado. Os exercicios versarán sobre tres materias propias de modalidade do segundo curso, entre as cales deben figurar as dúas vinculadas á vía pola que se accede. Acceso por dúas vías: Constará de catro exercicios dunha hora e media de duración cada un deles, sobre unha proposta a escoller entre dúas que se lle entregarán ao alumnado. Neste caso os alumnos/as deberán examinarse das catro materias vinculadas ás vías de acceso elixidas. Para o alumnado que se presente ás PAAU polas vías de Humanidades e Artes, a 2ª parte da proba constará de tres materias, xa que a materia de Historia da Arte é obrigatoria das dúas vías de acceso sinaladas anteriormente (materias: Latín,Historia da Arte e Debuxo Artístico). Cualificación dos exercicios Cada un dos exercicios que compoñen a proba de acceso cualificarase entre cero e dez puntos. A cualificación da primeira parte da proba será a media aritmética dos catro exercicios que a compoñen. A cualificación da segunda parte da proba se fará do seguinte xeito: Alumnado que se presente por unha vía de acceso (tres exercicios): obterase sumando o 40 por 100 das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da cualificación obtida na materia de libre elección: Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia de libre elección * 0,2 Alumnado que se presente por dúas vías de acceso (catro exercicios): os alumnos/as terán dúas cualificacións, unha por cada vía de acceso que se obterá sumando o 40 por 100 das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da cualificación máis alta das obtidas nas materias correspondentes á outra vía: Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia da outra vía con mellor nota * 0,2 No caso do alumnado que se presente polas vías de Humanidades e Artes, que se examinará de tres materias (Latín, Historia da Arte e Debuxo Artístico), a cualificación da segunda parte da proba obterase sumando o 40 por 100 das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da cualificación obtida na materia correspondente á outra vía. Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia da outra vía * 0,2 Cualificación global das PAAU A cualificación global da proba será a media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes. Para ser declarado apto por unha vía de acceso deberanse obter, cando menos, catro puntos na cualificación global desa vía. Cando se acceda por dúas vías, para a segunda parte da proba haberá dúas cualificacións, unha para cada unha das vías, calculadas polo mesmo procedemento establecido no apartado anterior. Cualificación DEFINITIVA A cualificación definitiva para o acceso á universidade se calculará ponderando un 40 por 100 a cualificación da proba e un 60 por 100 a nota media do expediente académico do alumnado no Bacharelato. Para considerar superada a proba de acceso á universidade por unha vía, deberase acadar unha puntuación de cinco ou superior na cualificación definitiva. CRITERIOS ESPECÍFICOS DE AVALIACIÓN Os criterios específicos de avaliación establecidos polos Directores/ as dos Grupos de Traballo de cada materia do Bacharelato faranse públicos unha vez realizados os exames e servirán de base para a corrección dos exercicios e resolución das revisións dos exames que solicite o alumnado. Nos modelos que se entreguen ao alumnado se fará constar a puntuación máxima que se outorgará a cada pregunta. REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS Unha vez publicadas as cualificacións das probas, o alumnado, cando considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais e específicos de corrección, poderá presentar no prazo de tres días hábiles contados a partirda data de publicación das cualificacións, solicitude de dobre corrección a unhas materias e solicitude de reclamación a outras materias distintas. O alumnado non poderá presentar simultaneamente solicitude de dobre corrección e solicitude de reclamación sobre unha mesma materia. Procedemento das solicitudes de reclamación O prazo de presentación desta solicitude de reclamación, perante a Comisión Organizadora, será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións. Os exercicios sobre os que se solicitase esta reclamación serán revisados por un profesor/a especialista distinto ao que realizou a primeira corrección. A cualificación será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada despois da primeira corrección, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta. Procedemento das solicitudes de dobre corrección a) O prazo de presentación desta solicitude de dobre corrección será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións. Farase perante o presidente do Tribunal Único e os exercicios sobre os que se solicitase a dobre corrección serán avaliados por un profesor/a especialista distinto ao que realizou a primeira corrección. A cualificación resultará da media aritmética de ámbalas correccións, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta e non a media aritmética. No suposto de que existise unha diferenza de tres ou máis puntos entre ámbalas cualificacións, un tribunal distinto efectuará unha terceira corrección, outorgando a cualificación que resolverá a solicitude de dobre corrección. Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido anteriomente. b) No prazo de tres días hábiles contados a partir da data de publicación da resolución da dobre corrección, o alumnado que non estea conforme coa cualificación poderá presentar, ante a comisión organizadora, solicitude de reclamación sobre materias nas que previamente solicitase a dobre corrección. A cualificación será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da dobre corrección, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta. As solicitudes de dobre corrección e de reclamación presentaranse nos Lugares de Entrega e Recollida de Documentación (LERD), empregando os impresos específicos contidos nos sobres de matrícula. No caso do alumnado que presente as solicitudes de dobre corrección e/ou reclamación na Internet, deberase imprimir dita solicitude e entregala, dentro dos prazos establecidos, nos Lugares de Entrega e Recollida de Documentación (LERD). Contra a resolución adoptada pola Comisión Organizadora, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia Comisión. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso administrativode reposición. NÚMERO DE CONVOCATORIAS Cada alumno/a disporá dun número máximo de catro convocatorias como máximo para a superación da proba. Non se considerará consumida a convocatoria cando o alumno/a non se presentase a ningún dos exercicios. REPETICIÓN DAS PAAU PARA MELLORAR A CUALIFICACIÓN O alumnado que teña superada a proba de acceso á universidade poderá presentarse de novo en sucesivas convocatorias, ordinarias e extrordinarias, coa finalidade de mellorar a súa cualificación. A cualificación global obtida nas convocatorias para mellora de nota será tida en conta unicamente se é superior á outorgada anteriormente. No caso de que o alumno/a teña superada a proba de acceso á universidade por dúas vías, cando se faga uso desta posibilidade, a proba realizarase por só unha das distintas vías de acceso previstas. No caso de que o alumno/a se presentase á proba de acceso á universidade por dúas vías, tendo superada a proba por só unha delas, poderá presentarse de novo polas dúas vías, coa finalidade de superar a proba pola vía de acceso suspensa e para mellorar a súa nota pola vía de acceso aprobada. As novas probas deberanse realizar na mesma universidade, agás que se xustifique debidamente un cambio de residencia. A posibilidade de repetición da proba non será obstáculo para que o/a estudante poida formalizar a súa matrícula na universidade no ano en curso no que realice a devandita proba. CÁLCULO DA CUALIFICACIÓN DO BACHARELATO LOXSE :“A nota media do expediente farase computando, exclusivamente, as cualificacións obtidas nas materias comúns, específicas e optativas dos dous cursos da modalidade de Bacharelato cursada ou, no seu caso, dos cursos declarados equivalentes nos cadros recollidos nos Anexos I, II e VI do Real Decreto 986/1991, do 14 de xuño”. Para a obtención desta nota media consignarase un só decimal que se determinará mediante o seguinte redondeo: cando as centésimas da cualificación sexan iguais ou superiores a cinco redondearase por exceso; e cando as centésimas da cualificación sexan iguais ou inferiores a catro redondearase por defecto. Para o cálculo da nota media do expediente non se incluirá a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión católica, de conformidade co disposto no artigo 16.3º do Real decreto 1700/1991, do 29 de novembro (BOE do 2 de decembro DOCUMENTACIÓN QUE DEBE DE APORTAR O ALUMNO PARA FACER A INSCRIPCIÓN NAS PAUU - Fotocopia do DNI ou Pasaporte (no caso de estranxeiros). - Libro de Cualificación Escolar dilixenciado coa avaliación positiva obtida no Bacharelato ou no COU. - Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención dos mesmos segundo o estipulado na convocatoria de matrícula que se fará pública nos taboleiros dos centros de ensino secundario. Utilizarase para isto unicamente o impreso oficial que se facilitará nos centros de ensino secundario ou nos lugares de entrega e recollida de documentación (LERD). - Impresos de prematrícula e matrícula nas PAAU: se deberán cubrir os datos persoais, académicos e de matrícula para as PAAU (vía ou vías de acceso, modalidade de texto histórico ou filosófico escollida, lingua estranxeira e terceira materia optativa). Nota: A matrícula ordinaria das PAAU dos alumnos do SUG procedentes dos centros do Bacharelato LOXSE deberá facerse obligatoriamente por un/ha representante do centro, tal e como se recolle na Resolución do 14 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro) Alumnado do SUG con PAAU aprobadas en anos anteriores que desexe mellorar a cualificación acadada anteriormente: presentará * Libro de Cualificación Escolar e fotocopia da Tarxeta de Cualificación das PAAU. REALIZACIÓN DAS PAAU DE XUÑO Días 17-18-19 DE XUÑO NO SEGUINTE HORARIO : DÍA 17 DE XUÑO PRIMEIRO DÍA / PRIMEIRA PARTE DA PROBA MAÑÁ 9,00 h Presentación 10,00 h Análise e comprensión dun texto en Lingua Castelá e Lit. 11,30 h Descanso 12,00 h Análise e comprensión dun texto en Lingua Galega e Lit. 13,30 h Fin sesión TARDE 16,00 h Composición dun Texto de carácter Histórico ou Filosófico 17,30 h Descanso 18,00 h Lingua estranxeira 19,30 h Fin sesión DÍA 18 DE XUÑO SEGNDO DÍA / SEGUNDA PARTE DA PROBA MAÑÁ 10,00 h Vías CC.da Saúde e Científico-Tecnolóxica: Matemáticas Vía Humanidades: Latín 11,30 h Descanso 12,00 h Vías CC. da Saúde e Científico-Tecnolóxica: Física Vía Ciencias Sociais: Xeografía 13,30 h Fin sesión TARDE 16,00 h Vías Ciencias da Saúde e Científico-Tecnolóxica: Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Mecánica Debuxo Técnico (opcións 1 e 2) Tecnoloxía Industrial II Electrotecnia Vías Humanidades e Ciencias Sociais: Economía e Organización de Empresas Grego II Historia da Música Vía Artes: Imaxe Fundamentos do Deseño Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica Debuxo Técnico II 17,30 h Descanso 18,00 h Vía Ciencias Sociais: Matemáticas aplicadas ás CC. Sociais 19,30 h Fin sesión DÍA 19 DE XUÑO MAÑÁ 10,00 h Vías CC. da Saúde e Científico-Tecnolóxica: Bioloxía Vías Artes, Humanidades e Ciencias Sociais: Historia da Arte 11,30 h Descanso 12,00 h Vías CC. da Saúde e Científico-Tecnolóxica: Química Vía Artes: Debuxo Artístico 13,30 h Fin sesiónDO COU INFORMACIÓN DISTRITO ABERTO O Distrito Aberto consiste en ofrecer a todos os estudiantes de calqueira parte do territorio nacional a posibilidade de cursar os seus estudios superiores na Universidade Pública que desexen, independentemente do seu lugar de orixe; sendo, en todo caso, os dereitos dos estudiantes procedentes doutras Comunidades Autónomas os mesmos que os dos estudiantes da Comunidade Autónoma elexida. AUNIVERSIDADES PÚBLICAS DE FÓRA DE GALICIA Os alumnos de Galicia que pretendan iniciar estudios en Universidades Públicas de fóra deGalicia que non se impartan no Distrito Universitario Único de Galicia terán a mesma consideración que os alumnos do resto do Sistema Universitario que pretendan acceder aos mesmos. A tal efecto, deberán xustificar documentalmente a inexistencia dos estudios no distrito universitario de Galicia (certificación que poderán solicitar en los LERDs). Os alumnos de Galicia que pretendan iniciar estudios en Universidades Públicas de fóra de Galicia que se impartan no Distrito Universitario de Galicia deberán presentar as súas solicitudes de ingreso polo Distrito Aberto na Universidade ou Universidades onde desexen realizar os seus estudios, tendo en conta os procedimentos e adxudicación de prazas fixados por cada unha delas. Durante o mes de xuño o Consello de Coordinación Universitaria fará pública a oferta de prazas, mediante a súa publicación no B.O.E., e a páxina web do Consello de Coordinación Universitaria: http://www. mec.es/univ/index.html para que poida ser coñecida antes de que se peche o período de preinscripción. Nesta mesma páxina encontrarán igualmente as direccións dos puntos de información dos Distritos Universitarios e Universidades do resto do país, así como puntos de conexión ás páxinas web (deberán entrar no apartado de “Oferta Universitaria”). Vinculacións as titulacións universitarias do SUG do curso académico 2008-09 Abreviaturas usadas: C.O.U. A Científico Tecnolóxica B Biosanitaria C Cc. Sociais D Humanidades Bacherelato LOXSE 1 Científico Tecnolóxica 2 CC. da Saúde 3 Humanidades 4 CC. Sociais 5 Artes Campus S Santiago L Lugo C A Coruña F Ferrol O Ourense P Pontevedra V Vigo Tabla de vinculacións Titulacións do SUG Campus Opción-vía L.O.X.S.E Opción C.O.U. Administración e Dirección de Empresas (Lic.) S@ C V 1 2 4 A B C Arquitectura C 1 2 A B Belas Artes (Licenciatura) P 1 2 3 4 5 A B C D Bioloxía (Licenciatura) S C V@ 1 2 A B CC. da Actividade Física e Deporte - INEF (Lic.) ** C P 1 2 3 4 5 A B C D Ciencias do Mar (Licenciatura) V 1 2 A B Ciencias Políticas e da Administración (Lic.) S@ 1 2 3 4 5 A B C D Comunicación Audiovisual (Licenciatura) S P 1 2 3 4 5 A B C D Dereito (Licenciatura) S@ C O@ V 1 2 3 4 5 A B C D Dereito e Administración e Dirección de Empresas (Licenciatura) C 1 2 3 4 5 A B C D Economía (Licenciatura) S@ C V@ 1 2 4 A B C Enxeñería de Camiños, Canais e Portos C 1 2 A B Enxeñería Industrial F V 1 2 A B Enxeñería en Informática C 1 2 A B Enxeñería de Minas V@ 1 2 A B Enxeñería Naval e Oceánica F 1 2 A B Enxeñería Química S 1 2 A B Enxeñería de Telecomunicacións V 1 2 A B Farmacia (Licenciatura) S 2 B Filoloxía Alemana (Licenciatura) S@ 3 D Filoloxía Clásica (Licenciatura) S@ 3 D Filoloxía Francesa (Licenciatura) S@ 3 D Filoloxía Galega (Licenciatura) S@ C@ S@ 3 D Filoloxía Hispánica (Licenciatura) S@ L@ C@ V@ 3 D Filoloxía Inglesa (Licenciatura) S@ C@ V@ 3 D Filoloxía Italiana (Licenciatura) S@ 3 D Filoloxía Portuguesa (Licenciatura) S@ 3 D Filoloxía Románica (Licenciatura) S@ 3 D Filosofía (Licenciatura) S@ 1 2 3 4 5 A B C D Física (Licenciatura) S@ O@ 1 2 A B Historia (Licenciatura) S@ O@ 3 4 5 C D Historia da Arte (Licenciatura) S@ 3 4 5 C D Humanidades (Licenciatura) L@ F@ 1 2 3 4 5 A B C D Matemáticas (Licenciatura) S@ 1 2 A B Medicina e Ciruxía (Licenciatura) S 2 B Odontoloxía (Licenciatura) S 2 B Pedagoxía (Licenciatura) S 1 2 3 4 5 A B C D Psicoloxía (Licenciatura) S 1 2 3 4 5 A B C D Publicidade e Relacións Públicas (Licenciatura) P 1 2 3 4 5 A B C D Química (Licenciatura) S@ C@ V@ 1 2 A B Socioloxía (Licenciatura) C 1 2 3 4 5 A B C D Traducción e Interpretación (Licenciatura) V 1 2 3 4 5 A B C D Veterinaria (Licenciatura) L 2 B Xeografía (Licenciatura) S@ 1 2 3 4 5 A B C D Xornalismo (Licenciatura) S 1 2 3 4 5 A B C D Arquitectura Técnica C 1 2 A B Titulacións do SUG Campus Opción-vía L.O.X.S.E Opción C.O.U. Biblioteconomía e Documentación (Diplomatura) F@ 1 2 3 4 5 A B C D Ciencias Empresariais (Diplomatura) L@ C O@ V 1 2 4 A B C Educación Social (Diplomatura) S C O 1 2 3 4 5 A B C D Enfermería (Diplomatura) S L# C# F O# P# V# 2 B Fisioterapia (Diplomatura) C P 2 B Logopedia (Diplomatura) C 1 2 3 4 5 A B C D Máquinas Navais (Diplomatura) C 1 2 A B Navegación Marítima (Diplomatura) C 1 2 A B Óptica e Optometría (Diplomatura) S 1 2 A B Podoloxía (Diplomatura) F 2 B Relacións Laborais (Diplomatura) S L#@ C#@ F@ V@ 1 2 3 4 5 A B C D Terapia Ocupacional (Diplomatura) C 1 2 3 4 5 A B C D Traballo Social (Diplomatura) S# O 1 2 3 4 5 A B C D Turismo (Diplomatura) C# O 1 2 3 4 5 A B C D Xestión e Administración Pública (Diplomatura) P@ 1 2 3 4 5 A B C D E.T. Agrícola en Explotacións Agropecuarias L@ 1 2 A B E.T. Agrícola en Hortofruticultura e Xardiñería L@ 1 2 A B E.T. Agrícola en Industrias Agrarias e Alimentarias L@ 1 2 A B E.T. Agrícola en Mecaniz. Agraria e Construcc. Rurais L@ 1 2 A B E.T. Forestal en Explotacións Forestais L@ 1 2 A B E.T. Forestal en Industrias Forestais P@ 1 2 A B E.T. Industrial: especialidade en Electricidade F V 1 2 A B E.T. Industrial: espec. en Electrónica Industrial F V 1 2 A B E.T. Industrial: especialidade en Mecánica V 1 2 A B E.T. Industrial: especialidade en Química Industrial L@ V 1 2 A B E.T. en Deseño Industrial F 1 4 5 A C E.T. en Informática de Sistemas S C 1 2 A B E.T. en Informática de Xestión C O 1 2 A B E.T. Naval en Estructuras Mariñas F@ 1 2 A B E.T. Naval en Propulsión e Servicios do Buque F@ 1 2 A B E.T. Obras Públicas: espec. Construccións Civís C 1 2 A B E.T. Obras Públicas: esp. Transportes e Serv. Urbáns L 1 2 A B E.T. Telecomunicacións: Sist. de Telecomunicacións V 1 2 A B E.T. Telecomunicacións: espec. en Imaxe e Son V 1 2 A B E.T. en Topografía L 1 A Mestre en Audición e Linguaxe C 1 2 3 4 5 A B C D Mestre en Educación Especial O@ 1 2 3 4 5 A B C D Mestre en Educación Física L C P 1 2 3 4 5 A B C D Mestre en Educación Infantil S L C O@ P V@# 1 2 3 4 5 A B C D Mestre en Educación Musical S P 1 2 3 4 5 A B C D Mestre en Educación Primaria S L C O@ P V@# 1 2 3 4 5 A B C D Mestre en Lingua Estranxeira S L O@ 1 2 3 4 5 A B C D A vinculación das titulacións universitarias coa opción ou vía de acceso do bacharelato L.O.X.S.E. ou coa opción cursada no C.O.U. regúlase polas O.M. do 30 de maio de 1995 (B.O.E. do 7 de xuño), O.M. do 26 de decembro de 1996 (B.O.E. do 10 de xaneiro de 1997), O.M. do 28 de agosto de 1998 (B.O.E. do 9 de setembro), O.M. do 6 de maio de 1999 (B.O.E. do 8 de maio), O.M. do 25 de novembro de 1999 (B.O.E. do 30 de novembro), O.M. do 27 de xuño de 2000 (B.O.E. do 4 de xullo) e O.M. do 14 de maio de 2001 (B.O.E. do 22 de maio). As vías de acceso do bacharelato L.O.X.S.E. e as opcións do curso de orientación universitaria (C.O.U.) que figuran no cadro anterior son as seguintes: * Vías de acceso do bacharelato L.O.X.S.E.: • 1. Científico-tecnolóxica • 2. Ciencias da saúde • 3. Humanidades • 4. Ciencias sociais • 5. Artes * Opcións do C.O.U.: • A. Científico tecnolóxica • B. Biosanitaria • C. Ciencias sociais • D. Humanidades Cando no conxunto de materias optativas cursadas polo alumno na súa opción de COU, figuren as obrigatorias doutra, terá os dereitos de preferencia que conceden as dúas opcións (para o alumnado que teña superadas as PAAU con anterioridade ao curso 2003-2004). ** O símbolo ** significa que a titulación precisa de proba específica de acceso. *** O símbolo # significa que a titulación impartida no correspondente Campus é adscrita. **** O símbolo @ significa que a titulación impartida é sen límite de prazas. NOTAS DE CORTE DO CURSO 2008-09 Nos cadros seguintes recóllense as distintas titulacións con límite de prazas do SUG clasificadas según a prioridade necesaria para acceder ao curso 2007-2008 e a nota do último alumnoconvocado en cada unha delas. Notas do último alumno convocado no curso 2008-2009 ordenadas por bloques de preferencia. 6.4.1.COLECTIVO PAAU – COU (notas de referencia) Nas páxinas seguintes recóllense, a título de información, ordenadas por bloques de preferencia, as notas dos últimos alumnos/as admitidosno curso 2008-2009 polos colectivos de PAAU e COU (“notas de corte”). (*) Titulacións impartidas en centros adscritos ás universidades. (**) Titulación que precisa de proba específica de acceso. (@) Titulacións nas que non se cubriron todas as prazas ofertadas ao colectivo PAAU. PAAU DE XUÑO E OPCIÓN PREFERENTE UNIVERSIDADE DA CORUÑA TITULACIÓN CAMPUS NOTA Diplomado en Fisioterapia A Coruña 7,41 Licenciado en Dereito e Administración e Dirección de Empresas A Coruña 7,17 Diplomado en Enfermaría (*) A Coruña 6,91 Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, espec. en Construcións Civís A Coruña 6,80 Arquitecto A Coruña 6,43 Diplomado en Enfermaría Ferrol 6,30 Enxeñeiro de Camiños,Canais e Portos A Coruña 6,28 Graduado en Terapia Ocupacional (p) A Coruña 5,99 Mestre, especialidade de Educación Infantil A Coruña 5,72 Mestre, especialidade de Educación Primaria A Coruña 5,67 Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial Ferrol 5,64 Diplomado en Educación Social A Coruña 5,01 Mestre, especialidade de Educación Física A Coruña 5,01 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA TITULACIÓN CAMPUS NOTA Licenciado en Medicina Santiago 8,45 Licenciado en Odontoloxía Santiago 8,01 Licenciado en Comunicación Audiovisual Santiago 7,59 Licenciado en Xornalismo Santiago 7,31 Diplomado en Enfermaría (*) Lugo 6,52 Diplomado en Enfermaría Santiago 6,47 Enxeñeiro Químico Santiago 6,46 Licenciado en Veterinaria Lugo 6,35 Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas Santiago 6,19 Licenciado en Psicoloxía Santiago 6,03 Mestre, especialidade de Educación Primaria Santiago 5,92 Mestre, especialidade de Educación Infantil Santiago 5,86 Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, esp.Transp. e Serv.Urbáns Lugo 5,56 Diplomado en Educación Social Santiago 5,53 Licenciado en Farmacia Santiago 5,42 Mestre, especialidade de Educación Primaria Lugo 5,21 Mestre, especialidade de Lingua Estranxeira Santiago 5,15 Mestre, especialidade de Educación Física Lugo 5,06 Mestre, especialidade de Educación Infantil Lugo 5,00 Mestre, especialidade de Educación Musical Santiago 5,00 PAAU DE XUÑO E OPCIÓN PREFERENTE (2210 + NOTA) UNIVERSIDADE DE VIGO TITULACIÓN CAMPUS NOTA Licenciado en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) Vigo 7,78 Diplomado en Fisioterapia Pontevedra 7,30 Diplomado en Enfermaría (Meixoeiro) (*) Vigo 6,52 Licenciado en Comunicación Audiovisual Pontevedra 6,27 Diplomado en Enfermaría (*) Pontevedra 6,27 Diplomado en Enfermaría (*) Ourense 6,25 Licenciado en Tradución e Interpretación (Español-Francés) Vigo 6,14 Diplomado en Enfermaría (Povisa) (*) Vigo 6,11 Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas Pontevedra 5,98 Mestre, especialidade de Educación Física Pontevedra 5,55 Mestre, especialidade de Educación Infantil Pontevedra 5,46 Mestre, especialidade de Educación Primaria Pontevedra 5,37 Licenciado en Tradución e Interpretación (Galego-Francés) (@) Vigo 5,02 Enxeñeiro de Minas Vigo 5,01 PAAU DE XUÑO E OPCIÓN NON PREFERENTE (2200 + NOTA) UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA TITULACIÓN CAMPUS NOTA Diplomado en Óptica e Optometría Santiago 5,07 UNIVERSIDADE DA CORUÑA TITULACIÓN CAMPUS NOTA Diplomado en Podoloxía Ferrol 5,64 PAAU DE SETEMBRO E OPCIÓN PREFERENTE (1110 + NOTA) UNIVERSIDADE DA CORUÑA TITULACIÓN CAMPUS NOTA Mestre, especialidade de Audición e Linguaxe A Coruña 5,57 Arquitecto Técnico A Coruña 5,45 Diplomado en Logopedia A Coruña 5,10 Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas (@) A Coruña 5,08 Enxeñeiro Informático (@) A Coruña 5,02 Graduado en Socioloxía (p) (@) A Coruña 5,02 Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (**) A Coruña 5,00 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA TITULACIÓN CAMPUS NOTA Licenciado en Pedagoxía Santiago 5,47 Licenciado en Bioloxía (@) Santiago 5,11 Graduado en Ciencia Política e da Administración (p) (@) Santiago 5,00 Diplomado en Traballo Social (*) Santiago 5,00 Mestre, especialidade de Lingua Estranxeira Lugo 5,33 Enxeñeiro Técnico en Topografía Lugo 5,19 PAAU DE SETEMBRO E OPCIÓN PREFERENTE (1110 + NOTA) UNIVERSIDADE DE VIGO TITULACIÓN CAMPUS NOTA Licenciado en Administración e Dirección de Empresas (@) Vigo 5,83 Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Mecánica Vigo 5,81 Mestre, especialidade de Educación Musical Pontevedra 5,81 Enxeñeiro de Telecomunicacións (@) Vigo 5,54 Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (**) Pontevedra 5,52 Mestre, especialidade de Educación Infantil Ourense 5,38 Mestre, especialidade de Educación Primaria Ourense 5,24 Licenciado en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) Vigo 5,20 Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión (@) Ourense 5,18 Graduado en Belas Artes (p) Pontevedra 5,14 Enx.Téc. de Telecomunicacións, esp. Sist. de Telecomunic. (@) Vigo 5,13 Enxeñeiro Técnico Industrial, espec. en Electrónica Industrial (@) Vigo 5,06 Licenciado en Economía (@) Vigo 5,03 Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Electricidade (@) Vigo 5,01 Diplomado en Traballo Social (@) Ourense 5,00 Diplomado en Turismo (@) Ourense 5,00 Enxeñeiro Industrial Vigo 5,00 Enxeñeiro Técnico Industrial, espec. en Química Industrial (@) Vigo 5,00 Licenciado en Bioloxía (@) Vigo 5,00 Licenciado en Dereito (Rama Económico-Empresarial) (@) Vigo 5,00 PAAU DE SETEMBRO E OPCIÓN NON PREFERENTE (1100 + NOTA) UNIVERSIDADE DA CORUÑA TITULACIÓN CAMPUS NOTA Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión (@) A Coruña 5,07 UNIVERSIDADE DE VIGO TITULACIÓN CAMPUS NOTA Licenciado en Administración e Dirección de Empresas (@) Vigo 5,83 Enx.Téc. de Telecomunicacións, especialidade en Son e Imaxe (@) Vigo 5,07 TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS EN GALICIA OFERTA DE PRAZAS POR CAMPUS E UNIVERSIDADES CAMPUS DA CORUÑA TITULACIÓN PRAZAS Enxeñeiro en Informática 120 Enxeñiro Técnico en Informática de Xestión 110 Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas 110 Graduado en Socioloxía (p) 55 Lic.CC.Actividade Física e do Deporte (**) 130 Lic. en Dereito e Admón. e Direcc. de Empr. 70 Arquitecto 200 Enxeñeiro de Camiños,Canais e Portos 120 Enx.Téc.Obras Públicas:Construcións Civís 50 Diplomado en Ciencias Empresariais 289 Diplomado en Fisioterapia 60 Mestre, especialidade de Educación Infantil 80 Mestre, especialidade de Educación Primaria 80 Mestre, especialidade de Educación Física 80 Mestre, especialidade de Audición e Linguaxe 76 Diplomado en Educación Social 80 Diplomado en Logopedia 55 Graduado en Terapia Ocupacional (p) 50 Diplomado en Enfermaría (*) 50 Arquitecto Técnico 200 CAMPUS DE FERROL TITULACIÓN PRAZAS Diplomado en Enfermaría 60 Diplomado en Podoloxía 50 Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial 70 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CAMPUS DE SANTIAGO TITULACIÓN PRAZAS Licenciado en Bioloxía 163 Licenciado en Farmacia 215 Licenciado en Medicina 350 Licenciado en Odontoloxía 45 Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas 55 Enxeñeiro Químico Licenciado en Xornalismo 100 Licenciado en Comunicación Audiovisual 40 Graduado en Ciencia Política e da Admón. (p) 100 Licenciado en Pedagoxía 80 Diplomado en Educación Social 80 Licenciado en Psicoloxía 240 Diplomado en Enfermaría 152 Mestre, especialidade de Educación Primaria 80 Mestre, especialidade de Educación Infantil 80 Mestre, especialidade de Lingua Estranxeira 80 Mestre, especialidade de Educación Musical 80 Diplomado en Óptica e Optometría 80 Diplomado en Traballo Social (*) 110 CAMPUS DE LUGO TITULACIÓN PRAZAS Licenciado en Veterinaria 117 Enxeñeiro Técnico en Topografía 50 E.T.Obras Públicas Transp. e Serv.Urbanos 50 Mestre, especialidade de Educación Primaria 62 Mestre, especialidade de Educación Infantil 62 Mestre, especialidade de Lingua Estranxeira 50 Mestre, especialidade de Educación Física 52 Diplomado en Enfermaría (*) 68 CAMPUS DE OURENSE TITULACIÓN PRAZAS Diplomado en Traballo Social 75 Diplomado en Educación Social 75 Diplomado en Turismo 75 Mestre, especialidade de Educación Infantil 100 Mestre, especialidade de Educación Primaria 100 Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión 100 Diplomado en Enfermaría (*) 50 CAMPUS DE PONTEVEDRA TITULACIÓN PRAZAS Graduado en Belas Artes (p) 130 Mestre, especialidade de Educación Infantil 75 Mestre, especialidade de Educación Primaria 75 Mestre, especialidade de Educación Física 50 Mestre, especialidade de Educación Musical 50 Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas 100 en Comunicación Audiovisual 40 Diplomado en Fisioterapia 50 Lic.Ciencias Actividade Física e do Deporte (**) 75 Diplomado en Enfermaría (*) 50 CAMPUS DE VIGO TITULACIÓN PRAZAS Lic. en Tradución e Interpretación (Esp.-Inglés) 50 Lic. en Tradución e Interpretación (Esp.-Francés) 20 Lic. en Tradución e Interpretación (Gal.-Inglés) 40 Lic.en Tradución e Interpretación (Gal.-Francés) 10 Licenciado en Bioloxía 75 - Licenciado en Economía 75 Lic. en Administración e Direción de Empresas 225 Enxeñeiro Industrial 250 Enxeñeiro de Minas 40 Enxeñeiro de Telecomunicacións 110 Enx.Téc.Telecomunicacións en Son e Imaxe 75 Enx.Téc.Telecomunicacións Sist. de Telecom. 75 Diplomado en Ciencias Empresariais 220 Enx.Téc. Industrial en Electricidade 75 Enx.Téc. Industrial en Electrónica Industrial 120 Enx.Téc. Industrial en Mecánica 125 Enx.Téc. Industrial en Química Industrial 80 Lic. en Dereito (Rama Económico-Empresarial) 125 Diplomado en Enfermaría - Meixoeiro (*) 50 Diplomado en Enfermaría - Povisa (*) 65 TITULACIÓNS SEN LÍMITE DE PRAZAS ( MATRÍCULA INMEDIATA) UNIVERSIDADE DA CORUÑA CAMPUS DA CORUÑA: Licenciatura en Administración e Direción de Empresas Licencitura en Dereito Licenciatura en Economía Licenciatura en Filoloxía Galega Licenciatura en Filoloxía Hispánica Licenciatura en Filoloxía Inglesa Licenciatura en Química Diplomatura en Máquinas Navais Diplomatura en Navegación Marítima Diplomatura en Relacións Laborais (*) Diplomatura en Turismo (*) CAMPUS DE FERROL: Licenciatura en Humanidades Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación Diplomatura en Relacións Laborais Enxeñaría Industrial Enxeñaría Naval e Oceánica Enxeñaría Técnica Industrial en Electricidade Enxeñaría Técnica Industrial en Electrónica Industrial EnxeñaríaTécnica Naval en Estruturas Mariñas Enxeñaría Técnica Naval en Propulsión e Servizos do Buque UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CAMPUS DE SANTIAGO: Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas Licenciatura en Dereito Licenciatura en Economía Licenciatura en Filoloxía Alemá Licenciatura en Filoloxía Clásica Licenciatura en Filoloxía Francesa Licenciatura en Filoloxía Galega Licenciatura en Filoloxía Hispánica Licenciatura en Filoloxía Inglesa Licenciatura en Filoloxía Italiana Licenciatura en Filoloxía Portuguesa Licenciatura en Filoloxía Románica Licenciatura en Filosofía Licenciatura en Física Licenciatura en Historia Licenciatura en Historia da Arte Licenciatura en Matemáticas Licenciatura en Química Licenciatura en Xeografía Diplomatura en Relacións Laborais CAMPUS DE LUGO: Licenciatura en Filoloxía Hispánica Licenciatura en Humanidades Diplomatura en Ciencias Empresariais Diplomatura en Relacións Laborais (*) Enxeñaría Técnica Agrícola en Industrias Agrarias e Alimentarias Enxeñaría Técnica Agrícola en Explotacións Agropecuarias Enxeñaría Técnica Agrícola en Hortofruticultura e Xardiñería Enxeñaría Técnica Agrícola en Mecanización Agraria e Construc.Rurais Enxeñaría Técnica Forestal: especialidade en Explotacións Forestais Enxeñaría Técnica Industrial en Química Industrial UNIVERSIDADE DE VIGO CAMPUS DE OURENSE: Licenciatura en Dereito Licenciatura en Física Licenciatura en Historia Diplomatura en Ciencias Empresariais Enxeñaría Técnica en Industrias Agrarias e Alimentarias Mestre en Educación Especial Mestre en Lingua Estranxeira CAMPUS DE PONTEVEDRA: Diplomatura en Xestión e Administración Pública Enxeñaría Técnica Forestal: especialidade en Industrias Forestais CAMPUS DE VIGO: Licenciatura en Ciencias do Mar Licenciatura en Filoloxía Galega Licenciatura en Filoloxía Hispánica Licenciatura en Filoloxía Inglesa Licenciatura en Química Diplomatura en Relacións Laborais Mestre en Educación Infantil (*) Mestre en Educación Primaria (*) TITULACIÓNS PROPIAS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS Notas: Os alumnos que desexen matricularse nestas titulacións deberán informarse nas respectivas universidades das características e dos requisitos e prazos de matrícula. É importante sinalar que estas titulacións non forman parte do catálogo de títulos universitarios oficiais aprobado polo Ministerio de Educación e Ciencia, senón que son ofertadas polas universidades en virtude da súa autonomía.As solicitudes faranse na universidade correspondente; en ningún caso o alumno deberá solicitar estas titulacións no impreso de solicitude contido nos sobres de matrícula ou de documentación, que son específicos para a solicitude de admisión en titulacións con límite de prazas. Universidade da Coruña CAMPUS DA CORUÑA Titulacións Propias de Primeiro Ciclo Graduado en Arquitectura de Interiores Graduado en Aviación Comercial Universidade de Santiago CAMPUS DE SANTIAGO Titulacións Propias de Primeiro Ciclo Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública Diploma en Empresas Hostaleiras Universidade de Vigo CAMPUS DE OURENSE Titulacións Propias de Primeiro Ciclo Graduado Universitario en Información Técnica do Medicamento CAMPUS DE PONTEVEDRA Titulacións Propias de Primeiro Ciclo Graduado Universitario en Deseño Téxtil e Moda CAMPUS DE VIGO Titulacións Propias de Primeiro Ciclo Graduado Universitario en Ciencias Policiais Graduado Universitario en Detective Privado PÁXINAS WEB DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS CON INFORMACIÓN SOBRE ESTUDOS DE POSGRAO UNIVERSIDADE PÁXINA WEB A Coruña http://www.udc.es/uepp Alcalá http://www.uah.es/estud/estudios_propios Alfonso X El Sabio http://www.uax.es/OfertaDocente/Titulaciones.Shtml Alicante http://www.ua.es/cedip/index.htm http://www.ua.es/cedip/postgrado/indexcursos.htm Almería http://web.ual.es/web/pPagina.jsp?idPagina=31550 Antonio de Nebrija http://www.nebrija.com/titulaciones/postgrado.htm Autónoma de Barcelona http://www.uab.es/servlet/Satellite?cid ... PageLevel2 Autónoma de Madrid http://www.uam.es/estudios/doctorado/de ... cipal.html Barcelona http://www.ub.edu/ub/es/posgrado/ Burgos http://www.ubu.es/estudios/index.htm Cádiz http://www.uca.es/web/estudios Camilo José Cela http://www.uca.es/web/estudios Cantabria http://www.unican.es/WebUC/Unidades/Ges ... postgrado/ Carlos III de Madrid http://www.uc3m.es/uc3m/perfiles/postgrado.html Castilla-La Mancha http://www.uclm.es/estudios Complutense de Madrid http://www.ucm.es/info/ucmp/pags.php?tp ... n00002.php Córdoba http://www.uco.es/estudiantes.html Deusto http://www.postgrado.deusto.es/servlet/ ... ntza=_cast Europea de Madrid http://postgrado.uem.es/ Extremadura http://www.unex.es/postgrado/ Girona http://www2.udg.es/gigses/OfertaPosgrado/Informacióngeneral/tabid/640/Default.aspx Granada http://www.ugr.es Huelva http://www.uhu.es/estudios/ofertaacadem ... demica.htm Internacional de Cataluña http://www.unica.edu/estudi.uic?categoria=2 Islas Baleares http://www.uib.es/vpostgrau/ Jaén http://www.ujaen.es Jaume I de Castellón http://www.uji.es/CA/infoest/estudis/indexes.thtml La Laguna http://www.ull.es/ullasp/docencia/masters.asp La Rioja http://www.unirioja.es/estudios/ Las Palmas de Gran Canaria http://www.ulpgc.es/index.php?pagina=es ... er=iniciol León http://www.unileon.es/estudios/titulaciones.htm#propias Lleida http://www.udl.es/rectorado/vi/3cicle/index.htm Málaga http://www.uma.es/estudios/propias/INDEX.HTM Miguel Hernández de Elche http://www.umh.es/servicios/cfpyfc/curpos.htm Mondragón Unibertsitatea http://www.mondragon.edu/pub/cast/index.htm Murcia http://www.um.es/estudios Nacional de Educación a Distancia http://www.uned.es/vep/info/postgrado/e ... zacion.htm Navarra http://www.unav.es/titulaciones/postgrado Oberta de Catalunya http://www.uoc.edu/masters/esp/web/index.html Oviedo http://www.uniovi.es/Vicerrectorados/Po ... osPropios/ Pablo de Olavide http://www.upo.es/estudiantes/inf_acade ... st_3c.html País Vasco http://www.ehu.es/titulospropios/ Politécnica de Cartagena http://www.upct.es/innovacion/titulos/titulos.shtml Politécnica de Cataluña http://www.fpc.upc.es/ Politécnica de Madrid http://www.upm.es/estudios/propios/postgrado2002-2003/ Politécnica de Valencia http://www.upv.es/informa/estudiosc.html Pompeu Fabra http://www.upf.es/idec/oferta/oferta.htm Pontificia Comillas http://www.upco.es/webcorporativo/Estudios/ Pontificia de Salamanca http://www.upsa.es/~/Principal/postgrado.htm Pública de Navarra http://www.unavarra.es/organiza/tit_pro.htm Ramón Llull http://www.url.es/intranet/masters.cas.html Rey Juan Carlos http://www.urjc.es/z_files/af_alumn/af1 ... tino1.html Rovira i Virgili http://www.urv.es/formacio_academica/marcos.htm Salamanca http://www.usal.es/web-usal/Estudios/ti ... pios.shtml San Pablo CEU http://www.ceu.es/paginaCeu.asp?idpagina=1234 Santiago de Compostela http://www.usc.es/cptf/benvidag.htm SEK http://www.usek.es Sevilla http://www.vtc.us.es Valencia (Estudi General) http://www.uv.es/dise/cursos/indexsp.html Valladolid http://www.uva.es/index.php?mostrar=2719/ Vic http://www.uvic.es/fe/continua/es/inici.html Vigo http://www.uvigo.es/postgrao/index.gl.htm Zaragoza http://wzar.unizar.es/servicios/epropios/ -B) Estudar Ciclos Formativos de Grao Superior Constitúen a nova Formación Profesional específica de grao superior. Preparan para a actividade no campo profesional e capacitan para o desempeño cualificado das distintas profesións. Organízanse en módulos profesionais de formación teórico-práctica, de duración variable segundo o Ciclo de que se trate. Ademais da formación no centro educativo, inclúen un área de formación práctica en centros de traballo. Accédese a eles co título de Bacharel, pero cada Ciclo establece a modalidade de Bacharelato e as materias que se deberon cursar para acceder a el. O acceso é directo cando a modalidade e materias cursadas no Bacharelato estean en concordancia coa formación do Ciclo. En caso contrario, é posible o acceso mediante unha proba (con 19 anos). Para máis información consulta a páxina www.edu.xunta.es /fp/ A titulación que se obtén ao superar o Ciclo é a de Técnico Superior da profesión correspondente, certificación homologable no mercado europeo de traballo. Esta titulación, ademais, permite o acceso directo a determinados estudos universitarios. Existen as seguintes FAMILIAS PROFESIONAIS, dentro de cada unha delas hai distintos Ciclos Formativos de Grao Superior: Administración Actividades agrarias Actividades físicas e deportivas Actividades marítimo-pesqueiras Artes gráficas Comercial e mercadotecnia Servizos socioculturais e á comunidade Comunicación, imaxe e son Edificación e obra civil Electricidade e electrónica Fabricación mecánica Madeira e moble Hostalería e turismo Imaxe persoal Téxtil, confección e pel Vidro e cerámica Industrias alimenticias Informática Mantemento e servizos á produción Mantemento de vehículos autopropulsados Química Sanidade A OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR NA CORUÑA 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía CS19002 Saúde ambiental CS19003 Dietética CS19005 Hixiene bucodental CS19006 Imaxe para o diagnóstico CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico CS19009 Próteses dentais CS19010 Radioterapia CS19011 Audioprótese CS20001 Animación sociocultural CS20002 Educación infantil CS20003 Integración social CS20004 Interpretación da lingua de signos 15024513 CIFP Someso CS08001 Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción CS08002 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas CS08003 Realización e plans de obra CS10004 Produción por mecanizado CS12002 Estética CS15002 Produción de madeira e moble CS16001 Automoción 15027770 IES A Sardiñeira CS18003 Análise e control CS18006 Industrias de proceso químico 15005233 IES Agra do Orzán CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas 15005221 IES Eusebio da Guarda CS11001 Axencias de viaxes CS11003 Información e comercialización turísticas IES Fernando Wirtz Suárez CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CS14002 Administración de sistemas informáticos 15027800 IES Imaxe e Son CS07001 Realización de audiovisuais e espectáculos CS07002 Produción de audiovisuais, radio e espectáculos CS07003 Imaxe CS07004 Son 15027897 IES Paseo das Pontes CS11004 Restauración CS13001 Industria alimentaria CS21002 Patronaxe 15005257 IES Ramón Menéndez Pidal CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e marketing 15005269 IES Urbano Lugrís CS09001 Instalacións electrotécnicas CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos 15005270 CPR Caixa Galicia CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas 15021986 CPR Cruz Roja Española CS19006 Imaxe para o diagnóstico CPR López Vicuña CSSSC01 Educación infantil Para unha mayor información podes consultar: 1.-Páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.es/fp 2.Programa Orienta 2009 3. Se segues tendo algúnha dúbida pregunta no Departamento de Orientación C) FACER OUTROS ESTUDOS * Arte Dramática Os ensinos de Arte Dramática comprenden un só grao de carácter superior con tres especialidades: Dirección de Escena e Dramaturgia; Escenografía; Interpretación. A súa duración é de 4 cursos. Accédese co título de Bacharel e unha proba específica (de madurez e coñecementos e de aptitudes). Quen superen estes ensinos obterán o título superior de Arte Dramática, da especialidade cursada, equivalente para todos os efectos ao título de Licenciado universitario. . Estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais A súa duración é de 3 cursos, un común e dous de especialidade. Existen catro especialidades: Conservación e Restauración de Arqueoloxía; Conservación e Restauración de Pintura; Conservación e Restauración de Escultura; Conservación e Restauración do Documento Gráfico. Accédese co título de Bacharel ou equivalente e unha proba específica (madurez e formación; coñecementos específicos; aptitude plástica). O título de Conservación e Restauración de Bens Culturais é equivalente ao de Diplomado universitario. . Outros Ensinos Artísticos Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Música e Danza. Estudos militares superiores As condicións de acceso aos Centros docentes Militares de Formación de grao superior -de Terra, Mar e Aire- son, entre outras, as seguintes: -Ser de nacionalidade española. -Ter de 18 a 22 anos. -Posuír a aptitude psicofísica que se determine. -Ter aprobados BACHARELATO e Selectividade. O acceso efectúase mediante concurso-oposición libre. Os estudos militares superiores realízanse nos seguintes centros: Academia Xeral do Aire Academia Xeral Militar Escola Naval Militar . Outros ensinos especializados e/ou complementarias Inclúense neste apartado ensinos profesionalizadoras de distintos niveis. Hai que ter en conta que algunhas non proporcionan titulación oficial e, nalgúns casos, trátase de ensinos de tipo privado que esixen abono de cotas de ingreso e/ou mensualidades. Infórmate de cada caso concreto. - Arquitectura de Interiores ( Bacharelato ou equivalente e control de coñecementos) - Auxiliar de Voo (18 anos) - Azafata de Congresos e Exposicións (título de Bacharel ou exame de ingreso) - Capacitación Agraria (nivel básico) - Deseño e Moda ( bacharel ou equivalente, Selectividade e proba específica) - GemoloXía (título de Bacharel) - Idiomas (Ensinos de Réxime Especial; distintos niveis) - Investigador Privado (Bacharelato ou equivalente e, preferentemente, Selectividade) - Pilotos Civís (COU. Bacharelato ou equivalente e probas específicas) - Relacións Públicas (título de Bacharel) - Turismo ( ou equivalente e exame de Ingreso) 4. Presentarte a distintas oposicións: - Corpos e forzas de seguridade do Estado ( Policía garda civil ) - Policia municipal - Personal funcionario dos diferentes organismos públicos.Estado Comunidades autónomas, Concellos BECAS E AXUDAS AOS ESTUDOS Para máis información visita as páxinas Web das universidades galegas e do resto do Estado Convocatorias xeral anual info-beca@mec.es Becas para iniciar estudos universitarios. O curso pasado foron convocadas nas seguintes datas: Convocatoria CURSO PASADO Data da Orden: 14 de maio de 2007 Data de publicación: 13 de maio de 2008 Prazo de presentación: 13 de xuño de 2008 En caso de dúbidas pregunta no Departamento de Orientación BOLSAS DO MEC Cada curso académico o Ministerio de Educación e Ciencia convoca bolsas para os estudantes de primeiro e segundo ciclo. Existen 3 tipos de bolsas: a bolsa da convocatoria xeral, a bolsa de mobilidade e a bolsa de colaboración en departamentos. Bolsas da convocatoria xeral • Convocatoria anticipada Alumnos que vaian iniciar estudos universitarios no curso académico 2009-2010 • Convocatoria ordinaria o Poden solicitala todos os estudantes de 1º e 2º ciclo. o O prazo de presentación é: Ata o 31 de xullo, para alumnos que superaron todas as materias na convocatoria de xuño Ata o 31 de outubro, para os restantes alumnos. • Os impresos adquírense en calquera estanco. • A solicitude de bolsa preséntase no centro en que o alumno vai realizar os seus estudos. Tipos de axudas a. Axuda compensatoria b. Axuda para material didáctico c. Axuda para desprazamento: transporte interurbano ou transporte urbano d. Axuda por razón de residencia: esta axuda é incompatible coa de transporte interurbano. e. Axuda de matrícula f. Axuda para o proxecto Fin de Carreira. Só é compatible coa axuda para a matrícula por este concepto. Para que o alumno teña dereito a unha destas axudas deberá reunir dous tipos de requisitos, uns de tipo académico e os outros de tipo económico e patrimonial. Bolsas de mobilidade • Poden solicitala os estudantes universitarios e de estudos superiores que cursen estudos presenciais en centros situados nunha comunidade autónoma distinta á do seu domicilio familiar. • O prazo de presentación é: o Ata o 31 de xullo, para alumnos que superaron todas as materias na convocatoria de xuño. o Ata o 31 de outubro, para os restantes alumnos. Tipos de bolsas a. Bolsa xeral (con residencia ou sen residencia) b. Bolsa especial (con residencia ou sen residencia) Ademais, formará parte da contía das bolsas de mobilidade o importe dos prezos públicos por servizos universitarios. • Para que o alumno teña dereito a unha destas axudas deberá reunir dous tipos de requisitos, uns de tipo académico e os outros de tipo económico e patrimonial. • É incompatible coa bolsa da convocatoria xeral. Bolsas de colaboración en departamentos Tamén son convocadas polo Ministerio de Educación e Ciencia, dentro do que se denomina convocatorias especiais. • Están destinadas a alumnos do último curso de carreira e concédense para un único ano académico e por unha soa vez; son compatibles coas da convocatoria xeral. • Prazos de solicitude: durante o mes de xullo. No caso das escolas técnicas superiores o prazo é ata o 30 de setembro. • Presentación das solicitudes. • Requisitos académicos. Esíxese unha nota media segundo os estudos e ter superadas todas as materias dos cursos precedentes na data de realizar a solicitude. Estas axudas concédense por departamento. A asignación de axudas ao departamento realízaa o Consello Social da Universidade. Cada alumno pode solicitar máis dun departamento. PREMIOS, BOLSAS E AXUDAS DA UNIVERSIDADE A Universidade da Coruña conta cun programa propio de premios, bolsas e axudas para o seu estudantado. Cada curso académico publícanse as diversas convocatorias de premios, bolsas e axudas incluídas neste programa e previstas nas correspondentes partidas orzamentarias. Estas accións específicas de apoio ao estudantado distribúense nos seguintes capítulos: • Premios Universidade da Coruña á excelencia académica no bacharelato • Axudas da Universidade da Coruña para estudantes gañadores das olimpíadas científicas • Bolsas Cátedra Fundación María José Jove da Universidade da Coruña para estudantes con necesidades educativas especiais • Bolsas de colaboración nos departamentos • Bolsas de colaboración nas Aulas Net • Bolsas de colaboración en tarefas bibliográficas • Bolsas para estudantes da Universidade da Coruña nos aloxamentos universitarios concertados • Tarxeta Bono-Bus universitario Premios Universidade da Coruña á excelencia académica no bacharelato Teñen por obxecto recoñecer o esforzo e a dedicación dos alumnos e alumnas que teñan alcanzado resultados académicos excelentes nos seus estudos de bacharelato, premiando aqueles que teñan os mellores expedientes académicos e que formalizaren matrícula en calquera das titulacións oficiais que se imparten nos centros propios da Universidade da Coruña. Axudas da Universidade da Coruña para estudantes gañadores das olimpíadas científicas A súa finalidade é apoiar o traballo realizado polos estudantes nas diversas fases das competicións científicas baseadas na resolución de problemas relacionados coas áreas da bioloxía, física, matemáticas e química. Deste xeito, preténdese recoñecer e premiar o éxito acadado polos gañadores, segundos e terceiros clasificados das devanditas olimpíadas. Bolsas Cátedra Fundación María José Jove da Universidade da Coruña para estudantes con necesidades educativas especiais O obxecto destas axudas é a promoción e o apoio ao estudo de todos aqueles estudantes da Universidade da Coruña con necesidades educativas especiais que teñan recoñecida legalmente a condición de minusvalía. Preténdese deste xeito apoiar ao estudante cunha axuda económica que lle permita, desde o comezo do curso académico, afrontar mellor os problemas cotiáns (barreiras de comunicación, dificultades no desprazamento á Universidade ou na utilización de materiais de traballo, etc.) e que supoñen importantes obstáculos para o normal desenvolvemento e aproveitamento da actividade académica. Bolsas de colaboración nos departamentos O seu obxecto é a colaboración do estudantado en tarefas de iniciación e apoio á investigación e traballos de organización xeral nos departamentos da Universidade. Bolsas de colaboración nas Aulas Net Cobren as necesidades de atención, asesoramento e control das Aulas Net dos diversos centros da Universidade. Bolsas de colaboración en tarefas bibliográficas Permiten ao estudantado da Universidade da Coruña colaborar cos centros en tarefas non especializadas nin propias do persoal de bibliotecas, como apoio da actualización e promoción dos fondos bibliográficos existentes, segundo as pautas de actuación que en cada caso definan as Comisións de Biblioteca dos centros. Bolsas para estudantes da Universidade da Coruña nos aloxamentos universitarios concertados Facilitan o acceso a unha residencia universitaria ao estudantado con menores ingresos económicos e mellor expediente académico. Tarxeta Bono-Bus universitario Proporciona ao alumnado con menor renda unha tarxeta coa que obtén un desconto nas súas viaxes durante todo o curso académico. Ademais, ao longo do curso, realízanse outras convocatorias de axudas para actividades diversas ou colaboración en servizos concretos, tales como as Bolsas de colaboración no Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) ou no Servizo de Relacións Internacionais, entre outras. Toda a información relativa aos premios, bolsas e axudas da UDC pode obterse no SAPE (A Coruña ou Ferrol). As diversas convocatorias son obxecto de difusión para xeral coñecemento do estudantado a través da páxina web da Vicerreitoría de Estudantes e dos taboleiros de anuncios dos centros. BOLSAS E AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA Accións de apoio económico aos estudantes 1. Axudas a asociacións de estudantes das universidades galegas. 2. Axudas a estudantes das universidades galegas para realizaren viaxes culturais de carácter pedagóxico. 3. Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da UE, co obxecto de coñecer o idioma dese país. 4. Axudas complementarias do Programa de Acción da UE de mobilidade de estudantes (Erasmus). 5. Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudos universitarios convocadas polo MEC. 6. Axudas de desprazamento para prácticas de campo recoñecidas nos planos de estudo das universidades galegas. Bolsas e axudas da Universidade de Vigo Para que os alumnos da Universidade de Vigo poidan beneficiarse das bolsas que máis se axusten ao seu perfil e necesidades, a universidade dispón dun taboleiro de anuncios no que se publican periodicamente as bolsas que van sendo convocadas. Ademais, para completar as bolsas ofrecidas por outras entidades, a Universidade de Vigo convoca cada ano bolsas propias, exclusivas para os alumnos da universidade: Bolsas para estudar no estranxeiro: Ademais das bolsas Sócrates-Erasmus, a Universidade de Vigo ten concertados convenios con outros organismos, de tal forma que os seus alumnos poidan beneficiarse de tempadas de estudo no estranxeiro. Desta forma, os alumnos da universidade poden gozar de bolsas de estudo para completar a súa formación en Estados Unidos, Canadá ou Australia. Bolsas de comedor: Para aqueles alumnos con menos recursos económicos e que, por horarios, ven obrigados a comer na cafeterías ou comedores universitarios, a Universidade de Vigo convoca anualmente bolsas de comedor. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Apoio económico ao estudantado Enderezo web: www.usc.es/bolsas • Bolsas e Axudas da USC • Bolsas da Xunta de Galicia • Bolsas do Ministerio de Educación e Ciencia e outros Ministerios • Bolsas doutros organismos • Bolsas e premios Asociación cámaras Camiños Xacobeos • Axudas para créditos de estudantes PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO Convocatoria e selección Os Premios Extraordinarios de Bacharelato, que convocan anualmente as distintas comunidades autónomas, están dirixidos a aqueles alumnos que obteñan unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos nas cualificacións dos dous cursos de bacharelato unha vez finalizada esta etapa educativa, tal como regula a orde do 13 de decembro de 1999, pola que se crean os Premios Nacionais de Bacharelato, e onde se establecen as bases para a convocatoria dos Premios Extraordinarios. A mesma orde dispón que o numero de premios que pode outorgar cada comunidade será dun por cada 1.000 alumnos ou fracción superior a 500 matriculados en segundo curso de bacharelato no ano da convocatoria, e así mesmo especifica unha das principais vantaxes que supón obter este premio: os alumnos que logren o Premio Extraordinario de Bacharelato non estarán obrigados ao pago dos prezos públicos por servizos académicos no primeiro curso dos estudos superiores en centros públicos, detallando que, no caso de que fose concedido con posterioridade ao pago das taxas, as universidades poderán devolvelo ou descontalo do próximo pago. O resto da organización dos Premios é competencia de cada administración educativa, e aínda que cada comunidade establece distintas datas de solicitude e realización das probas, así como o contido das mesmas, o proceso é similar en todas elas. En primeiro lugar, os centros educativos informan aos alumnos que cumpren os requisitos da posibilidade de presentarse aos Premios, seguidamente, os que desexen optar a eles presentan unha solicitude no Instituto de Educación Secundaria onde estea depositado o seu expediente académico, acompañada dunha certificación do Secretario do mesmo Instituto que acredite o cumprimento dos requisitos. Esta documentación é remitida posteriormente polos directores dos institutos ás Administracións Educativas correspondentes ao centro onde o alumno cursou os estudos. A proba consta de dúas, tres ou catro exercicios segundo a comunidade autónoma que a convoca Unha vez admitidos, todos os aspirantes dunha mesma comunidade son convocados para a realización dunha proba simultánea, que na maioría dos casos ten lugar en setembro ou outubro,. A proba, que consta de dúas, tres ou catro exercicios segundo a comunidade autónoma que a convoca, inclúe normalmente o desenvolvemento dun tema de filosofía, un comentario de texto e unha proba de idiomas, ademais de exercicios sobre as materias comúns de cada modalidade de Bacharelato cursada polo alumno. Nelas valórase, ademais das respostas, a claridade da exposición e presentación dos exercicios, así como o vocabulario, a puntuación e a ortografía. Para optar ao Premio, os alumnos deberán conseguir nas probas unha puntuación determinada, e aqueles que obteñan maior cualificación serán os que formen parte da lista de adxudicación de Premios elaborada polo Tribunal de avaliación segundo a cota de cada comunidade. Os estudantes que obteñan Premio Extraordinario de Bacharelato, ademais de obter un diploma acreditativo que constará no seu expediente académico, adoitan recibir en case todas as comunidades unha dotación económica que oscila entre os 1.877 euros que concede Castela a Mancha e os 400 euros que perciben os estudantes cántabros. Unicamente en Navarra, Comunidade Valenciana, Cataluña, Canarias e Castela León non se concede esta dotación, con todo, esta última ofrece un incentivo a aqueles alumnos con Premio Extraordinario que xa estean exentos das taxas de matriculación na universidade por ter "Matrícula de Honra" en Bacharelato, xa que lles facilita o acceso a un programa de formación de lingua estranxeira durante o verán seguinte; pola súa banda o País Vasco, ademais da correspondente dotación económica, ofrece a todos os premiados un programa de idiomas similar ao de Castela León. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou no Diario Oficial de Galicia (DOG)ORDE 7 de abril de 2008 a convocatoria de 20 premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2008-2009. A Administración educativa inviste un total de 14.642 euros nesta acción, que recoñece a excelencia dos estudantes galegos. Cada estudante premiado percibirá 732 euros. Orde do 7 de abril de 2009 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2008-2009. Convócanse en Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2008-2009 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. . 1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios. 2. Cada premio estará dotado con 732 €, Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato. - O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción. - Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional. - O alumnado premiado presentará certificación de titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos na cal se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio. Esta cantidade estará suxeita ás retencións que legalmente correspondan. -Requisitos. - Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cursase en centros docentes españois, tanto de carácter público como privado, os dous cursos de calquera modalidade de bacharelato e que finalizase estes estudos na Comunidade Autónoma de Galicia no ano académico 2008-2009. - - Para poder participar nesta convocatoria será necesario que a media das cualificacións obtidas nos dous cursos sexa igual ou superior a 8,75 puntos. - Para obter a nota media computaranse exclusivamente as cualificacións obtidas nas materias comúns, propias de modalidade e optativas dos dous cursos de bacharelato. Non computará na obtención da nota media a cualificación da materia de Relixión, tendo en conta o establecido na disposición adicional primeira do Decreto 126/2008, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. - A cualificación será a media aritmética das cualificacións do conxunto de materias a que se refire o punto anterior, expresada cun decimal. -Prazo e documentación. O alumnado que, reunindo os requisitos indicados, desexe optar aos premios extraordinarios, deberá solicitalo na secretaría do centro público de educación en que se atope o seu expediente académico. O derradeiro día para solicitar, nos centros educativos públicos, a participación nos premios extraordinarios de bacharelato 2008-2009 será o 8 de xuño de 2009. 2. Para formalizar a inscrición deberá presentar a seguinte documentación: a) Folla de inscrición cuberta segundo o modelo do anexo I desta orde. b) Fotocopia do DNI ou pasaporte. c) Declaración xurada de ter ou non ter percibido ou solicitado outras axudas ou premios convocados co mesmo fin polas administracións públicas competente segundo o modelo do anexo II desta orde, co que se entenderá cumprido o mesmo requisito exixido previo ao último pagamento, no caso de non producirse variación. Os centros públicos de educación elaborarán e xuntarán á documentación anterior os documentos que a seguir se relacionan: a) Certificación académica dos estudos obxecto de baremo, onde se reflicta a cualificación final media a que se refire o artigo 3.2º, asinada polo/a secretario/ a co visto e prace do/a director/a do centro público en que se atope o expediente académico. b) Documento xustificativo da transferencia de datos que se imprimirá, unha vez introducidos os datos da solicitude do alumnado, na aplicación informática http://www.edu.xunta.es/premiosbac. Sen prexuízo do anterior, o alumnado poderá presentar a documentación indicada no número 2 deste artigo, na forma prevista no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tramitación de solicitudes. Antes do 10 de xuño de 2009, os centros públicos de educación remitirán as solicitudes de inscrición, por envío urxente, ao Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ou á unidade que resulte competente na materia, edificio administrativo San Caetano s/n, 15781, Santiago de Compostela Realización da proba para a obtención do premio. 1. O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes, para desenvolver cada unha nun tempo máximo de dúas horas: 1.1. Primeira parte: 1.1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario. 1.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 1.2. Segunda parte: 1.2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos de dúas materias propias da modalidade cursadas polo alumnado. 2. Os exercicios da proba cualificarase entre 0 e 10 puntos cun decimal. 3. A puntuación total será a suma total de cada unha das cualificacións obtidas. Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter, como mínimo, cinco puntos en cada exercicio e 28 puntos ou máis na cualificación total. 4. Posto que o número de premios propostos non pode ser superior ao que resulte da aplicación do artigo 2º desta orde, en caso de empate darase preferencia: primeiro á mellor nota media referida no artigo 3.3º, despois á cualificación da primeira parte a proba e finalmente á cualificación da segunda parte da proba. De persistir o empate, o tribunal procederá a realizar un sorteo. 5. As probas realizaranse no mes de xuño de 2009, en lugares e datas que se publicarán mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia. 3. Na primeira quincena do mes de xullo de 2009 o tribunal fará pública as cualificacións obtidas polos candidatos e candidatas a través do portal educativo da Xunta de Galicia, http://www.edu.xunta.es. 4. O alumnado examinado, ou os seus pais/nais ou representantes legais, poderán reclamar por escrito contra a cualificación obtida, mediante instancia dirixida á directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa ou ao titular da dirección xeral queresulte competente na materia, no prazo de dez días a partir do seguinte ao que sexan públicas as cualificacións. a) As probas sobre as que se solicitase esta reclamación serán revisadas por un profesor ou profesora especialista distinto a aquel en que realizou a primeiracorrección. Artigo 9º.-Proposta de concesión dos premios e publicación da resolución de adxudicación. 1. Unha vez resoltas as reclamacións, o tribunal elaborará a acta coa proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios. PREMIO NACIONAL Os galardoados con Premio Extraordinario poderán optar a un dos 15 Premios Nacionais de Bacharelato que concede anualmente o Ministerio de Educación "para o recoñecemento do especial aproveitamento dos alumnos que cursen calquera das modalidades de Bacharelato". Estes premios convócanse sempre ao ano seguinte da finalización do curso, é dicir, os Premios Os candidatos ao Premio Nacional, do mesmo xeito que nos Extraordinarios, deben realizar unhas probas que consisten en dous exercicios: o primeiro inclúe as materias de Lingua Castelá e Literatura e Historia e o segundo a resolución de exercicios prácticos da materia da modalidade elixida polo alumno ao realizar a inscrición. Os 15 alumnos que obteñen maior puntuación nestas probas son os galardoados co Premio Nacional de Bacharelato, e reciben, xunto a unha dotación económica de 1.200 euros, un documento acreditativo desta distinción que se anota no seu expediente académico. A Coruña, maio de 2009 Departamento de orientación DIVERSIFICACIÓN
lunes, luns18 18mayo, maio20092009, 01:14 PM
DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulanos programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria .-Destinatarios Poderán incorporarse aos programas de diversificación curricular as alumnas e os alumnos que cumpran as condicións indicadas no artigo cuarto desta orde e nos cales concorran as seguintes circunstancias: a) Ter dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, ter sido obxecto doutras medidas de atención á diversidade,sen que estas resultasen insuficientes para a recuperación das dificultades de aprendizaxe detectadas e atoparse nunha situación de risco evidente de non alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa cursando o currículo ordinario. b) Existir expectativas razoables de que coa incorporación ao programa poderán alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa e, en consecuencia,obter o título de graduado en educación secundaria. Condicións de acceso: Poderán incorporarse a estes programas as alumnas e os alumnos que se atopen nalgunha das seguintes situacións: a) Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria, non estar en condicións de promocionar ao curso seguinte e que repetisen xa unha vez na etapa. b) Tras cursar o terceiro curso, non estar en condicións de promocionar. c) Tras repetir o terceiro curso, non superalo. d) Ter cursado o cuarto curso da educación secundaria obrigatoria sen superalo e ter repetido xa unha vez na etapa. Duración dos programas. Con carácter xeral, a duración dos programas de diversificación curricular será de dous anos. Non obstante, poderán establecerse programas dun ano de duración para aquelas alumnas e alumnos que cursasen o cuarto curso de educación secundaria obrigatoria sen acadar o título, ou que, tras repetir terceiro,non acadasen os obxectivos e, en ambos os casos, para os que se considere adecuada a súa incorporación ao programa. -Agrupamentos. 1. Os alumnos e alumnas que sigan un programa de diversificación curricular terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán determinadas materias do currículo común. 2. Para a impartición dos ámbitos e materias específicas destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnas e alumnos e non serán, con carácter xeral, menos de cinco. Estrutura dos programas. 1. O currículo dos programas de diversificación deberá incluír na súa estrutura os seguintes ámbitos e materias: a) Un ámbito específico de carácter lingüístico social,que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, lingua galega e literatura e lingua castelá e literatura. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa. b) Un ámbito científico-técnico, que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de matemáticas, bioloxía e xeoloxía e física e química. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa. c) As materias do terceiro curso: lingua estranxeira, educación plástica e visual e educación física. d) As materias do cuarto curso: lingua estranxeira, música e educación física. e) A materia de tecnoloxías, con carácter eminentemente práctico, que incluirá os contidos básicos correspondentes ás materias de tecnoloxías do terceiro curso e de tecnoloxía do cuarto. f) Unha materia optativa elixida entre aquelas que oferte o centro para os cursos terceiro e cuarto. g) A materia de relixión, nas condicións establecidas para todo o alumnado. 2. As materias de música, educación plástica e visual, educación física e relixión, así como a optativa, serán cursadas co grupo de referencia. Distribución horaria semanal dos programas. O horario lectivo semanal das alumnas e alumnos que seguen un programa de diversificación curricular será de trinta e dúas horas distribuídas segundo o cadro que segue: 3º curso Materia: Sesións. Ámbito lingüístico-social: 9 Ámbito científico-técnico 9 Lingua estranxeira: 3 Educación plástica e visual 2 Tecnoloxías 3 Materia optativa: 2 Educación física 2 Relixión: 1 Titoría: 1 4º Curso Materia: Sesións Ámbito lingüístico-social: 8 Ámbito científico-técnico: 8 Lingua estranxeira: 3 Música: 3 Tecnoloxías: 3 Materia optativa: 3 Educación física: 2 Relixión: 1 Titoría: 1 Procedemento para a proposta de incorporación do alumnado ao programa. 1. Para determinar a incorporación dun alumno ou alumna a un programa de diversificación curricular,seguirase o proceso seguinte: a) Proposta razoada do equipo de profesores do grupo ao que pertence o alumno ou alumna, expresada mediante un informe individualizado, elaborado pola persoa titora, que será remitido ao departamento de orientación e no cal se fará constar: -A competencia curricular do alumno ou alumna en cada materia. -As dificultades de aprendizaxe presentadas. -As medidas de atención á diversidade aplicadas. -Os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno se integre nun programa de diversificación curricular. b) A xefatura do departamento de orientación procederá a realizar un informe en que se incluirán as conclusións da avaliación psicopedagóxica, o resultado da reunión da persoa titora ou orientadora co alumno ou alumna, cos pais e nais ou representantes legais, para formularlles a conveniencia da súa incorporación a un programa de diversificación curricular. Deixarase constancia escrita da opinión dos pais ou representantes legais. c) Posteriormente unha comisión formada polo xefe de estudos, a xefatura do departamento de orientación e a persoa titora da alumna ou alumno valorará os informes emitidos e as opinións da alumna ou alumno e dos seus pais ou representantes legais e tomará a decisión que coide conveniente sobre a incorporación ao programa de diversificación curricular e envialo a Inspección Educativa para a súa autorización. O procedemento deberá estar rematado antes do 5 de setembro. Autorización. O servizo provincial de Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para desenvolver os programas de diversificación curricular que cumpran cos requisitos establecidos e que será comunicada aos centros antes do comezo do curso. Titoría. 1. Cada grupo de diversificación curricular terá unha persoa titora que se coordinará co titor ou titora do grupo de referencia, así como co resto do profesorado que imparta docencia ao alumnado do programa de diversificación curricular. 2. Estará designada pola dirección, preferentemente entre as persoas que impartan algún dos ámbitos específicos dos programas coa finalidade de facilitar un mellor seguimento da dinámica do grupo. 3. A persoa titora de cada grupo de diversificación curricular terá como función a orientación do seu alumnado, a súa atención personalizada e a coordinación do equipo docente en todas as actividades de planificación, desenvolvemento e avaliación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, así como as tarefas de mediación entre alumnado, profesorado e familias. 4. A persoa titora exercerá como tal, preferentemente, durante os dous anos da duración do programa. Profesorado. Cada ámbito específico será impartido por un único profesor ou profesora pertencente a un dos departamentos didácticos a que corresponda a atribución docente das materias que forman parte do ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro. Metodoloxía: Os programas de diversificación curricular, como medida excepcional de atención á diversidade, deben recoller un tratamento distinto dos contidos que integran,de forma xeral, o currículo. Como criterio básico estará a determinación dos contidos nucleares ou fundamentais do currículo, aqueles que resultan imprescindibles para aprendizaxes posteriores e que contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas. Na súa estrutura, que supera a presentación disciplinar, procurarase a integración das distintas materias arredor de unidades ou bloques, cunha dimensión globalizadora ou interdisciplinar. O referente serán os obxectivos xerais da etapa e as competencias básicas. Fomentarase a participación activa do alumnado, tanto de xeito individual como no traballo en grupo. Incidirase na procura de que o alumnado sexa capaz de aprender a aprender e de aumentar o grao de autonomía persoal. Avaliación. 1. Os referentes fundamentais para avaliar as aprendizaxes do alumnado que curse un programa de diversificación curricular serán as competencias básicas e os obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación específicos establecidos para cada ámbito do programa e para as materias que curse cada alumna ou alumno. 2. O alumnado que curse o programa de diversificación curricular acadará o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Non obstante, poderán obter o título aqueles que, tendo superados os ámbitos, teñan avaliación negativa nunha ou dúas materias, e de maneira excepcional en tres, sempre que a xuízo do equipo docente alcanzase ao finalizar o programa as competencias básicas e os obxectivos da etapa. 3. O alumnado que, ao rematar o programa, non estea en condicións de obter o título de graduado en educación secundaria e cumpra os requisitos de idade establecidos, poderá permanecer un ano máis no programa. 4. O alumnado que acceda a un programa de diversificación curricular sen acadar os obxectivos dalgunha materia dos cursos anteriores, realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalos ao longo do desenvolvemento do programa, sendo a avaliación competencia do profesorado que imparte clase nel, coa colaboración dos departamentos implicados. |